EPISODE · Jun 9, 2017 · 57 MIN
1x25 Alien
from Loco Iván
Algo raro pasou hoxe no submarino que desapareceu media tripulación e houbo un estropicio na sala de máquinas, o cal provocou diversos fallos do sistema. Tal vez foi un Alien ou algo peor, como por exemplo a inutilidade manifesta do camara Lamelov á hora de manexar o reactor nucelar. Aínda con problemas, o noso submarino foi quen de continuar coa súa travesía para falarvos de Alien, a obra mestra de Ridley Scott que deu lugar a todo un universo de misterio e de terror que aínda hoxe perdura, a pesar de que Ridley ya hai moito que perdeu o norte. Alien, o oitavo pasaxeiro, o xenomorfo perfecto e puro que liouna parda na Nostromo estivo hoxe de visita pola nosa nave. E notouse. Tivemos a música de Crobot, ou tentámolo, co tema "The Legend of Spaceborn Killer", que non sonou na Sala de Radio, pero podemos imaxinalo, e abrimos a escotilla para traer a María Núñez, directora do FKM, o festival de cinema fantástico de A Coruña. Falounos do festival e tamén de Alien, e falou ben. E logo megullámonos no mundo de Alien con historias curiosas da película e tamén do videoxogo Alien Isolation. E a música foi de: Ace Freeley, "Outer Space" Alien BSO, "Hunter Hunter" Tool, "Roseta Stoned"
Embed this episode
Ready to play
1x25 Alien
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.