EPISODE · Jan 9, 2026 · 27 MIN
9 de Xaneiro, Actualidade Mediodía
from Actualidade Mediodía
Neste informativo contamos que o Concello da Estrada mobiliza unha nova partida de 2 millóns de euros para mellorar e asfaltar numerosas estradas do rural , nun plan que se está a deseñar tanto co estudo técnico das vías como coa escoita das peticións veciñais. Tamén repasamos a volta ás obras da Praza de Galicia este luns , onde comezarán os traballos de formigonado e empedrado, e que acollerá unha escultura en homenaxe a Castelao e á súa familia no Ano de Virxinia Pereira ️. Falamos ademais da ampliación da formación dixital do programa YoConecto, que ofrecerá seis novos cursos entre febreiro e maio na Casa da Música. E en Guimarei, a veciñanza celebrará este domingo o regreso do Cruceiro da Igrexa ✝️ ao seu lugar orixinal, case catro anos despois de ser derrubado por un camión. A axenda cultural complétase coa nova edición das Noites de Raíz en Callobre . En comarcas, deixamos a última hora dun aparatoso accidente na AP‑9 en Caldas de Reis , con un ferido, e repasamos os orzamentos de Valga, que entran en vigor sen alegacións e superan os 9 millóns de euros . En deportes, o Club Deportivo Estradense despedirá este sábado o Ano do Centenario ⚽ cun partido especial e actuacións en directo , ademais do repaso á xornada futbolística de todos os equipos da contorna.
NOW PLAYING
9 de Xaneiro, Actualidade Mediodía
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·52m
May 14, 2026 ·81m
May 14, 2026 ·45m
May 14, 2026 ·64m
May 14, 2026 ·57m
May 14, 2026 ·1m