PODCAST · sports
Todos os podcast | Galicia en goles
by AGalegaAudio
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina.O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na ACB; Obradoiro e COB na Primeira Federación; Ensino, Celta e Uni Ferrol no baloncesto feminino; Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino; Noia e Burela no fútbol sala masculino; Burela, Ourense, Poio, Marín e O Castro no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo no voleibol; e Crat Coruña, no rugbi feminino.
-
657
-
656
-
655
Galicia en goles venres 11-09-2026
O Galicia en Goles deste venres tivo no baloncesto un dos seus pratos fortes, coa desputa das semifinais da Copa galicia Feminina e do EncestaRias. Tamén houbo completa cobertura do Deportivo - Real Madrid da primeira división feminina.
-
654
-
653
-
652
-
651
Galicia en goles edición mediodía 04-09-2026
Última hora do deporte galego
-
650
-
649
-
648
-
647
Galicia en goles mediodía 30-08-2026
O Deportivo recibe ao Valencia e o Celta fai o propio co Athletic na terceira xornada de Liga. Na edición informativa do Galicia en Goles desprazáronse ata A coruña e Vigo para coñecer a última hora destes dous encontros.
-
646
Galicia en goles FDS 29-08-2026
Comezou a temporada na terceira categoría do fútbol español e non o fixo con bos resultados para os equipos galegos. UD Ourense e Fabril caeron no seu debut na división, os das Burgas ante a Ponferradina no Couto e os coruñeses en Mérida. Asimesmo, o Rácing de Ferrol perdeu unha vitoria que tiña no peto nos últimos minutos, e tan só puido empatar en Getxo. Pola contra na pretemporada de baloncesto houbo pleno de vitorias galegas, co Breogán vencendo ao Real Madrid, o Obradoiro ao Joventut e o Básquet Coruña ao Palencia.
-
645
Galicia en goles mediodía 29-08-2026
Na edición informativa repasamos a última hora de Deportivo e Celta coas palabras dos seus adestradores. Tamén escoitamos a Fredi na roda de prensa previa ao encontro do Castellón e o resumo da derrota do Abanca no debut ligueiro ante o Sevilla.
-
644
-
643
-
642
-
641
-
640
-
639
-
638
-
637
-
636
-
635
-
634
-
633
-
632
Galicia en goles mediodía 19-07-2026
Na edición informativa deste domingo deron conta da última hora da gran final do Mundial que se desputa en EEUU entre a Arxentina e España. Asimesmo houbo tempo para escoitar aos protagonistas dos primeiros amigables de pretemporada de Celta e Deportivo.
-
631
Galicia en goles tarde 18-07-2026
No Galicia en Goles do sábado contaron o que aconteceu no Compostela - Deportivo e no Braga - Celta, os primeiros envites de pretemporada dos dous conxuntos galegos da primeira división.
-
630
Galicia en goles mediodía 18-07-2026
Última hora da final do Mundial que enfrontará á Arxentina e a españa en New Jersey.
-
629
Galicia en Goles especial España-Francia 14-07-2026
A selección españoa de fútbol vence á francesa por 2 a 0 no partido celebrado no MetLife Stadium de Nova Jersey para a semifial do mundial Estados Unidos, México e Canadá .
-
628
Galicia en goles tarde 12-07-2026
No Galicia en Goles deste domingo conversaron con Jonathan Giraldez e debullaron a ampla conversa do seu irmán Claudio nas Xornadas de reciclaxe para adestradores celebradas en Tui e organizadas pola Futgal. No polideportivo escoitaron protagonistas dos C. España de atletismo máster por clubs e a última hora do Tour de Francia
-
627
Galicia en goles mediodía 12-07-2026
Na edición infomativa deste domingo ofrecéronse as últimas novas do fútbol galego, a clasificación da Arxentina e Inglaterra para as semifinais do Mundial, o atletismo máster e a Liga galega de traiñas en Bueu
-
626
Galicia en goles mediodía 11-07-2026
Marcos Alonso compareceu ante os medios de comunicación para falar da súa renovación co Celta por dúas temporada. Tamén foi protagonista España, tras acadar o pase a semifinais do Mundial de fútbol.
-
625
Galicia en Goles especial España-Bélxica 10-07-2026
A selección española de fútbol clasificouse por segunda vez na historia para as semifinais dun Mundial. Fíxoo tras, de novo, gañar na recta final do encontro cun gol de Mikel Merino.
-
624
Galicia en Goles especial España-Portugal 06-07-2026
Cos comentarios de Anxo Tato, Roi Portas e Peli.
-
623
Galicia en goles tarde 05-07-2026
No Galicia en Goles deste domingo estiveron na cerimonia de inauguración dos XVI Xogos do Eixo, que se celebrarán ata o venres en Santiago de Compostela. Tamén analizaron a última hora do Mundial de fútbol e a actualidade de Wimbledon e do Tour de Francia.
-
622
Galicia en goles mediodía 04-07-2026
As protagonistas do Galicia 1 - Cataluña 3 de fútbol sala feminino e as reaccións aos últimos encontros dos 1/16 de final do Mundial de fútbol.
-
621
Galicia en goles venres 03-07-2026
Na edición do venres do Galicia en Goles escoitaron aos protagonistas do encontro de fútbol sala masculinoientre Galicia e Catalunya, desputado en Lugo. Tamén analizaron a última hora do mundial de fútbol
-
620
Galicia en goles mediodía 28-06-2026
As finais da Vigo Cup, o paraciclismo e o BTT centraron o Galicia en Goles matinal
-
619
Galicia en goles domingo 28-06-2026
No último Galicia en Goles da temporada o Galicia en Goles contou o primeiro 1/16 de final do Mundial. Tamén analizaron o debut da selección española sub 19 no Europeo, con goleada ante Wales e presenza da canteira do Celta no partido. No polideportivo o pump track e o paraciclismo tamén tiveron protagonismo.
-
618
Galicia en goles domingo 14-06-2026
O Compostela deu un paso de xigante cara o ascenso tras gañar por 3 a 0 ao Badalona na ida da final estatal de promoción a 2ª RFEF. Pola súa banda, o Liceo goleou de novo ao Igualada no segundo partido da serie polo título de hoquei sobre patíns, e está a unha soa vitoria de acadar a novena liga da súa historia.
-
617
Galicia en goles sábado 13-06-2026
A Ponferradina e o Celta Fortuna empataron a cero no encontro de ida da final de ascenso a 2ª división, deixando a resolución da eliminatoria para o partido de volta. Neste sábado o Galicia en Goles tamén contou a loita polo título no fútbol sala feminino e os posibles ascensos nas dúas categorías.
-
616
Galicia en goles venres 12-06-2026
O Liceo consigue o primeiro punto da loita polo título tras golear ao Igualada por 8 a 2.
-
615
Galicia en goles domingo 07-06-2026
Tarde de ledicias no Galicia en Goles, que contou o ascenso do Leyma Coruña á ACB e a clasificación do Celta Fortuna para a final do ascenso a segunda división. Asimesmo o Compostela venceu ao Arteixo e será o representante galego que buscará unha praza na 2ª RFEF.
-
614
Galicia en goles mediodía 07-06-2026
Na matinal do domingo o Atlético de Madrid gañou o Torneo Ourense Termal organizado polo Pabellón CF tras vencer na final ao Real Madrid. Mentres na OK Liga o Liceo venceu en Calafell no cuarto partido das semifinais e pechou o seu pase á gran final polo título.
-
613
Galicia en goles sábado 06-06-2026
A final four de ascenso á Liga ACB centrou o Galicia en Goles do sábado, que contou o triunfo do anfitrión, o Leyma Básquet Coruña ante Palencia. Posteriormente, na segunda semifinal, o Estudiantes fixo valer a súa condición de favorito para derrotar ao Oviedo e citarse cos laranxas na final deste domingo.
-
612
Galicia en goles mediodía 31-05-2026
Na matinal do Galicia en Goles contaron o segundo punto da eliminatoria de semifinais da OK Liga que conseguiu o Liceo tras derrotar ao Calafell. Tamén estiveron no Ponte dos Brozos para contar o triunfo por dous goles a un do Arteixo ante o Compostela na ida da final da fase galega de ascenso a 2ª RFEF.
-
611
-
610
Galicia en goles venres 22-05-2026
O Menorca sorprendeu ao Básquet Coruña no terceiro partido dos cuartos de final do ascenso á Liga ACB e forzou o cuarto partido que se desputará o vindeiro domingo, na mesma cancha balear.
-
609
Galicia en goles domingo 17-05-2026
Foi un longo Galicia en Goles que comezou co sufrimento do Deportivo para gañar ao Andorra e quedar a tan só unha victoria en dous partidos do ascenso directo. Logo a xornada unificada da 1ª RFEF non clarexou nada pero deixa moi tocada a permanencia do Ourense CF. O prato forte chegou ás 19h co Athletic - Celta que rematou en empate e a clasificación dos olívicos para competición europea. No polideportivo tamén chegaron boas novas no balonmán, coa vitoria do Guardés na ida da final da EHF Cup, o ascenso do Celta Baloncesto e o segundo triunfo do Leyma nos cuartos de final de ascenso á Liga ACB.
-
608
Galicia en goles sábado 16-05-2026
Sábado de playoffs con bo sabor de boca para os equipos galegos. Por unha banda a UD Ourense clasificouse para a final de ascenso a 1ª RFEF tras derrotar no Couto ao Reus. Comezou tamén a fase galega de ascenso a 2ª RFEF con partidos moi igualados. No polideportivo o Breogán completa unha semana perfecta vencendo ao Girona no Pazo e o Celta busca o ascenso á Liga Feminina tras gañar nas semifinais a Melilla.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina.O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na ACB; Obradoiro e COB na Primeira Federación; Ensino, Celta e Uni Ferrol no baloncesto feminino; Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino; Noia e Burela no fútbol sala masculino; Burela, Ourense, Poio, Marín e O Castro no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo no voleibol; e Crat Coruña, no rugbi feminino.
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...