EPISODE · Mar 24, 2017 · 57 MIN
1x16 Postapocalipse
from Loco Iván
Un submarino nucelar coma este ten que estar preparado para o día despois, para a vida nun mundo posnucelar, así que nos adentramos no Mar de Sieverts para obter toda a información necesaria para saber como será o armaxedón. A máis de 50 Roentgens á hora atopamos un montón de novas nucelares, e aínda tivemos tempo para un artista postapocalíptico como poucos, Tom Waits, e puxemos a súa canción "Earth Died Screaming". Limos un fragmento de Metro 2033, de Dimitri Glukhovski, e así poidemos saber que no futuro posnucelar o Che seguirá moi presente. De camiño polo río Tunguska atopamos a Bernal Prieto, recoñicidérrimo ilustrador e impulsor de Autobom, o festival de cómic e autoedución. E tamén mergullámonos na balsa de Chernóbil para falar de After The War, Fallout, S.T.A.L.K.E.R e Apocalypse World. Todo ben, todo no seu sitio. Sonou a música de: Dodheimsgard, "Apocalypticism" Sigue Sigue Sputnik "Love Missile F1-11
Embed this episode
Ready to play
1x16 Postapocalipse
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.