PODCAST · music
Todos os podcast | Lume na palleira
by AGalegaAudio
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.
-
53
Lume na palleira 14-06-2026
Neste programa escoitamos "Efémeras" o máis recente traballo de Cantometrics. Duas das integrantes do grupo, Marina Fernández Vigo e Sandra Pérez, fálannos desta obra que se inspira no labor desenvolvido pola fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Galicia a principios do século pasado. No Rercuncho da Palleta presentamos a Fiada da Carballeira do Vilar. Ademais, estreamos pezas de Deixandar e de María Do Ceo .
-
52
Lume na palleira 07-06-2026
Neste programa recibimos a Manoele de Felisa. O cantautor, que xa publicou discos dedicados a escritores como María Mariño ou Neira Vilas, trae desta volta baixo o brazo un libro disco homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. No Recuncho da palleta visítanos a organización da Xuntanza Folk Follas de Olivar. Ademais estreamos pezas Estreamos pezas de Folk On Crest, Cantometrics e María Do Ceo.
-
51
Lume na palleira 31-05-2026
Estreamos os novos traballos de Manoele de Felisa, Cantometrics, Folk On Crest e Climent Y Ballarín. Os organizadores dos Encontros de Música Tradicional do Mosteiro de Carboeiro preséntannos a edición deste ano e, con Xaime Estévez e diversos convidados, falamos do VIII Abrente Folk. Escoitamos as propostas musicais premiadas, nas categorías de tradicional e folk, nos XIII Premios Martín Códax Da Música, a premiada este ano como Mellor Canción en Galego pola Academia da Música de España e tamén ás finalistas do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
-
50
Lume na palleira 24-05-2026
Neste programa recibimos a Jenni, Hadri, Alba, Elena e Paula, as pandereteiras do Rivés. Preséntannos o seu primeiro disco, "Contrabando". No Recuncho da Palleta Gustavo Couto fálanos da homenaxe que se lle tributará en Ordes a Manuel Viqueira “O Gaiteiro De Vilaverde”. Ademais escoitamos algunhas novidades: "Que non se faga de día", der De Nionghures con Mondra; "Metal Mollado", das Tanxugueiras con AdeLina; e "KADÖ2", de Mark Dos Santos.
-
49
Lume na palleira 17-05-2026
No Día das Letras nós tamén lembramos a Begoña Caamaño escoitando algunhas cancións dedicadas a ela. Soan o "Indómitas" de Uxía, "Sempre Begoña Caamaño" de Acordeireta, e "A canción das letras 2026" de Samuel Soto. Neste programa tamén repasamos os finalistas dos premios Martín Codax da música nos apartados de Folk e Tradicional. No Recuncho da Palleta Ramón Dopiico recorda ao recentemente falecido Marcelino Brey “Marcelino de Muiñeiro” e recibimos a visita de Airiños Do Eume.
-
48
Lume na palleira 10-05-2026
O multiinstrumentista Fernando Mosquera preséntanos o novo disco que gravou coa Celtic Band, "Atlantic Connections". No noso "Recucho da palleta" Ramón Dopico fainos a segunda entrega do seu especial dedicado aos tamborileiros. Ademais escoitamos "Mariao", o novo das Pías, e unha das pezas do disco que Uxía lle dedica a Begoña Caamaño.
-
47
Lume na palleira 26-04-2026
Ofrecemos unha nova escolma musical coas propostas de: Alana, Breo, Cantometrics, Xoán Carlos Rilo, Coanhadeira, Ansuíña, Os Do Fondo Da Barra, Milesios, Os Carunchos, Brúa, Brincadeira, María López, Os Terrible De Donas, De Ninghures, Alejandro Barbosa, Sementeira De Cambre, Bouba, A Gaita De Sarandón, Maquía (Gaiteiros De Godos), Tres Pesos, Airiños De Orbazai e Ailá.
-
46
Lume na palleira 19-04-2026
Dúas horas de música do país cos Carecos, Mosquera Celtic Band, Pancho Álvarez, Mondra, Cristian Silva, Abraham Cupeiro, Böj, Faia, Panosedán, Mediarea, Chavellos, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, Budiño, Paulino Da Seara, A Quenlla, Airiños Da Peneda, Ker Cuez, Caamaño&Ameixeiras, Volta E Dalle, Malvela e Treixadura.
-
45
Lume na palleira 12-04-2026
Estreamos "Até", o primeiro disco da formación das Pontes Nimbos. Sobre el vainos falar Antía Franco, a voz do grupo, que tamén se encarga de tocar a gaita e a frauta traveseira. Tamén escoitamos primeira peza de As Pías, un quinteto de corda e vento. Carmen Liñeira convídanos á XIX edición da Foliada de Melide e Ramón Dopico lembra os mellores tamborileiros de Galicia.
-
44
Lume na palleira 05-04-2026
Felicitamos a Uxía escoitando a peza coa que gañou o Premio aRitmar á mellor música de 2025 en Galiza. Estreamos novo tema de Daniel Pereira Cristo, No Recuncho Da Palleta presentamos a edición deste ano do Memorial Henrique Otero. Ademais soan Os Erdeiros dos Morenos, Comando Curuxás, Fuxan Os Ventos, Leni Pérez & Sekadra, Treixadura, Icía Varela, Maghúa, Acordeireta, Kornoj, Mediarea, Faia, Sheila Patricia e Mel De Meiga.
-
43
Lume na palleira 29-03-2026
Acompáñannos Pepa G. Lillo e Gabriel Navalón, o dúo Ethnos Atramo; unha parella de Toledo que fusiona música tradicional antiga con sons electrónicos contemporáneos. Con eles comentamos o seu disco "Antología imaginaria" Quedamos en terras castelás para escoitar a Carrión e a Climent & Ballarín Quinteto. No Recuncho da Palleta rendemos homenaxe a José Fernández Canosa, " o ghaiteiro do Piñeiro". Ademais felicitamos a De Ninghures por recibir o oremio MIN 2026 ao Mellor Disco en Galego. Celebrámolo escoitandoo seu novo tema no que contan coa colaboración de Galician Army
-
42
Lume na palleira 08-03-2026
Treixadura presenta no programa o seu novo disco, "Portalén". Os encargados de facelo son o fundador do grupo, Toniño López, e outros dos integrantesd da banda, Magoia Bodega e Paulo Nogueira. No Recuncho da Palleta falamos das mellores profesoras de gaita galega.
-
41
Lume na palleira 01-03-2026
A convidada do programa é Icía Varela, que nos presenta "Mens", o seu primeiro disco, ao que lle puxo o título da súa localidade natal. Lembramos ao recentemente falecido Carlos Celeiro "Morón", fundador de Xorima. Estreamos discos de Treixadura, Comando Curuxás e Leni Pérez con Sekadra. No "Recuncho da palleta" Gustavo Couto introdúcenos no espectáculo de Et Suseis Danza.
-
40
Lume na palleira 22-02-2026
Estreamos discos. Soa "Portalén", o novo traballo de Treixadura, días antes da súa presentación oficial. Tamén escoitamos "Mens", o primeiro disco en solitario da cantareira Icía Varela. No "Recuncho da palleta" Ramón Dopico traenos un grupo que está botando a andar, Balteira.
-
39
Lume na palleira 08-02-2026
Chuchi Cuadrado e Xela ConFer, os integrantes de Kornoj, preséntannos o seu primeiro disco, gravado tras unha campaña de micromecenazgo. No "Recuncho da palleta" Xaime Estévez traenos varios representantes d@s gaiteir@s de Mos que participaron na película “Rondallas”. Ademais estreamos "Sen medo", novo disco de Mel de Meiga, e adaintamos unha peza do traballo de Lenio Pérez co dúo de jazz Sekadra.
-
38
Lume na palleira 01-02-2026
Escoitamos o novo disco do grupo palentino Carrión, "Báilalo", e falamos con dous dos seus compoñentes: Alfonso Abad e Ana Gutiérrez. Eles descríbennos como é o traballo de reinventar melodías e ritmos tradicionais case esquecidos. Pasamos revista a outas músicas de Castela: Climent Ballarín Quinteto, Collado Project, Amalgama e Ethnos Atramo. No Recuncho da Palleta, Gustavo Couto tráenos música de entroido.
-
37
Lume na palleira 25-01-2026
Neste programa acompáñanos Sheila Patricia para falarnos do disco que acaba de publicar, "Epifanía". Conversamos tamén con Sara Vidal, unha das compoñentes do grupo portugués Espiral, para escoitar con ela pezas do seu novo disco “Elas Voam, Elas Dançam”. Ademais estreamos novas cancións de Fiandola e Tanxugueiras e Ernesto Campos convídanos ao próximo concerto de Cámara d'Ría.
-
36
Lume na palleira 11-01-2026
Neste programa escoitaremos pezas do disco "Ao vivo", gravado por Fuxan os Ventos o pasado ano no auditorio que leva o seu nome en Lugo. Conversamos con Xoan Luís Fuertes e Antón Castro., dous dos membros dun grupo que é historio viva da música galega. No "Recuncho da palleta" recibimos a Asociación Galego do Acordeón Diatónico (CODIA)
-
35
Lume na palleira 04-01-2026
No primeiro programa de 2026 estreamos os novos traballos de Maghúa, Sheila Patricia, Kornoj e Luís Peixoto. No Recuncho Da Palleta Ramón Dopico dalle protagonismo aos cantos de reis. Na segunda hora ofrecemos unha escolma musical a cargo de Tor, A Gaita De Sarandón, Cantometrics, Ailá, Os Do Fondo Da Barra, Milesios, Alana, Os Carunchos, Tres Pesos, Brúa e Coanhadeira.
-
34
Lume na palleira 21-12-2025
Felicitamos o nadal ao son dunha peza interpretada por Brassica Rapa, Antía Muíño e Mondra - Estreamos o novo disco en directo de Fuxan Os Ventos - O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez e a visita de Xerardo F. Santomé para falarnos do seu novo libro-disco "Proxecto Luís Soutullo - Gaiteiros e bandas De Ponteareas anteriores a 1950") Entrevista a Mediarea (Presentación do seu novo disco "Virando Por Avante")
-
33
Lume na palleira 30-11-2025
Neste programa recibimos a visita do trío Xiro. Andrés Pérez, Xan Pampín e Icía Kirk veñen co seu primeiro disco baixo o brazo, a "Xota de Loureiro". No Recuncho da Palleta falamos do novo libro de partituras de Xaime Estévez, "De novo gaiteiro". Ademais presentamos o "Canto á esperanza" de Acordeireta.
-
32
Lume na palleira 09-11-2025
Neste programa ofrecémosvos un adianto do novo disco de Tiruleque, "Repichoca". No Recuncho da Palleta Ramón Dopico lembra un dos grandes grupos de gaitas que deu o país, Os Garceiras de Melide. Ademais escoitaremos a: Fillas de Cassandra, Brúa, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, A Quenlla, Xistra de Coruxo, Fernando Barroso, Airiños Da Peneda, Airiños do Mar de Teis, Fuxan Os Ventos & Milladoiro e Isidro Vidal.
-
31
Lume na palleira 02-11-2025
Asómanse a este programa as músicas dos Carecos, Mosquera Celtic Band, Pancho Álvarez, Mondra, Cristian Silva, Abraham Cupeiro, Böj, Faia, Panosedán, Mediarea, Chavellos, María López, Os Terrible De Donas, De Ninghures, Alejandro Barbosa, Sementeira De Cambre, Bouba, A Gaita De Sarandón, Maquía (Gaiteiros De Godos), Tres Pesos, Airiños De Orbazai e Ailá
-
30
Lume na palleira 26-10-2025
O grupo da Terra Chá Milesios publica en vinilo o seu disco "Cartografías". O seu guitarrista Manuel do Moucheiro fálanos deste lanzamento e dos proxectos da banda. No "Recuncho da palleta" temos convidadas algunhas das gaiteiras de Mos ás que o Círculo Cultural Abrente homenaxeou este ano durante o seu festival folk. Ademais escoitamos o novo de Fernando Barroso e da colaboración entre Germán Díaz e Benxamín Otero.
-
29
Lume na palleira 19-10-2025
Neste programa falamos cos compoñentes do coro Cantares do Brión. A formación de Vincios acaba de editar un libro disco que se titula "Unha lingua para amar", nome tomado prestado dun poema de Marcia Campo. Ademais, no "Recuncho da Palleta" presentamos o Pasabodeghas que se celebra o 25 de outubro en Vedra.
-
28
Lume na palleira 05-10-2025
Para comezar tempada traemos novidades: os novos traballos de Cantares Do Brión, Moisés Quintas & Viqui Pérez e a colaboración de De Ninghures con Ortiga. No "Recuncho Da Palleta" Ramón Dopico presséntanos a asociación Vai Rañala Meu!. Ademais facemos unha escolma de música galega cos sons de Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Fuxan Os Ventos, Airiños De Orbazai, Os Terribles De Donas, Encrucillada, Sementeira De Cambre, Susana Seivane, Leilía, Tres Pesos, Ker Cuez, Volta E Dalle, Maquía (Gaiteiros De Godos) e Treixadura.
-
27
Lume na palleira 22-06-2025
O Recuncho Da Palleta (con Mónica Fernández falándonos das actividades da Tradescola durante o curso 2024-2025 e adiantándonos as organizadas pola AGG para este verán) – Entrevista a Faia (presentación do seu novo disco 'Alvela')
-
26
Lume na palleira 08-06-2025
Dende as augas de Ortigueira veñen Os Carecos a presentarnos o seu traballo "Foula", o primeiro disco que publican dende que comezaron a súa andaina en 2014. No Recuncho da Palleta celebramos o XXV aniversario da Asociación Cultural Donaire.
-
25
Lume na palleira 01-06-2025
Repasamos os finalistas do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e tamén as pezas dos gañadores (nas categorías de folk e tradicional) dos Premios Martín Códax da Música. Conversamos coa Asociación Santa Ferreña, organizadora dos Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro e entrevistamos ao grupo Böj, que nos presenta o seu novo disco “Hora: Zulú”
-
24
Lume na palleira 25-05-2025
O veterano grupo Os Terribles de Donas estrea disco, "O Miñor", e véñennolo presentar. No Recuncho da Palleta visítannos Carlos Rey e Cristian Silva para falarnos do seu Cancioneiro galego infantil tradicional “O Pilindrín”
-
23
Lume na palleira 11-05-2025
Co gallo da edición do primeiro disco de Sementeira de Cambre falamos co director da agrupación, Luis Bolón, e varias das súas integrantes. No Recunbcho da Palleta recibimos a Luís Prego, autor dun traballo sobre “Aida e Rosa – Cantadeiras de Moscoso”
-
22
Lume na palleira 27-04-2025
Pancho Álvarez acode ao programa para presentarnos o seu novo traballo, "Violíns no camiño". Escoitamos tamén outras novidades como o "Alvela" de Faia Díaz ou o "Daydreaming" de Marías López. No Recuncho da Palleta Ramón Dopico traenos músicas de Ferrolterra.
-
21
Lume na palleira 13-04-2025
O Recuncho Da Palleta (con Xaime Estévez presentándonos a nova edición do Memorial Henrique Otero). Entrevista ao grupo Chavellos (presentación do seu traballo “Chavellos Sinfónico”).
-
20
Lume na palleira 30-03-2025
Escolma musical ao son de Ailá, As Efémeras, Joel Padín, Maniele De Felisa, Caamaño&Ameixeiras, Os Carunchos, Sonus De Gaia, Baiuca, Carapaus, Timparrantela, Daniel Fernández López, Xurxo Fernandes, Fillas De Casandra, Brúa, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, A Quenlla, Xistra De Coruxo, Fernando Barroso, Airiños Da Peneda, Airiños Do Mar De Teis, Fuxan Os Ventos & Milladoiro e Isidro Vidal
-
19
Lume na palleira 09-03-2025
No programa soa unha variada selección de música de raiz galega: Paulino Da Seara, Fixe Trío, Mark Dos Santos, Susana Seivane, Miguel Lamas, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Tanxugueiras & Valeria Castro, Noites De Rock E Meigas, Encrucillada, Leilía, Verónica Codesal, A Quenlla, Xistra De Coruxo, Airiños Do Mar De Teis, Milesios, Coanhadeira, Breo, Alana, Brincadeira, Os Carunchos, A.C. Mestre Manuel Gacio, Ansuíña. Os Do Fondo Da Barra, Cantometrics e Xoán Carlos Rilo
-
18
Lume na palleira 02-03-2025
Recibimos a visita de De Ninghures para escoitar cos compoñentes do grupo o seu último traballo, "Feira". No "Recuncho da palleta" falaremos con José Manuel López, Josele, o primeiro Master en interpretación musical da gaita.
-
17
Lume na palleira 23-02-2025
Visítanos Alejandro Barbosa para presentar o seu disco “16.40”. No "Recuncho Da Palleta" Ramón Dopico trae da man a Icía Varela e a Xosé Manuel Varela para falarnos do seu libro “Cantareiras” . Ademáis homenaxeamos a Rosalía de Castro.
-
16
Cantares e contares
Pepe de Calo, Xoán Porto e Felisa Segade, Tres Pesos, teñen novo disco. Chámase "Cantares e contares!", unha oda á transmisión oral que presentan no noso programa. No "Recuncho da palleta" recibimos a visita de visita de Miguel Barbazán e Alejandro Martínez para falarnos das canles dixitais enfocadas na tradición. Ademáis, temos un adianto do novo de De Ninghures.
-
15
Preparando o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
Convidamos ao programa a Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, para que nos desvele que grupos actuarán este ano no Festival Internacional do Mundo Celta. O evento coincide co 50 aniversario da escola e por ese motivo organizaranse actividades especiais. No "Recuncho da palleta" falamos con Ramón Dopico do birimbau.
-
14
Collado Project
Presentamos Collado Project, unha "superbanda" creada para colleitar, actualizar e compartir os sons de raíz propios dos distintos recunchos da xeografía peninsular. Do seu traballo fálannos o alma mater do grupo, Javi Collado, e outros dous integrantes, Sergio López e Esther Sánchez. No "Reconcho da Palleta" comentamos o libro de Alexandre Cadarso "Co Violino Ao Carrelo"
-
13
Maquía traenos "cousas bonitas"
Visitan o programa os compoñentes do grupo de Caldas de Reis Maquía-Gaiteiros de Godos, que presenta en sociedade o seu disco "Cousa bonita". Celebramos a concesión aos Melidaos do XIII Premio Xavier Prado Lameiro da Coral de Ruada. Ademáis tremos novidades e vindeiras presentacións, con De Ninghures, Collado Project, Tres Pesos, Bouba, Tor, Airiños de Orbazai, Os Carunchos, Os Carecos, Carmela e Ailá
-
12
Airiños de Orbazai dende a súa "Orixe"
Coñecemos a agrupación luguesa "Airiños de Orbazai", creada no verán do ano 2.010, por veciños da parroquia de Orbazai amantes da música tradicional. Os compoñentes do grupo falan da foliada que organizan cada ano na parroquia e da actividade formativa que desenvolven mentres escoitamos pezas do seu disco "Orixe". Na sección "O recuncho da palleta" mergullámonos na figura de Avelino Cachafeiro da man de Rubén Troitiño.
-
11
Novidades
Comezamos o ano con moitas novidades musicais: De Ninghures, Osd Carecos, Espiral, Airiños de Orbazai... e cun Recuncho da Palleta moi especial, o que nos ofrece Guillerme Inácio con diversas recollas de Cantares de Reis do seu arquivo persoal
-
10
Lume na palleira 29-12-2024
No programa de hoxe ofrecemos unha nova escolma musical ao son de Paulino Da Seara, Fixe Trío, A Quenlla, Airiños Do Mar De Teis, Habelas Hainas & Xurxo Souto, Yoko Takano, Rozalén & Tanxugueiras, Xosé Lois Romero & Aliboria, Os Melidaos, Brañas Folk & Orfeón Treixadura, Os Minhotos, Rosa Cedrón, Folk On Crest, Baiuca & Lilaina, Cantares Do Brión, Carapaus, Mark Dos Santos, Susana Seivane, Miguel Lamas, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Tanxugueiras & Valeria Castro, Noites De Rock E Meigas, Encrucillada, Leilía, Verónica Codesal e Xisco Feijóo
-
9
Escolma de música galega
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz a cargo de Volta E Dalle, Os Chavellos, Ker Cuez, Xascariz, Ailá, Leni Pérez & Roberto Comesaña, Caldo, Xoán Carlos Rilo, Mediarea, De Ninghures, Isidro Vidal, Onte E Hoxe, Eliseo Parra & Davide Salvado & Fergus & Cibrán Seixo, Tanxugueiras, Javier Franco, Quico Comesaña, Mondra, Encrucillada, Kornucopia, Coribantes, Treixadura, Barahúnda e Malvela.
-
8
Tor ten novo disco
Hoxe visita o programa o cuarteto Tor para falarnos do seu novo traballo: "Zira". Conversamos cos seus compoñentes, Castor Castro, Felix Castro, Álvaro Iglesias e Xosé Liz. Ademáis, na sección "O recuncho da palleta" escoitaremos pezas do ciclo de Nadal.
-
7
O grupo Ailá está de estrea
Recibimos no programa aos compoñentes de Ailá: Ánxela Carou, Manuele Pardo, Xan Pampín e a última incorporación, a zanfonista Manu Fraguela. Traen baixo o brazo o seu novo traballo, "Tradimensional", unha homenaxe a tódalas vivencias que rodean o baile e a música tradicional. Na sección O Recuncho da Palleta presentamos o novo volume de partituras publicado por Xosé Manuel Fernández, o fundador de Muxicas.
-
6
"Requinta sempre"
Conversamos cos requinteiros da Gaita de Sarandón e coñecemos o seu novo traballo "Requinta sempre". Escoitamos en primicia o novo disco de De Ningures e a colaboración de Ailá con Icía Kirk. No "Recuncho da Palleta" recibimos a Cándido Peiteado, un mestre do acordeón diatónico.
-
5
Carmela estrea "Vinde todas"
“Vinde todas” é o primeiro álbum de Carmela, un traballo que se asenta na investigación etnográfica, na tradición oral. As protagonistas son as mulleres que achegaron as melodías e as súas técnicas interpretativas. Carme López fálanos da súa traxectoria profesional e do disco e tamén é a convidada do "Recuncho da palleta", espazo no que abordará a relación de Rosalía de Castro coa música tradicional.
-
4
XXXVI Xuntanza de Gaiteir@s en Fene
Entrevista aos compoñentes da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, que nos presentan a XXXVI edición da súa Xuntanza de Gaiteir@s, que se desenvolve o 26 de novembro - Escolma de música galega ao son de Tor, Carmela, Fillas de Cassandra, Brúa, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, A Quenlla, Xistra de Coruxo, Fernando Barroso, Airiños Da Peneda, Airiños do Mar de Teis, Fuxan Os Ventos & Milladoiro e Isidro Vidal.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.
HOSTED BY
AGalegaAudio
CATEGORIES
Loading similar podcasts...