EPISODE · Nov 22, 2021 · 1H
#2 | O catálogo de Nadal
from Exército Mekemeke · host Sapo Vermello
Continúan as batallas do Exército Mekemeke e co obxectivo de seguir sumando forzas que unan a toda a nación.Neste programa Carlos Vieito trae un dos videoxogos que marcou a ferro a súa infancia e co que moita xente tamén medramos. Estamos a falar do Age of Empires. Despois de 16 anos a franquicia destes xogos históricos saca o seu número IV. Desta volta Miguel trae como é de costume un par de pelis "bestas" dese submundo, moitas veces non ben chamado serie B.Como non era de estranar, o xeneral Xubi asáltanos de novo co seu aparente caos para falarnos desa estatua de Benedicto XVI situada ao lado do centro comercial de Cancelas en Santiago de Compostela e que tantas veces cambiou de posición, para logo fiar o seu discurso co noitebus. Vaia xiros de guión!Forza Mekemekes! Seguimos a conquistar as ondas!Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Embed this episode
Ready to play
#2 | O catálogo de Nadal
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.