EPISODE · May 12, 2017 · 57 MIN
1x22 Pragas Nucelares
from Loco Iván
As pragas que temos no submarino son os revisionistas, e están a bo recaudo gracias á eficacia do sistema soviético de saúde pública que limpa, cura e desinfecta. Pero tamén viaxamos fora da nosa querida patria para contarvos o que hai nos mundos lonxanos de irás e non volverás, atopando alí outras pragas moito máis interesantes; infeccións terribles e purulentas que poñen en perigo á raza humana, por se non chega consigo mesma. Contamos moitas novidades que atopamos gracias ao periscopio e que non saen nos medios capitalistas, sempre pendentes de ocultarnos as cousas máis atractivas. E para pasar o rato puxemos a música dos Malarians e o seu aire caribeño tan propio dun submarino soviético. Tivemos a sorte de pescar á gran camarada Estíbaliz Espiñeira, muller nucelar onde as haxa que ademáis é poetisa, escritora, cantante, divulgadora científica e deusa tola do olimpo. E tamén contamos relatos recuperados da biblioteca mais húmida de toda a Unión Soviética. Mergullámonos de cheo nos perigos das enfermidades contaxiosas para falar de cine, literatura e videoxogos enfermos. E puxemos a música de Accept, "Pandemic" "Confortably Numb", versión de Piano do clásico de Pink Floyd AC/DC, "The Jack"
Embed this episode
Ready to play
1x22 Pragas Nucelares
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.