Episodes
-
#152 | Os mekemekes na Festa dos Botes | Programa especial
Exército Mekemeke visita o soviet de Arzúa por primeira vez para un especial da 43 edición da Festa dos Botes! 🎉 O pregón deste ano corre a cargo das primeiras comisións arzuás, e nós aproveitamos a súa sabedoría para desvelar o que realmente pasa entre bambalinas: fallos, tensións, segredos e...
-
#151 | Consultorio mekemeke
Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles?Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado. Grazas…
more -
#150 | As empanadas
POR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada. Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida. Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis…
more -
#149 | Os pilgrims
Neste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a...
-
#148 | Innovamos os ghalpóns. Especial Cans
Neste programa especial no Festival de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor? Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais: 🏡 Alugar galpóns para…
more -
#147 | A tecnoloxía
QUE PASAAADA, MEKEMEKES! Hoxe poñémonos a proba cun desafío tecnolóxixo: preguntas trampa, mitos tecnolóxicos e a nosa cara cando non sabiamos que era o PIN. Quen será o auténtico mekemeke tecnolóxico? Se che gusta a tecnoloxía e o humor: PARTICIPA! Deixa a túa puntuación nos comentarios e retade…
more -
#146 | Loita de clases
Se eras de clase B… este episodio é terapia! Viaxa cos mekemekes ao pasado para falar dunha das rivalidades máis antergas da nosa vida: os de A contra os de B. Os favoritos do profesorado, os “aplicados”, contra os que vivían un pouco máis ao límite. Pero a cousa non queda aí. Porque cando…
more -
#145 | A familia
Hai familias normais… e logo están as nosas. Eses tíos que aparecen só en vodas, as avoas que todo o saben, os curmáns que sempre teñen unha historia mellor ca túa e esas reunións familiares que comezan tranquilas… e acaban sendo material de terapia. Situacións coas que todos nos sentimos...
-
#144 | Imos ao Centro de Saúde
Neste episodio os mekemekes falan dun tema que nos toca a todos e todas: a salú. Desde arrefriados eternos, ata esas visitas ao centro de saúde que parecen unha aventura de obstáculos. Compartimos problemas de saúde reais, anécdotas vividas nas salas de espera e algunhas situacións tan absurdas…
more -
#143 | Facer a mili
Os mekemekes debaten acaloradamente os pros e contras do servizo militar obrigatorio mentres intentan sobrevivir a manobras caóticas. A mili realmente ensina disciplina, compañeirismo e a facer a cama en dez segundos, ou só serve para perder o móbil, comer fabes con grumos e aprender a durmir de...
-
#142 | A felicidade
Neste episodio falamos da felicidade… ou polo menos do intento constante de encontrala. Entre risas, contradicións e algunha verdade incómoda, preguntámonos se iso de ser feliz é real ou simplemente postureo ben editado. Pequenas cousas, grandes expectativas e ese caos que chamamos vida. Descubre...
-
#141 | As crenzas
Neste episodio os mekemekes admiten crenzas que non confesarían nin borrachos nunha primeira cita: desde xurar que as chaves se perden porque “todo está conectado… pero o universo ten malicia”, ata confesar que un de nós segue saudando aos picaportes “por se acaso” despois de que unha porta se...
-
#140 | Pelis para adultos (+18)
Acceder ás míticas pelis para adultos nos anos 90 e 2000 para matar a curiosidade. Intentar pillar os "programas especiais" do Canal+ a escondidas ou buscar no Internet usando módems lentos, onde era máis fácil baixar un virus que unha película. Os mekemekes comenta como hoxe todo é moito máis...
-
#139 | Festas populares
A loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite, o momento da "putivolta" que acaba en despedida ata de madrugada, e a inevitable resaca ao día seguinte. Todo isto sazonado con diálogos onde se debaten cuestións...
-
#138 | Xubiprofeno
Colles gripe e, de repente, parece que estás nunha película dramática. Desde o primeiro esbirro ata a peregrinaxe ao centro de saúde, coa sala de espera chea de vellos e xente que parece estar peor ca ti. Ese momento no que decides preguntar a unha IA que tes… e en cinco minutos pasas de “un…
more -
#137 | Bichería doméstica
Neste episodio falamos da vida da bichería doméstica: cans que montan un escándalo cada vez que soa o timbre, gatos que actúan como auténticos donos da casa e peixes que parecen que poden vivir fóra da auga. Os mekemekes comparten anécdotas divertidas e situacións nas que queda claro que, aínda…
more -
#136 | Cousas do paranormal
No episodio de hoxe metémonos de cheo no misterioso mundo do paranormal… Falamos de pantasmas que aparecen xusto cando hai pouca luz, da Santa Compaña facendo máis quilómetros de noite ca moitos runners, de posibles aliens que, curiosamente, sempre escollen aparecer en aldeas tranquilas e nunca…
more -
#135 | O caso Therian
Neste episodio poñémonos o gorro de papel de aluminio para falar da moda dos therian, do regreso triunfal dos aliens e doutras tendencias rarísimas que enchen titulares e feeds.Entre memes, teorías disparatadas e análise cultural, reflexionamos sobre como certas obsesións virais poden servir para...
-
#134 | Europa
Un episodio festivo e un pouco delirante no que o sentimento europeísta se defende con paixón… Entre himnos que non coñecemos ben, debates surrealistas sobre por que Groenlandia non se vende nin se troca (por moito que a Trump lle faga tilín) e a diplomacia internacional explicada a través de...
-
#133 | Facer o delicioso (+18)
Neste novo episodio poñémonos serios… é dicir, todo o serios que se pode estar falando de “facer o delicioso”. Porque si, todo o mundo sabe máis ou menos como vai a cousa, pero logo chega a realidade: medias que non saen, risas inesperadas, momentos épicos e outros nos que pensas “isto non estaba...
-
#132 | A televisión
Dicíamos que a televisión estaba morta… pero aquí seguimos, comentando realities, series e debates coma se nos fora a vida niso. Neste episodio os mekemekes abren o melón da tele: a boa, a mala e a que vemos con culpa. Mando na man, espírito crítico dubidoso e moitas risas aseguradas. Descubre os...
-
Exército Mekemeke | 5x10 | Facer as beiras
Como facer as beiras e como evitar acabar facendo o ridículo intentando atopar parella. Falamos de técnicas infalibles, consellosmalos e desastres sentimentais. A cousa complícase cando recibimos a visita dun alien recén chegado á Terra, absolutamente fascinado polos rituais humanos do ligoteo....
-
#130 | Buscar piso
Buscar piso hoxe en día é unha experiencia espiritual: probas a paciencia, renegas da humanidade e acabas compartindo fotos de cuartos sen xanela como se fosen bens inmobles de luxo. Neste episodio falamos do milagre de atopar vivenda, da xente que lle chama “estudio acolledor” a un zulo e da...
-
#129 | Violencia gratuíta
Neste episodio falamos desa violencia que non deixa moratóns… pero si ganas de apagar o móbil, cambiar de casa ou finxir amnesia selectiva. Contido que nunha debería existir, momentos incómodos de "señor, sácame de aquí" e reality que deixan moito que desexar. Todo contado con algo de retranca e…
more -
#128 | Chucky, o boneco diabólico
Neste episodio mergullámonos na cara máis surrealista e terrorífica dos agasallos de Reis: esas mañás máxicas que ás veces se torcen cando, en lugar do xoguete soñado, aparece un boneco cunha mirada sospeitosa e unha presenza claramente diabólica. Falaremos de lembranzas de infancia, de...
-
#127 | Badaladas de Fin de Ano
Despedimos o ano por todo o grande, como manda a tradición! 🎉 Os mekemekes atragántanse lixeiramente coas uvas en cada badalada, entre risas, comentarios absurdos e reflexións profundas que duran exactamente dous segundos. Mentres repasan o máis mítico e típico do fin de ano —as promesas...
-
#126 | Os conflitos
O Nadal xunta á familia, aos agasallos… e aos conflitos sen resolver. Antes de discutir polo marisco ou polo tema de sempre, igual toca falar, rir un pouco e facer as paces. Resolver conflitos tamén é un milagre de Nadal e non precisa luces nin panxoliñas. Descubre os mellores momentos de cada...
-
#125 | As débedas
Quen nunca se esqueceu de pagar un bizum 👀 Neste programa os mekemekes revisan o historial bancario de todas esas persoas que non pagan as súas contas e as historias daquelas outras que fan viguerías para saír do pozo. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
-
#124 | Vivir ao límite
Hai mellor forma de vivir ao límite que improvisar un programa porque te esqueces do tema do que se vai falar. Vaia forma de arricar a tempada teñen estes mekemekes. Neste programa analizamos varias formas patéticas e inútiles de vivir ao límite. Descubre os mellores momentos de cada programa no...
-
#123 | España, dame caña
Este é un programiña especial ✨ Un programa feito para todas esas persoas que tendo a xustiza ao seu favor, controlar os medios de comunicación e o poder para criticar con total liberdade aos gobernos que non lles gusta; din que vivimos nunha dictadura. Para vós, dereita extrema vai este…
more -
#122 | Estamos de volta
Despois dunha longa espera, os mekemekes voltan ás andadas cunha nova tempada cargada de novidades e cousas choooolísimas. Facemos un repaso importante a estes últimos meses e arrincamos coa tempada, mais antes poñémonos o cinto, porque a seguridade é moi importante. Descubre os mellores momentos...
-
Pixel á Feira | Programa especial
Escoita, lembras cando a túa maior preocupación era que os teus pais non te pillasen xogando á Game Boy ás 3 da mañá? O Exército Mekemeke desenterrámos os nosos vellos cartuchos e CDs rabuñados para mergullarnos de cabeza na nostalxia dos videoxogos. Neste programa especial falaremos deses xogos...
-
#121 | Cremiña solar
O verán está cheo de pequenos rituais que todos recoñecemos e que fan desta estación algo máxico. Neste derradeiro programa de tempada os mekemekes recordan esas experiencias universais que nos acompañan cada ano: dende a eterna loita por conseguir un bronceado digno de revista (aínda que o...
-
#120 | Buscando o amor
Os mekemekes deciden coller as rendas do amor e axudar aos seus esbirros a atopar a súa media laranxa… ou polo menos intentalo! Elixiron a varios inscritxs da canle e, baseándose nos seus gustos, personalidades e un chisco de caos aleatorio, formaron parellas inesperadas para unha cita virtual…
more -
#119 | Destripando a dobraxe con Antón Rubal
Sempre é un auténtico pracer escoitar de novo a voz de Antón Rubal a través dos micros do mekerocho. Regresa un dos primeiros mekemekes que pasou polo programa para repasarmos a súa carreira como actor de dobraxe. Ademais, poñémolo a proba para ver se é capaz de recoñecer a personaxes míticos da...
-
#118 | Consultorio mekemeke
Os mekemekes poñemos a furrular a nosa sabedoría para dar solución a todos os problemas dos mekemekes que acuden a nós. Non podíamos rematar esta tempada especial sen un consultorio a máis puro estilo mekemeke con respostas que non solucionan absolutamente nada nin consellos que leven por bo...
-
#117 | Coa neurona chamuscada
Advertencia: consumir preferentemente antes de ir para a cama. Os mekemekes chegan ao micro arrastrando os pés, co cerebro medio fundido e o ánimo xusto para respirar. Gravado baixo mínimos vitais, falamos do que puidemos, como puidemos e ata onde nos deu a neurona. Hai momentos de lucidez...
-
#116 | Empadroarse na Mariña con Grande Amore
Se para ti naide de ninguén, este programa está pensado para ti. Repasamos con Grande Amore os seus recordos das verbenas, así como as súas favoritas. Para despois viaxar ata Frexulfe. Sabémolo, parece que ten nome de vida alemá, mais o certo é que é unha parroquia do Valadouro. Poñemos a proba o...
-
#115 | As oposicións
Se che soa a palabra “temario” e tes máis subliñadores que plans de futuro, este episodio é para ti. Os mekemekes lánzanse ás oposicións sen drama, sen consellos e por suposto, sen estudar. Frases míticas, rutinas imposíbeis, comentarios familiares que non axudan e todas esas cousas absurdas que...
-
#114 | Imos ao supermercado
Aventurámonos nun dos ecosistemas máis perigosos da vida moderna: o supermercado. Dende o ninja dos conxelados ata o mítico velocirraptor da caixa rápida, analizamos as tribos que habitan entre carros, iogures e ofertas 3x2. Risas, test absurdo e algunha queixa pasivo-agresiva incluídas. Colle o...
-
#113 | En busca de Óliver Laxe no Festival de Cans
O certo é que os mekemekes sempre foron máis de gatos porque é un bicho que é así desconfiado e ruín coma eles. Mais o certo é que non se puideron resistir a montar nos chimpíns e dar unha volta polo Porriño en busca de Óliver Laxe. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
-
#112 | Frustradxs S.A.
A nobre e universal arte de estar ata o carallo é o programa desta semana. Desde tecnoloxía rebelde ata a cremalleira que se quedan atrapadas no momento peor posible, os mekemekes exploran como a vida é un bucle de pequenos contratempos e grandes berros interiores. Inclúe test, sketchs absurdos e...
-
#111 | Whaaaaatsapp
O verdadeiro abismo dixital: WhatsApp! Falamos dos grupos de clase, dos audios eternos, dos stickers de profes e das mensaxes enviadas por erro. Descubre connosco a fauna dos grupos, os códigos non escritos ddo dobre check azul e por que silenciar notificacións é o novo mindfulness. ⚠️ Inclúe...
-
#110 | Flos Mariae con DJ Misa
Neste episodio especial mergullámonos no universo místico-pop de Flos Mariae con DJ Misa. Pasamos revista á historia desta familia do Opus Dei que non deixa indiferente, dende os seus comezos como fenómeno viral ata os escuros secretos empresariais da súa traxectoria. Analizamos a súa presenza en...
-
#109 | Consumo, modas e cultura pop
Din que vivimos nun tempo de consumo consciente… mais seguimos enchendo o carriño de Amazon ás 2 da mañá. Neste episodio os mekemekes exploran as contradicións da vida millennial: minimalismo de postureo, compras absurdas que non usamos, a crise existencial dos 30, e frases "espirituais" que non...
-
#108 | Erasmus: sobrevivindo a base de pasta e dramas
Unha viaxe pola experiencia internacional máis idealizada, e seguramente sobrevalorada, da vida universitaria. Neste episodio os mekemekes debullan os soños previos, as desventuras linguísticas, os amores efémeros e as dietas baseadas en carbohidratos con testemuños delirantes e anécdotas "reais"...
-
#107 | Cousas absurdas que fixemos por amor
Os mekemekes mergúllanse no lado máis ridículo e entrañable do amor e os celos. Comparten as síuas anécdotas incriblemente absurdas que demostran que, cando o corazón manda, a cabeza queda de vacacións. Entre historias vergoñentas, xogos disparatados e falsas reflexións profundas, prepárate para...
-
#106 | Arrincamos a fresadora con Pablo Casal
Seguimos con novas incorporacións! Pablo Casal únese ao Exército Mekemeke para facernos escachar coa risa repasando a actualidade galega. A Fresadora é a sección que desenvolve dende hai unha morea de anos no programa Galiza... algo máis! na radio catalá Sants3Ràdio. Descubre os mellores momentos...
-
#105 | A miña primeira vez
Os mekemekes repasan as súas primeiras veces. Entre anécdotas +18 e humor con dobre sentido, os mekemekes veñen a falarnos desas primeiras veces "adultas" que ninguén nos ensina: cambiar unha roda, pagar impostos ou sobrevivir á primeira “cea de empresa”. Descubre os mellores momentos de cada...
-
#104 | Os mekemekes asaltan o Teatro Colón
Asaltando o Teatro Colón e atrincherándose no Palco Real, os mekemeke infíltranse na IV Gala de Certames da Deputación da Coruña para facer o primeiro podcast retrasmitindo unha entrega de premios ao puro estilo ASMR. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso...
About this show
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Hosted by
Sapo Vermello
Categories