PODCAST · religion
El Espejo de Mondoñedo-Ferrol
by Diócesis Mondoñedo-Ferrol
Dirigido y presentado por Baruk Domínguez, ’El Espejo’ es el magazine semanal que da cuenta de la vida y actividad de la Iglesia de Mondoñedo-Ferrol a través de la Cadena COPE (COPE Ferrol y COPE de la Costa-Ribadeo). Hablamos con los todos protagonistas, compartimos las opiniones que más te interesan, las novedades del cine, la música y las redes sociales. Todo ello de una forma amena y entretenida. ¡Nos escuchamos!
-
1000
Javier Martínez: "Celebrar en Roma os 25 anos como sacerdote está a ser unha experiencia única"
Hoxe acompáñanos no programa sacerdote diocesano Javier Martínez, quen está a vivir en Roma unha intensa experiencia de formación e convivencia, xunto a outros presbíteros de toda España que celebran os seus 25 anos de ordenación. Desde o Colexio Español San José, onde se están actualizando en distintas materias teolóxicas e canónicas, contaranos como están a ser estas semanas, marcadas tamén por celebracións, visitas e momentos de encontro na Cidade Eterna. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
999
Dolores Fernández: "Xornadas coma esta fannos crecer en entrega e xenerosidade hacia os menores e adolescentes"
Mañá sábado, a diocese celebra en Celeiro unha xornada de formación baixo o título «A protección á infancia nas institucións dá Igrexa», unha cita especialmente orientada ao compromiso coa prevención, a atención e o acompañamento neste ámbito. Unha proposta que reúne reflexión, ferramentas prácticas e traballo conxunto para seguir avanzando en espazos seguros para todos. Hoxe acompáñanos Dolores Fernández Sierra para coñecer máis de cerca o sentido desta xornada, os seus obxectivos e a importancia de seguir fortalecendo a protección da infancia dentro da Igrexa. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
998
Carlos Alonso: "O noso obxectivo é establecer unha rede estable entre as bibliotecas das dioceses de Galicia"
Esta mañá en Santiago de Compostela tivo lugar a primeira reunión dos bibliotecarios das dioceses de Galicia, un encontro para coñecerse mutuamente e forxar unha rede de traballo estable ao redor do patrimonio documental de la Iglesia. Esta iniciativa busca fortalecer a colaboración na xestión, conservación e difusión dos ricos fondos bibliográficos e arquivísticos galegos. Hoxe entrevistamos a Carlos Alonso, bibliotecario da nosa diocese e impulsor desta iniciativa, para contarnos os detalles desta xornada e as súas perspectivas para o futuro das bibliotecas eclesiásticas na nosa rexión. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
997
Óscar Fernández: "Descubramos a nosa vida en clave de vocación"
Este domingo 26 de abril, a Igrexa celebra a Xornada Mundial de Oración polas Vocacións e a Xornada de Vocacións Nativas, baixo o lema «Oramos todos por todos», no cuarto domingo de Pascua, coñecido como o do Bo Pastor. Na Diocese de Mondoñedo-Ferrol, esta data cobra especial relevancia con actos preparatorios en parroquias como Saavedra e Ribadeo, promovendo unha cultura vocacional que invite a toda a comunidade a discernir e acompañar as chamadas de Dios. Hoxe temos no programa a Óscar Fernández Expósito, delegado diocesano de Pastoral Vocacional, quen nos presentará esta xornada e as súas iniciativas na diocese. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
996
Para pensar (24.04.2026) : "Los dos caminos"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de abril encárganse a comunidade relixiosa do PP. Mercedarios de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 24.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
995
Carlos Alonso: "Nos encantaría que mucha gente se subiese al autobús de la Línea 105 Xtantos""
Nuns días, a diocese de Mondoñedo‑Ferrol proxéctarase ao público cunha iniciativa moi especial: a “Liña 105 XTantos”, unha viaxe guiada polo corazón da nosa realidade eclesial, onde se descobren as distintas obras e proxectos que a Igrexa sostén grazas á colaboración e a corresponsabilidade dos fieis a través do X da declaración da renda. Acompáñanos no programa Carlos Alonso, responsable da Comisión Diocesana para o Sostemento da Igrexa, que nos vai contar como vai a inscrición, que supón a “Liña 105 XTantos” para a nosa diocese e por que invitamos á comunidade para participar nesta viaxe. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
994
Alberto Varela: "O encontro co papa León vai marcar a moitísimos mozos e mozas"
Co gallo da visita do papa León a España, desde a delegación de Mondoñedo-Ferrol prepárase unha viaxe en grupo con saída o venres 5 pola tarde e regreso o domingo 7 de xuño. De momento, abriuse un proceso de preinscrición para quen desexe sumarse e nos próximos días publicarase información detallada sobre os prezos, o aloxamento, as comidas e outros aspectos loxísticos. Cóntanos a última hora deste viaxe o noso delegado de Xuventude, Alberto Varela. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
993
Carlos Miranda: "Dentro da misión, a catequese ocupa un lugar moi importante"
Este sábado, 18 de abril, a localidade de Vilalba acollerá a Asemblea Diocesana de Catequistas de Mondoñedo-Ferrol 2026, un encontro pensado para reunir a todos os/as catequistas da diocese. Presidida polo noso bispo, a xornada virará ao redor do tema da iniciación cristiá, en sintonía cos obxectivos pastorais deste curso. Hoxe acompáñanos o delegado diocesano de Catequese, Carlos Miranda, para presentarnos os detalles desta cita tan especial, o seu programa e o sentido que ten para a vida catequética da nosa diocese. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
992
Andrés Segura: "La hospitalidad cristiana no tiene fronteras"
Esta semana queremos compartir convosco unha experiencia de fe: o Seminario Interdiocesano “Apóstolo Santiago” realizou recentemente unha peregrinación a Fátima, que incluíu paradas en cidades como Guimaraes, Porto, Coimbra e Braga, e que culminou no Santuario da Nosa Señora de Fátima. Hoxe acompáñanos no programa o seminarista diocesano Andrés Segura, que viviu de cerca esta experiencia e quere contarnos que significou para el camiñar xunto aos seus bispos e compartir estes días de oración. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
991
Para pensar (17.04.2026) : "El caminante"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de abril encárganse a comunidade relixiosa do PP. Mercedarios de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 17.04.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
990
"El Espejo" (10.04.2026): Campaña da Renda + Festa de S. Telmo + Igrexas na Ribeira Sacra (Programa rexional)
Como cada primeiro venres de mes, hoxe traémosvos un programa con toda a actualidade das cinco dioceses galegas, nesta ocasión centrada na recén comezada Campaña da Renda, cunha entrevista ao ecónomo de Mondoñedo-Ferrol; desde a diocese de Lugo falaremos da reunión dos cabidos catedralicios en Toledo, da apertura de igrexas na Ribeira Sacra e do concierto solidario en favor do comedor San Froilán; a festa de San Telmo será a protagonista desde Tui-Vigo; e desde Santiago falarémosvos de diversos actos que se desenvolven na diocese neste tempo de Pascua. Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de abril de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
-
989
Xoán X. Fernández: "Gustaríanos que a xente coñeza o que está apoiando cando marca a dúas casas na declaración da renda"
Desde o mércores 8 de abril podemos facer a declaración da renda. E desde a Igrexa, a través do portal Xtantos, animánnos a marcar a casa 105 para que os nosos impostos cheguen a quen máis o necesita. Para falarnos desta compaña e da iniciativa da nosa diocese que levará a quince persoas a coñecer o labor patrimonial e social que fai Mondoñedo-Ferrol coa asignación recibida desde o X da renda, estivo connosco o ecónomo e membro da Comisión para o Sostemento da Igrexa, Xoán Xosé Fernández. Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 10 de abril de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo.
-
988
Salvadro Fernández: "Grazas aos confrades e ao voluntariado podemos facer as procesións"
Comezamos esta entrevista con música do falecido Hernán Naval, creador da Banda de Ribadeo, xa que imos ata alí para coñecer de primeira man como se está a preparar a súa Semana Santa e cales son os elementos que a caracterizan. Para falarnos de todo iso, temos connosco hoxe a Salvador Fernández, irmán maior da súa Confraría. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
987
Eduardo Lago: "Desde la cofradía querríamos marcar el camino para generaciones venideras"
A Real Hermandad de las Siete Palabras de Viveiro cumpre 75 anos. Por este motivo, de modo excepcional o Sermón regresa á Praza Maior onde se celebrou hai 58 anos, sendo predicadas polo noso bispo na mañá do Venres Santo. Á Irmandade concedéuselle o título de Real en outubro de 2022, sendo o rei Felipe VI irmán maior honorario desde 2017. Para falarnos do paso con maior número de portadores de Galicia e sobre como o van vivir nesta Semana Santa, contamos hoxe co irmán maior desta confraría, Eduardo Lago. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
986
Sor Luz María: "San Francisco y Santa Clara quisieron seguir a Jesús al pie de la letra"
O papa León XIV convocou o Ano Xubilar Franciscano, que comezaba o pasado 10 de xaneiro, conmemorando o 800º aniversario da morte de santo Francisco de Asís. Un tempo de graza que ofrece indulxencia plenaria aos fieis que visiten igrexas franciscanas, destacando a conversión, a paz e a renovación espiritual. Para contárnolo temos hoxe connosco á abadesa do mosteiro de Santa Clara de Ribadeo, sor Luz. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
985
Para pensar (27.03.2026) : "El barbero incrédulo"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores de O Valadouro. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
984
Javier Acosta: "Cuando no hay sacerdotes la comunidad lo percibe y lo sufre"
Hai dous anos a nosa diocese comezaba un proceso de preparación de seglares que se forman na actualidade para recibir os ministerios eclesiais e, no algún caso, o diaconado permanente. Hoxe acompáñanos para contarnos como foi esa decisión, como están a ser os estudos e cales son os motivos para platearse o diaconado permanente, Javier Acosta, un pai de familia, moi implicado en coordinar e apoiar a tarefa da UPA As Pontes, e que traballa tamén na diocese dentro das oficinas de xestión. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
983
Jesús Álvarez: "La precariedad laboral se está convirtiendo en una normalidad"
Hoxe venres comeza en Madrid o Encontro Nacional “Migrantes, misioneiros de esperanza”, presidido polo noso bispo e no participarán os delegados e axentes de pastoal con persoas migrantes de todo o noso país. As xornadas serán tamén unha oportunidade para coñecer o alcance e realidade sobre o recentemente aprobado proceso de regularización extraordinario. Para falar disto contamos no programa co noso vigairo diocesano para a Caridade, o sacerdote Jesús Álvarez. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
982
Rubén Amor: "Acción de gracias en el 90º aniversario del sacerdote José Bello Lagüela"
E despedímonos lembrando que sábado o mosteiro das Concepcionistas de Viveiro acollerá unha celebración de acción de grazas nos 90º aniversario do sacerdote José Bello Lagüela, organizada pola Adoración Nocturna de Mondoñedo. Falamos con Rubén Amor, presidente do grupo diocesano da Adoración Nocturna Española. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
981
Para pensar (20.03.2026) : "La cruz que cargas lleva tu nombre"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores de O Valadouro. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
980
Juan Basoa: "Gustaríanos que os mozos deixasen as redes nas que se sinten envoltos e coñecesen a realidade de Deus"
Este domingo na concatedral de San Xiao de Ferrol vai ter lugar a ordenación diaconal de Víctor Andrés Segura, retransmitida en directo a través da canle diocesana de Youtube. A vindeira semana celebrarase tamén o Día do Seminario, baixo o lema “Deixa as túas redes e sígueme”, unha xornada que invita aos mozos a redescubrir a chamada de Cristo desde unha liberdade interior auténtica. Os seminaristas de tres dioceses galegas, entre elas a de Mondoñedo-Ferrol, fórmanse no Seminario Interdiocesano Santiago Apóstolo en Compostela. Hoxe quixemos contar no programa con Juan Basoa, un dos integrantes do equipo formativo deste Seminario, para falar do significado desta xornada e deste paso tan importante que dará Andrés no seu servizo a Deus e á Igrexa. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
979
Mari Carmen López: "El programa ADRAL supone una preparación de la Semana Santa"
Coa presentación do cartel da Semana Santa de Viveiro deu comezo o programa de difusión cultural e relixiosa ADRAL deste ano, unha cita cultural que ateigou a igrexa parroquial de San Francisco. Para falarnos deste programa, nun ano no que Viveiro vive o 75º aniversario do paso das Sete Palabras, temos con nós á portavoz da Xunta de Confrarías de Viveiro e irmá maior da Confraría da Santa Cruz, María del Carmen López, "Chipe". Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
978
Jonathan González: "LA OJE ofrece a los jóvenes un espacio para divertirse y aprender a tocar un instrumento"
Quixemos facer un pequeno oco no noso programa para adicar ás agrupacións de Semana Santa, achegándonos hoxe á decana das bandas de Ferrol, a OJE, para falar co seu director sobre como van os ensaios e coñecer un pouco máis a historia desta agrupación. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
977
Para pensar (13.03.2026) : "Echa raíces en el amor de Dios"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores de O Valadouro. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
976
"El Espejo" (06.03.2026): Día do Seminario + Transparencia + Semana Santa (Programa rexional)
Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 6 de marzo de 2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado durante estes meses polo sacerdote Javier Martínez, en substitución de Baruk Domínguez, a través de COPE Ferrol e COPE de la Costa-Ribadeo. Hoxe, como cada primeiro venres de mes, traémosvos un programa conxunto con toda a actualidade das cinco dioceses de Galicia, nesta ocasión centrado no día do Seminario, o sostemento da Igrexa e a transparencia e a previa da Semana Santa.
-
975
Para pensar (06.03.2026) : "La gracia de cambiarse a uno mismo"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Hijas de la Virgen de los Dolores de O Valadouro. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 06.03.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
974
Virginia Vila: "Con la clase de Religión se pretende formar pesonas con vidas que tengan sentido"
Neste curso, a clase de Relixión céntrase no lema “Somos instrumentos da súa paz”, integrando valores, espiritualidade, experiencia cristiá… inspirado tamén na figura de san Francisco de Asís. Doutra banda, a Conferencia Episcopal Española convídanos a través da web meapuntoareligion.com a matricular aos nosos fillos na materia de Relixión. Para tratar estes temas, hoxe quixemos que nos acompañase unha profesora que conta cunha longa experiencia e percorrido docente: Virginia Vila, profesora do Colexio Arenales Compañía de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
973
Helena Pena: "Nuestro compromiso como cofradía es durante todo el año y con las personas que tenemos cerca""
Abordamos agora a vertente solidaria das confrarías de Semana Santa, e para falar diso, tivemos connosco a Helena Pena, que é desde 2021, a primeira muller que está á fronte da Xunta de Goberno da Confraría da Mercé de Ferrol. Esta confraría destaca pola súa vertente social, organizando eventos solidarios como a recollida de alimentos en ensaios procesionais, colaborando con entidades como o Banco de Alimentos. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
972
Nelson J. Ortiz: "En el matrimonio es fundamental conocerse"
Recentemente na parroquia de Caranza, dezaoito matrimonios renovaron o seu compromiso nunha celebración que estivo enmarcada na Semana do Matrimonio organizada pola delegación de Laicos, Familia e Vida. Para falarnos desta experiencia tivemos connosco a Nelson Javier Ortiz, quen chegou de Colombia hai vintecinco anos, nas Pontes coñeceu á que agora é a súa muller e xuntos comezaron un camiño de compromiso. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
971
Para pensar (27.02.2026) : "Un viaje inesperado"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 27.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
970
Carlos González: "Que xenera a delincuencia? A pobreza, a explotación e a violencia"
O vindeiro 7 de marzo as delegacións de Pastoral Penitenciaria de Galicia abordarán a realidade das persoas extranxeiras en prisión, dentro das 12ª xornadas rexionais baixo o título “Persoas extranxeiras en prisión: estratexias e reinserción”. O encontro pretende a formación dos voluntarios, así como difundir o traballo pastoral nos cárceres, nas familias e no acompañamento dos presos. Para falarnos de este encontro contamos con Carlos González Prieto, vicedelegado de Pastoral Penitenciaria da diocese de Ourense. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
969
Cándido Otero: "La Cuaresma es un tiempo para volver a lo esencial"
A delegación de Liturxia e Confrarías é o órgano diocesano de programación e promoción da acción da Igrexa no ámbito do culto e a liturxia. Tamén vela pola identidade, a formación dos confrades, o seu acompañamento e o seu crecemento na fe. Este pasado mércores a Igrexa comezaba un tempo litúrxico que nos levará á Semana Santa: a Coresma. Para falar do significado da Coresma tivemos connosco ao arcipreste de Ferrol e delegado de Liturxia e Confrarías, Cándido Jesús Otero López. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
968
Para pensar (20.02.2026) : "La luz en la oscuridad"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 20.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
967
Jorge López: "Ser misionero es haber encontrado a Jesús y querer contárselo a los que todavía no lo conocen"
O pasado domingo, baixo o lema “Declara a guerra á fame”, Manos Unidas celebraba a súa campaña anual. A campaña abríase o mércores 4 de febreiro coa súa presentación na sede da Fundación en Ferrol, onde interviñeron o bispo, xunto co misioneiro burgalés Jorge López e co coro Mosaico. Hoxe acompáñanos este misioneiro, que estivo traballando pastoralmente en Zambia e que na actualidade é o director do Instituto Español de Misiones Estranjeras. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
966
José Luis Fernández: "O Papa invítanos a acompañar con tenrura aos nosos irmáns enfermos"
Este martes 11 de febreiro celebrouse a Xornada Mundial do Enfermo baixo o lema “A compaixón do samaritano”. Nesa xornada tivo lugar tamén a festa diocesana da Virxe de Lourdes e a celebración e Procesión das Antorchas en Viveiro. Ou pasado 26 de xaneiro a casa de exercicios de Santiago acollía as 26ª Xornadas de Capeláns de Hospitais e de Centros Sociosanitarios de Galicia, baixo o lema “ou reto do acompañemento espiritual a persoas con enfermidade mental”. Para falarnos destes momentos importantes tivemos con nós a José Luis Fernández, delegado diocesano de Pastoral da Saúde. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
965
Juan Pablo Alonso: "A saúde mental, o acompañamento das familias e a seguridade son clave para a pastoral do mar"
A nosa diocese conta con moito litoral, xunto cuns dos máis importantes portos pesqueiros de Galicia. Desde a Igrexa, a pastoral do mar quere prestar sempre unha atención integral a mariñeiros e familias, así coma sensibilizar por esta realidade social e eclesial. Contamos hoxe co delegado diocesano desta pastoral, o sacerdote Juan Pablo Alonso. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
964
Para pensar (13.01.2026): "El regalo del perdón"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 13.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
963
"El Espejo" (Rexional 06.02.2026): Informe FOESSA + Campaña Manos Unidas + Regularización de migrantes
Como cada primeiro venres de mes, hoxe traémosvos un programa con toda a actualidade das cinco dioceses galegas, que marcada por xornadas, como a de Manos Unidas este domingo, baixo o lema “Declara a guerra á fame”; convivencias de adolescentes, como a de Santiago de Compostela de mañá sábado; entre moitas outras. E non podemos esquecernos que está a ser noticia o Informe FOESSA que as Cáritas de Galicia presentaban hai unha semana, achégandonos algo máis que datos ao describirnos a realidade de moitas persoas. Tamén foi actualidade o proxecto de lei para unha regularización de inmigrantes, unha medida que REDES, CONFER, Cáritas e o Departamento de Migracións da Conferencia Episcopal valoraban como un acto de xustiza social e esperanza.
-
962
Para pensar (06.01.2026): "Del jardín de casa al corazón del que sufre"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de febreiro encárganse a comunidade relixiosa das Discípulas de Jesús de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 06.02.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
961
Román Escourido: "A vida consagrada móstranos cada día o rostro de Deus"
O vindeiro luns 2 de febreiro a Igrexa celebra a Festividade da Candeloira, e nela a Xornada Mundial da Vida Consagrada, cun lema que neste ano se presenta cun interrogante: “Para quen es?”. Celébrase cando se cumpre un ano do Congreso Nacional de Vocacións. Para achegarnos a esta xornada falamos co delegado diocesano para a Vida Consagrada, o sacerdote Xosé Román Escourido. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 30.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
960
Carlos Alonso: "Comunicar bien en las parroquias también es un ejercicio de transparencia"
No ano 2014 a Conferencia Episcopal Española puxo en marcha o seu Plan de Transparencia. Unha ocasión excepcional para render contas, seguir avanzando na mellora e atender novas demandas. A Oficina de Transparencia de Mondoñedo-Ferrol ten como misión achegar a Igrexa diocesana á sociedade mediante o impulso de medidas de trasparencia e bo goberno na diocese. Hoxe acompáñanos o director deste departamento, Carlos Alonso. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 30.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
959
Para pensar (30.01.2026): "Cuando un copo de nieve rompe la rama"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse a comunidade relixiosa das Mercedarias de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 30.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
958
José Mª. Bocanegra: "Hay muchos jóvenes que les cuesta sobrellevar la soledad y eso queremos cambiarlo"
Hoxe achegámonos a Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, e facémolo na parte que ten que ver co voluntariado novo e co traballo cos adolescentes. O voluntariado de mozas e mozos, un grupo que crece, aprende e constrúe en comunidade, forma o grupo “Xermolar”. Para falarnos deste grupo e das súas actividades, temos hoxe connosco a un dos responsables en Cáritas deste voluntariado José María Bocanegra. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
957
Víctor Restrepo: "Si Dios te diese 24 horas para hacer lo que quisiseses, ¿qué harías?
O pasado sábado tivo lugar en Santiago de Compostela un adestramento para iniciarse ás sesións Alpha, coa participación de dez persoas da nosa diocese. Alpha é unha serie de sesións que exploran a fe cristiá e crean un punto de encontro aberto a todos para formularse preguntas e compartir unha acollida comunitaria. Ao mesmo tempo, este mes presentábase na diocese o arranque das catequeses Life Teen, unha metodoloxía internacional de encontros quincenais para adolescentes e mozos entre os 12 e 17 anos, para descubrir a fe nun ambiente de comunidade, diversión e crecemento persoal. Xunto a todo iso, apareceu tamén en Ferrol un grupo impulsado pola UPA Ferrol-Centro de amizade e encontro para a comunidade latina. Para falarnos de todo iso, hoxe convidamos ao sacerdote da UPA Ferrol-Centro, Víctor Restrepo, que está a apoiar estas plataformas de encontro, acollida, primeiro anuncio e nova evanxelización. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
956
Para pensar (23.01.2026): "La vidriera de los mil colores"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse as relixiosas Mercedarias de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 23.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
955
Alberto Leiva: "Nun momento de crise para o coidado da catequese, queremos xuntarnos e compartir experiencias"
O vindeiro sábado 24 de xaneiro Santiago acollerá o Encontro de Catequistas de Galicia, unha cita para medrar na comunidade e na sinodalidade, para renovar o compromiso e afondar na misión catequética hoxe. Para falarnos deste encontro contamos co delegado de catequese da diocese de Lugo e coordinador do mesmo, Alberto Leiva. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
954
Dieudonné Abayizera: "A pesar de nuestras diferencias, todos los cristianos compartimos una misma esperanza"
A música de Taizé sérvenos para falar de ecumenismo, pois entre o 18 e o 25 de xaneiro celebrarase a Semana de Oración pola Unidade dos Cristiáns. Este ano baixo o lema “Un só espírito, unha soa esperanza”. Este ano a Igrexa Apostólica de Armenia foi a encargada de preparar as oracións e reflexións da Xornada. Para falarnos desta convocatoria tivemos connosco ao padre mercedario Dieudonné Abayizera, delegado diocesano de Ecumenismo. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
953
Ángela Requejo: "El Campamento Diocesano permite a las niñas y niños pasar sus vacaciones de otra manera"
Neste canto, El Arrebato fálanos de mochilas, de aventura, seguir un camiño lixeiros de equipaxe. Sérvenos para anunciar que entre o 19 e o 26 de xullo de 2026, centrado no tema das benaventuranzas, vai ter lugar unha nova edición do Campamento Diocesano. Recentemente celebrouse a asemblea xeral do Colectivo e hoxe temos con nós a Ángela Requejo, vogal da coordinadora, con quen falaremos desta cita fundamental no calendario da diocese dirixida aos máis novos. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
952
Para pensar (16.01.2026): "No es el color, es el corazón"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse as relixiosas Mercedarias de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
-
951
Para pensar (09.01.2026): "Uno con Dios (poema de Amado Nervo)"
A sección «Para pensar» é unha reflexión semanal que prepara cada mes unha delegación/secerdote/relixioso/laico da nosa diocese. Durante este mes de xaneiro encárganse as relixiosas Mercedarias de Ferrol. Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 09.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Dirigido y presentado por Baruk Domínguez, ’El Espejo’ es el magazine semanal que da cuenta de la vida y actividad de la Iglesia de Mondoñedo-Ferrol a través de la Cadena COPE (COPE Ferrol y COPE de la Costa-Ribadeo). Hablamos con los todos protagonistas, compartimos las opiniones que más te interesan, las novedades del cine, la música y las redes sociales. Todo ello de una forma amena y entretenida. ¡Nos escuchamos!
HOSTED BY
Diócesis Mondoñedo-Ferrol
CATEGORIES
Loading similar podcasts...