EPISODE · Jan 28, 2022 · 1H
#11 | Yo soy Rayden
from Exército Mekemeke · host Sapo Vermello
Estamos a dar a batalla eurovisiva nas fileiras mekemekes! Todo parece continuar igual como este tempo seco e estábel, máis aquí estamos os mekemekes para tentar equilibrar ou xa facer completamente caóticas de todo as cousas. Carlos usa o noso espazo para dar continuidade (realmente establecer a paz) a unha batalla persoal que mantivo nas redes co artista Rayden, que compite no Benidorm Fest coas nosas tan queridas Tanxugueiras por ver quen acada o único boleto para ir a Eurovisión, entre outros moitos e moitas artistas. Miguel centra a súa sección por primeira vez na nosa historia nunha única cousa e vennos a falar da carreira cinematográfica de James Gunn, o único director que traballa ao mesmo tempo para o universo Marvel e para o de DC. Cousa rara, e máis despois de saber que Disney o botará (para volvelo contratar aos poucos meses) en 2018 por uns polémicos chíos que o director publicará hai xa máis de dez anos. Xubi pecha o programa facendo uso persoal do espazo mekemeke para promocionar un concerto que dará o seu grupo Bigornia este sábado 29 de xaneiro en Compostela, mais tamén nos trae un bo tema sobre o que falar: o mundo dos kebabs, no que descubriremos cal foi o primeiro local en Galiza ata que, por exemplo, en Ferrol bótenlle olivas, ou incluso, que algúns o fan cun pan de cor rosa. A diversión está servida!
NOW PLAYING
#11 | Yo soy Rayden
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Nov 19, 2025 ·45m
Nov 19, 2025 ·37m
Nov 19, 2025 ·43m
Nov 19, 2025 ·46m
Nov 19, 2025 ·41m
Nov 19, 2025 ·39m