EPISODE · Nov 22, 2021 · 1H 3M
#3 | Contos con Paula Carballeira
from Exército Mekemeke · host Sapo Vermello
O Exército Mekemeke segue sumando forzas e medrando en galegas adeptas. Paula Carballeira convértese na nosa primeira mekemeke.Isto aparenta que cada vez vai a mellor!Carlos Vieito abre o programa falando dese suposto discurso dun futuro apagón eléctrico que comezou a estenderse polas redes como un rumor para converterse en algo sobre o que preocuparse, ou non.O xeneral mekemeke Miguel colle o relevo para traer o tema da dobraxe no cine escollendo como exemplo a figura dun mestre entre mestres: Constantino Romero. Despois dunha breve entrevista coa mekemeke de honor, Paula Carballeira, Xubi pon fin o programa co seu novo bigote e tamén, de forma secundaria, eses grandes combates, cheos de personaxes icónicas que tanto nos sorprenderon de peques e que seguen en alza como é o mundo da WWF (Pressing Catch). Forma parte da nosa lexión de mekemekes que invadan de risas o mundo e o fagan un chisco mellor. Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Embed this episode
Ready to play
#3 | Contos con Paula Carballeira
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.