EPISODE · Dec 15, 2021 · 1H 4M
#7 | A voces con Monti Castiñeiras
from Exército Mekemeke · host Sapo Vermello
Estamos rematando o ano e o Exército Mekemeke seguimos a dar guerra nos podcasts!Arrincamos o programa falando da Xabaxeración da que moitas e moitos mekemekes formamos parte, onde pasamos media infancia diante do televisor vendo ao Xabarín e as súas series icónicas como As bolas máxicas, Shin Chan, Doraemon, etc. Facemos memoria con Carlos daquelas míticas cancións que soaban entre cada serie como Estou na lavadora ou Carmiña Vacaloura e como non, felicitando o bo traballo das persoas que están detrás do Xabarín Club.Miguel segue coa sección aérea do Exército Mekemeke e o seu labor por promocionar aos amantes das pombas mensaxeiras. Como non, tampouco podía faltar o tráiler para adiviñar de que filme se trata. Desta vez metimos a Keanu Reeves a ver se ti es capaz de sabelo e Xubi comprométese a ver todas as pelis Matrix hoxe mesmo.Cash Converters, o lugar de onde Xubi se inspira para as súas seccións patrocina esta sección. Falamos de parque de atraccións, publicidade para rematar falando de barcos que están dentro de botellas e nos preguntamos como diaños fan para construír estas pedazo maquetas dentro de botellas tan pequenas. Así como das coleccións por fascículos que son case imposíbeis por completar e Xubi nos demostra que ten unha e aínda non a vendeu.Presentación do novo recluta mekemeke que vén formar parte deste exército que medra cada día a paso de xigante, Monti Castiñeiras. Unhas das voces máis recoñecíbeis da Televisión de Galiza e tamén unha das caras máis vistas das nosas series e filmes favoritos. Con Monti falamos e moito sobre o mundo da dobraxe e xogamos a adiviñar que o nome do título da peza audiovisual que está sendo dobrada á nosa lingua. E ti, saberás dicirnos de serie ou filme se trata?Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Embed this episode
Ready to play
#7 | A voces con Monti Castiñeiras
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.