EPISODE · Nov 9, 2022 · 31 MIN
#31 | Únete aos mekemekes!
from Exército Mekemeke · host Sapo Vermello
Segunda tempada do exército mekemeke! Unha tempada que chega cargadiña de novidades e cousas chulísimas que temos para partillar con todas vós. A partir de agora os programas serán de 30 minutos (había que estar maluco para escoitarnos 1 hora enteira). Dicimos adeus ás seccións individuais para falarmos ao redor dun tema durante todo o programa. Este ano xa non está connosco o noso admirábel e enesquezíbel, Xubi. O cal nos fixo rir tanto na tempada pasada e co que o pasamos xenial. O mundo non o podemos conquistar sós e por iso temos connosco a unha persoa que demostrou ser toda unha mekemeke cando veu de convidada… damos a benvida a Lidia Veiga. Entre as novidades que poderedes escoitar nestes vindeiros programas é unha das voces máis mekemekes do audiovisual galego, a voz de Antón Rubal. Así como a banda sonora composta polo gran Brais Iriarte que nos fará mover o cu durante o programa. Únete aos mekemeke e xura os 10 mandamentos para formar parte da nosa loita por conquistar o mundo do internet. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
NOW PLAYING
#31 | Únete aos mekemekes!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Nov 19, 2025 ·45m
Nov 19, 2025 ·37m
Nov 19, 2025 ·43m
Nov 19, 2025 ·46m
Nov 19, 2025 ·41m
Nov 19, 2025 ·39m