EPISODE · Apr 30, 2011 · 1H 4M
Ar de Coruña. Capítulo 11: I Romaría Asociativa de Cuac FM
Ar de Coruña emitíuse desde o Parque de Marte, lugar onde se realizou a I Romaría Asociativa de CUAC FM. Os equipos de Redacción e de Tecnoloxía achegaron á rúa o magazine comunitario semanal da emisora. Diversas asociacións participantes neste encontro pasaron polos micrófonos deste programa especial centrado no asociacionismo, e conversaron con Mariano Fernández e Manuel Castiñeira. Os reporteiros Diego de la Vega e Iverson recolleron as impresións dalgúns dos asistentes a esta I Romaría Asociativa. Marcial Blanco foi o primeiro convidado neste undécimo programa. É membro de Zocaminhoca, unha cooperativa de consumo responsable da cidade. Roberto Catoira, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, e Sheila, do Centro Social Gomes Gaioso, falaron das principais actividades que desenvolven nas súas respectivas agrupacións e da visibilidade do tecido asociativo da cidade. Ozzy de Castro volveu á rúa para recoller opinións sobre o movemento asociativo na Coruña. O mosaico sonoro foi completado coa produción e locución de Antón Dubra. Adama e Jimmy, dous senegaleses da Asociación Sen Papeis da Coruña, tamén conversaron cos nosos locutores. Tomás Legido lembrounos a celebración do concerto correspondente á final do XIII Concurso de Maquetas de CUAC FM esa mesma noite. Finalmente, uns representantes de ADCOR, organización sen ánimo de lucro adicada a axudar a persoas adultas con discapacidade intelectual, deixou constancia do labor do seu colectivo. Audio emitido en Cuac FM o 30-04-2011.
NOW PLAYING
Ar de Coruña. Capítulo 11: I Romaría Asociativa de Cuac FM
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Sep 17, 2025 ·24m
Jun 12, 2025 ·20m
May 19, 2025 ·25m
Jan 10, 2025 ·28m
Jan 10, 2025 ·23m