#139 | Festas populares
from Exército Mekemeke Hosted by Sapo Vermello
A loita por atopar mesa na carpa, o ritual do licorcafé ás tantas, a orquestra que toca o mesmo pasodobre tres veces na mesma noite, o momento da "putivolta" que acaba en despedida ata de madrugada, e a inevitable resaca ao día seguinte. Todo isto sazonado con diálogos onde se debaten cuestións esenciais como "é mellor a orquestra Olympus ou a París de Noia?" e cunha reflexión final sobre por que, malia todo, nunca fallamos a unha destas festas. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok. 🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Embed this episode
No transcript yet.