PODCAST · society
Un Café en Ames
by Seu Bermúdez
Programa cultural en formato entrevista-conversa, con persoas vinculadas ó Concello de Ames. ⏺️ Gravamos nos estudos de Ames Radio, en Bertamiráns.🎙️Presenta: Seu Bermúdez, veciña do Milladoiro e Productora de podcast.@seubermudez_podcasting/
-
12
Un Café en Ames
Benvidas e benvidos a Un Café en Ames.Xuntos imos descubrir e poñer en valor o mundo próximo que nos rodea. Imos dirixir a nosa mirada cara ás persoas, ás historias e ó patrimonio do lugar onde vivimos: o Concello de Ames.Son Seu Bermúdez, produtora de podcast, coach e veciña do Milladoiro.Escoitas Radio Cidadá de Ames, no 107.2 FM.Se coñeces unha historia, unha asociación, unha institución, un anaco de patrimonio esquecido ou unha persoa á que che gustaría escoitar tomando un café en Ames, podes escribirnos e propoñernos a súa participación, no enderezo [email protected].
-
11
12.- Soños, ilusións e futuro con Paula
Último episodio da primeira tempada. Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Paula.Unha moza chea de ilusións, afeccións e proxectos. Unha persoa que mira a vida dun xeito especial e que nos demostra que hai moitas formas de facelo.Nesta conversa falamos dos seus soños, das cousas que a fan sorrir,e de todo aquilo que quere conseguir. Un episodio para descubrir a unha persoa con moito que contar, moito que ofrecer ao mundo e, quen sabe, talvez unha futura podcaster.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.Axúdame a seguir dando voz a historias coma esta. Suscríbete o programa e acompáñame nos próximos cafés.
-
10
11.- Aprender, crear e vivir en beta permanente; con Juan Diego Pereiro
Juan Diego Pereiro leva máis de dez anos demostrando que o coñecemento só ten sentido cando se pon en movemento. Director do Espazo A Proa en Milladoiro, fundador de WeKAb e WeKCo, e creador de proxectos de formación, emprendimento e innovación aplicada, defínese a si mesmo como "inquietamente inquieto".Neste programa descubrimos como chegou ao mundo da formación e que maxia ocorre dentro do Espazo A Proa. Falamos de WeKCo, un dos primeiros espazos de coworking en Galicia, e do que supuxo a súa apertura.E tamén de como xestiona a enerxía para chegar a todo, e que lle queda aínda por aprender a alguén que vive, traballa e pensa en beta permanente.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
9
10.- Un Café en Ames con Sandra De Rego, de Amor ó teu
Hoxe, Quedamos para "Un Café en Ames", con Sandra De Rego, de “Amor ó teu”, un proxecto onde creatividade, sostibilidade e artesanía van da man.A súa tenda-obradoiro está en Bertamiráns, na que traballa a estampaxe artesanal galega, con valores eco-friendly e comercio xusto. A nosa historia non comezou desta volta, senon que ven de anos atrás cando a miña filla maior me agasallou cunha taza de aceiro esmaltado dos Faros de Galicia, feita por Sandra. Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
8
9.- Un Café en Ames con Emma e Jacobo
Hoxe Quedamos para un Café en Ames con dúas das miñas persoas favoritas no mundo.Os meus fillos Emma e Jacobo.Que mellor forma de celebrar o Día da Nai...Desfrutade 💛Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
7
8.- Un Café en Ames con Mónica Castromil, de 20xvinte
Hoxe, Quedamos para Un Café en Ames con Mónica Castromil, Directora de 20xvinte.Un proxecto que demostra que con paixón, constancia e poucos recursos tamén se poden crear cousas grandes.Falamos das súas guías turísticas de Galicia: 20 miradas anónimas, 20 propostas imprescindibles e unha forma moi especial de descubrir cada destino.Detrás de cada guía hai unha rede de persoas, establecementos e ilusións que fan posible que cheguen a miles de lectores.E tamén unha parte esencial que poucas veces se conta: o seu compromiso social, con doazóns a entidades que traballan cada día por quen máis o necesita.Un episodio que fala de territorio, de persoas… e de como dar sentido ao que construímos.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.Reel: @amesradio.gal
-
6
7.- Un Café en Ames con Thais e Susana; de Daman Compostela
Hoxe, Quedamos para "Un Café en Ames" con Thais Núñez e Susana Martínez, fundadoras de Daman Compostela.Falaremos sobre duelos, acompañamento emocional e Death Café.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
5
6.- Micaela Beiro, Constelacións Familiares
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Micaela Beiro, Facilitadora en Constelaciones Familiares pola Hellinger Sciencia Cudec.Micaela conta que son as Constelacións Familiares, como chegou a interesarse por este tema e como influe en cada un de nós, os distintos sistemas nos que vivimos (familia, traballo, amizades, un aula de primaria, etc).Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.Presenta: Seu Bermúdez (@seubermudez_podcasting)
-
4
5.- Noelia Pampín e Alvaro Liste, de Serea Films
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Noelia Pampín e Alvaro Liste, socios de Serea Films; xunto con Iván López Gimeno.Unha produtora audiovisual de cine independente, afincada no Concello de Ames, que se dedica á produción e realización audiovisual para cine, televisión e plataformas dixitais.O seu obxectivo é crear proxectos de cine documental, ficción e televisión que impacten, entreteñan e enriquezan ao público.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.Presenta: Seu Bermúdez (@seubermudez_podcasting)
-
3
4.- Arcea Adames
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Arcea Adames.Un Centro Ocupacional para persoas con discapacidade intelectual, ubicado no Milladoiro.Enchemos o estudo de Ames Radio de risas e ilusión, coa Directora e educadora do Centro, Natalia Castro, a educadora Cristina Lamas e tódolos integrantes ó completo: Mari Carmen, Martín, Juan, José Ramón, Jesús, Moncho, Rovi, Eva, Jose, Nieves, Oscar y Carlos.¡Grazas por vir!Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
2
3.- Carlos Vieito, do Exército Mekemeke
Hoxe, Quedamos para un Café en Ames con Carlos Vieito.Entre outras moitas cousas, colabora co periódico Nós Diario, é Concelleiro do BNG en Ames e presenta o podcast do Exército Mekemeke, que arrinca a súa 5ª tempada, con máis de 120 episodios publicados. É un comunicador nato que consegue que falemos galego, ríamos e pensemos; aínda que non precisamente nesta orde. Un cóctel que fai que hoxe poida pasar calquera cousa aquí, nos estudos de Ames Radio, en Bertamiráns.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
1
2.- Oscar Porral, de Libraría Bandini
Bertamiráns conta dende xuño de 2024 cun espazo cultural que ofrece un amplo fondo de libros en galego, castelán e outras linguas, ademais dunha selección de revistas especializadas e discos de vinilo.Na Libraría Bandini celébranse presentacións de libros, conversas con autores e ilustradores, clubes de lectura en varios idiomas e talleres.Hoxe, o flamante protagonista de “Un Café en Ames” é Óscar Porral, de Libraría Bandini.Programa gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
-
0
01.- Juan e Belén, de Ames Radio
Hoxe é o primeiro programa de “Un Café en Ames” e estou especialmente contenta por compartir micrófono con dúas persoas que fan que todo isto funcione.Ademais do Concello de Ames, que é o que puxo en marcha esta iniciativa, os flamantes protagonistas de hoxe son quenes nos axudan —as vinte persoas que formamos parte da Radio Cidadá—, a gravar, editar e publicar os nosos programas.Sen eles, nada do que escoitas sería posible.Hoxe Quedamos para un Café en Ames con con Juan e Belén, técnicos de Ames Radio.Benvidos a Un café en Ames.https://seubermudez.comPrograma gravado nos estudos de Ames Radio, Bertamiráns.Radio Cidadá do Concello de Ames.Técnico de son: Juan Silva.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Programa cultural en formato entrevista-conversa, con persoas vinculadas ó Concello de Ames. ⏺️ Gravamos nos estudos de Ames Radio, en Bertamiráns.🎙️Presenta: Seu Bermúdez, veciña do Milladoiro e Productora de podcast.@seubermudez_podcasting/
HOSTED BY
Seu Bermúdez
Loading similar podcasts...