EPISODE · May 19, 2017 · 57 MIN
1x23 Meigas
from Loco Iván
"Mouchos, sapos, viuvas de Lugo e reactores nucelares", así é como comenza o conxuro para a queimada de vodka no noso submarino, feita a polonio lento nos fogóns da cociña do camarada Birnarem. A noite meiga foi aquí, no Loco Iván, onde fixemos un aquelarre de novas novidosas e anticapitalistas e contamos unha historia de terror e espanto sacada da nosa biblioteca que xa casi ten arranxada a porta. Limos un fragmento de "Wicked: Memorias Dunha Bruxa Mala", de Gregory Maguire, e puxemos unha canción suave na sala de radio; "Heavy Like a Witch", de All Them Witches. E cando os efluvios do polonio embrutecido con licor café comenzaba a facer efecto, abrimos a escotilla para deixar entrar ao mítico Pemón Bouzas, que nons falou de Meigas, Inquisición e María Soliño. E xa para rematar, mergullámonos no mundo das Meigas no cine, literatura e videoxogos. Unha gran noite que tamén deixou estes alegres temas musicais: Monster Magnet, "19 Witches" Mark Korven, "What When We" Rob Zombie, "American Witch"
Embed this episode
Ready to play
1x23 Meigas
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.