PODCAST · news
Actualidade Mediodía
by RadioEstrada
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos.En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí.O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
-
1000
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada pola análise que a veciñanza de Loimil está a realizar sobre o impacto da nova liña de alta tensión que atravesará varias parroquias da Estrada. O PSOE da Estrada critica o retraso das axudas municipais para material escolar e reclama a súa publicación inmediata. A Comunidade de Regantes Presa Nova convoca a súa Xunta Xeral Ordinaria para o 25 de setembro en Oca. A estradense Laura Vázquez gaña o Premio Simbad no MOME coa obra A outra Casa. A Feira do Moble de Galicia presentará este martes a súa 38ª edición na Estrada. A sala Abanca acolle unha nova edición do Mercadiño, con particulares vendendo roupa, libros, xogos e obxectos en desuso. As alumnas do 64 do Inmaculada Concepción celebran a esta hora o seu reencontro. Ata o domingo podemos achegarnos á Praza da Constitución para degustar as hamburguesas de The Burger Top. Callobre celebra hoxe a 25ª edición do Festival Folk de Raíz con obradoiros e catro grupos de música tradicional. E mañá terá lugar tamén en Callobre a quinta Ruta Cabalar con percorrido, cea e música. O Recuncho da Lingua regresa a Radio Estrada o 28 de setembro e este domingo abre xa a súa programación cultural en Berres. En comarcas Ferido nun choque por alcance na N‑525 ao seu paso por Filgueira (Lalín). A Semana Verde relanza a reforma das instalacións hípicas con 837.000 euros e obras desde novembro. A Garda Civil forma en Pontevedra máis de 25 gardas rurais para mellorar a resposta ante situacións de emerxencia. En deportes A xornada ligueira deixa, entre outros, dous enfrontamentos destacados: Arteixo – Estradense e Sporting Estrada – Combarro. O compañeiro Rafa Vázquez traerá toda a información dos equipos da contorna, nunha fin de semana na que comeza tamén a competición no fútbol sala. Máis de 200 deportistas competirán este sábado na Estrada no IV Open de Australianas e Bandeiras.
-
999
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada porque a avaría no abastecemento de auga do polígono de Toedo quedou reparada na tarde de onte. O Concello da Estrada contrata unha empresa especializada para preparar as alegacións á nova liña de alta tensión A Estrada‑Paizás, un proceso no que asociacións e veciños poden presentar reclamacións de xeito gratuíto. O Pazo de Oca pecha a tempada alta con 3.411 visitantes no Punto de Información Turística. Tamén coñecemos que o Concello mellora o campo de fútbol de Nogueira con novos accesos e unha grada. Desde hoxe regresa á vila The Burguer Top coa súa oferta de hamburguesas. A Estrada acolle esta tarde a entrega do V Premio Simbad de literatura infantil e xuvenil. AGADEA chama á participación na IX Andaina Teatralizada Os Camiños da Memoria. ACOE celebra esta tarde na Praza da Farola a súa Minifeira da Volta ao Cole, coa presenza do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén. E as antigas alumnas do 64 do Inmaculada Concepción reúnense mañá para revivir os seus anos de instituto. En comarcas Accidente na recta de Piloño con dúas mulleres feridas. A Asociación de Gandeiros Elas Eles alerta do paradoxo entre Europa e España na regulación ambiental das granxas de vacún. “A luz de quedar”, de Francisco Javier Vázquez Losada, gaña o XI Concurso Balbino de Relatos. En deportes Esta noite preséntase o 9º RallyMix Cuntis Vila Termal.
-
998
Informativos Radio Estrada
O día chega marcado polo inicio dun novo curso escolar. Titulares Accidente sen feridos na PO‑7001, rexistrado na tarde de onte ao seu paso por Tabeirós. Corte de auga no polígono de Toedo desde as 15:00 horas por unha avaría importante. Arrinca o curso na Estrada cos exteriores dos centros educativos acondicionados polo Concello, tanto na vila como no rural. A campaña Volta ao Cole de ACOE cambia de localización e trasládase á Farola. Semana Cultural de Guimarei do 14 ao 18 de setembro, con cinco días de actividades gratuítas. Portas abertas de Latexo Percusión do 14 ao 17 de setembro. En comarcas As familias do CPI de Rodeiro esixen condicións dignas ante as deficiencias do centro. En Caldas de Reis, Arcos da Condesa celebra os seus 80 anos cunha homenaxe aos once presidentes da entidade. En deportes Fazaña histórica para o Tenis Recreo Cultural: o equipo feminino logra a permanencia en Segunda e o masculino debuta cun 6‑1 en Terceira División. A Estrada acolle este sábado o IV Campionato Open Australianas e Bandeiras.
-
997
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega marcada por un accidente na N‑640 en Cuntis, no que tres persoas resultaron feridas de gravidade. Ademais, un turismo acabou fóra da calzada na rúa Vintecinco de Xullo, na Estrada. A conselleira do Medio Rural visitou esta mañá unha plantación de maceiras para sidra na Estrada, nun momento no que o rural recibirá 9,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade en máis de 300 vías e núcleos. Tamén coñecemos que xa están asinados os acordos cos propietarios da Carballeira de Melania e que esta tarde varias zonas da Estrada poderán sufrir un corte de luz puntual de ata cinco minutos. En comarcas Explosión na subestación de Tivo: un transformador arde por completo. Silleda incorpora intelixencia artificial á Liña Verde para indicar onde tirar cada residuo. O sector gandeiro galego pide adaptar o Plan de Abonado ao minifundio. En deportes A camiseta do CD Estradense leva no seu deseño as 51 parroquias do municipio, desvelada na festa de presentación do equipo na noite de onte.
-
996
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns abre cun motorista ferido en Curantes tras saírse da vía. Tamén lembramos o incendio rexistrado o sábado en Souto. No ámbito xudicial, o Tribunal de Instancia da Estrada dita unha sentenza que anula un crédito persoal e o uso de tarxetas por abusos contractuais. A Torre de Guimarei volve á palestra no pleno municipal, mentres as piscinas municipais pechan a tempada con preto de 10.000 accesos. A praia fluvial de Liñares será reformada cun investimento de 1,5 millóns e a Estrada prevé máis de 2.100 matriculacións para o curso 2026/27. A Xunta de Goberno aborda hoxe as subvencións aos grupos políticos e xa está dispoñible a lista do sorteo para o Tribunal do Xurado. Esta tarde, os nenos saharauís que estiveron este verán na Estrada regresan ós seus campamentos. En comarcas Incendio na subestación de Tivo: un transformador arde por completo. Escuadro estrea o primeiro centro dinamizador de Silleda. Forcarei renovará o alumeado público con tecnoloxía LED en sete núcleos. En deportes A liga arrinca con derrotas para o CD Estradense e para o Sporting Estrada. O compañeiro Rafa Vázquez traerá todos os resultados dos equipos da contorna. Hoxe, ás 21:00, festa de presentación do CD Estradense na Praza de Galicia.
-
995
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns abre cun motorista ferido en Curantes tras saírse da vía. Tamén lembramos o incendio rexistrado o sábado en Souto. No ámbito xudicial, o Tribunal de Instancia da Estrada dita unha sentenza que anula un crédito persoal e o uso de tarxetas por abusos contractuais. A Torre de Guimarei volve á palestra no pleno municipal, mentres as piscinas municipais pechan a tempada con preto de 10.000 accesos. A praia fluvial de Liñares será reformada cun investimento de 1,5 millóns e a Estrada prevé máis de 2.100 matriculacións para o curso 2026/27. A Xunta de Goberno aborda hoxe as subvencións aos grupos políticos e xa está dispoñible a lista do sorteo para o Tribunal do Xurado. Esta tarde, os nenos saharauís que estiveron este verán na Estrada regresan ós seus campamentos. En comarcas Incendio na subestación de Tivo: un transformador arde por completo. Escuadro estrea o primeiro centro dinamizador de Silleda. Forcarei renovará o alumeado público con tecnoloxía LED en sete núcleos. En deportes A liga arrinca con derrotas para o CD Estradense e para o Sporting Estrada. O compañeiro Rafa Vázquez traerá todos os resultados dos equipos da contorna. Hoxe, ás 21:00, festa de presentación do CD Estradense na Praza de Galicia.
-
994
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres abre coa despedida ós tres cativos saharauís acollidos este verán, ós que o Concello agarda volver recibir o próximo ano. A Estrada abre o prazo de inscrición para a terceira quenda da actividade de piscina para maiores de 50 e reforzará durante un ano o servizo de orientación laboral cun novo técnico. A semana que vén chega á vila The Burguer Top, a festa das hamburguesas, que se celebrará de xoves a domingo. A asociación Bonsái A Estrada organiza mañá un obradoiro a cargo de Juan María Calvo. O Concello lembra que ata o día 10 segue aberto o prazo para solicitar as bolsas para alumnado con necesidades específicas. As webs dos centros educativos públicos galegos renovaranse para ser máis sinxelas e accesibles. As persoas interesadas na campaña de recollida da mazá teñen hoxe unha reunión informativa no MOME. E esta noite, San Xurxo de Vea encherá de música e tradición a súa Noite Folk. Todo está preparado tamén para o Encontro da Cruz da Grela, en Codeseda. En comarcas Unha avaría na catenaria en Padrón provoca atrasos e dous transbordos na liña Santiago‑Vilagarcía. Teo acolle esta tarde a inauguración da exposición de Manuel Quintana Martelo. O Campo Lameiro aposta por unha Festa dos Mozos con música galega para todos os gustos. En deportes O Estradense abre o domingo ás 7 a nova tempada no Novo Municipal ante a SD Sarriana, e o compañeiro Rafa Vázquez traerá toda a información do fútbol da contorna. A Estrada reúne este sábado ós mellores xogadores galegos de bádminton no Coto Ferreiro.
-
993
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves abre cun accidente na PO‑841, onde un condutor tivo que ser trasladado ao hospital despois de saírse da vía coa súa furgoneta nas inmediacións da rotonda de Toedo. Á falta de máis de tres meses, A Estrada comeza a preparar o Nadal, mentres o pleno de hoxe abordará o protocolo de cooperación con Rianxo no proceso de irmandamento entre ambos concellos. A Estrada inaugurou esta mañá a exposición “Castelao Grafista. Facsímile” na Casa das Letras, e a mocidade estradense está presente entre as candidaturas aos Premios Provinciais á Xuventude, que este ano alcanzan unha cifra récord. Tamén coñecemos que a unidade móbil da ITV chegará á Estrada en outubro para realizar inspeccións, e que o Conservatorio de Música abre a matrícula para o grao de iniciación e novas especialidades. A Fundación Salma presentou hoxe na Estrada a súa rede de apoio á saúde mental, e Ullama convoca unha reunión informativa para as persoas interesadas na campaña de recollida da mazá, que será mañá no MOME. En comarcas Atropelo en Forcarei con feridas leves. Cuntis, Barro, Moraña e Portas unen forzas para previr condutas adictivas. A Semana Verde prepara en Silleda unha edición especial polo Xacobeo 2027. A UNED de Lalín pon en marcha un curso para aprender a escribir, publicar e vender un libro. O programa +Bosques leva as súas últimas rutas do ano a Silleda e Pontevedra, con todas as prazas cubertas. En deportes Migui regresa ao Estradense para reforzar o ataque a poucos días do inicio da liga; falamos con el e con Toño Camba.
-
992
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores chega marcada pola concentración convocada pola FEGAMP ante a situación que se vive en Ceuta. A Estrada súmase á mobilización, que busca expresar solidariedade, defensa da convivencia e rexeitamento da violencia. A cita será hoxe ás 20:00 h na Praza da Constitución, e o presidente do PP estradense, Gonzalo Louzao, anima á veciñanza a participar nesta reivindicación. Titulares do día O Concello solicita ao Sergas un sistema de alimentación ininterrompida para protexer os equipos informáticos do centro de saúde de Oca ante os microcortes eléctricos. O pleno de mañá abordará o protocolo de cooperación con Rianxo no irmandamento co Concello da Estrada. O Obradoiro de Emprego mellora as zonas axardinadas da Rúa da Cultura. O Concello protexe os cadros eléctricos da Alameda para evitar manipulacións e accidentes. A Estrada inaugura mañá a exposición “Castelao Grafista. Facsímile” na Casa das Letras. O PSOE pide recuperar a liña discontinua na baixada de Baloira. A Fundación Salma presenta mañá na Estrada a súa rede de apoio á saúde mental. A Escola da Banda Municipal abre o segundo prazo de matrícula para o curso 2026/2027. Hoxe realizarase un corte nocturno da AC‑841 en Pontevea por obras de mellora do firme. En comarcas A Xunta reclama case 1,6 millóns de euros a UFD polo incendio de Padrón. O Concello de Cuntis denuncia esperas de ata 21 días para conseguir cita médica e considera insuficiente a resposta do Sergas. Moraña contará con 417.800 euros para crear unha senda peonil e mellorar espazos públicos en O Buelo. Silleda Activa retoma a actividade con 149 participantes e 33 persoas en lista de espera. En deportes O CD Estradense presentará o 7 de setembro a nova tempada na Praza de Galicia. A Estrada acolle este sábado o Máster Territorial de Bádminton N6.
-
991
Informativos Radio Estrada (31/08/26)
A actualidade deste Luns chega marcada por un accidente cun motocultor en Orazo, no que resultou ferida unha muller. Tamén seguimos o futuro da liña de alta tensión ata Paizás, cuxo estudo ambiental queda agora exposto ao público. No ámbito municipal, o Concello continúa avanzando na creación dun espazo verde de 6.000 m² na Carballeira de Melania, e coñecemos o caso da xoiería Druída, exemplo do novo programa da Xunta para formar aprendices en oficios artesanais. A cultura tamén é protagonista coa elección de Montse Varela como gañadora do Premio Avelina Valladares pola obra Fendas na Bretema, que se entregará o 26 de novembro no Teatro Principal. Ademais, algunhas zonas deberán resintonizar a TDT, e o IES Losada Diéguez abre mañá o prazo de matrícula para as ensinanzas de adultos. Pechamos o bloque local coa oferta formativa da Agasp, que pon á disposición da Policía Local máis de 500 prazas de formación. En comarcas Suceso en Verdía — Un home de 76 anos faleceu ao caer co coche ao río Tambre. Actos vandálicos en Silleda — A Policía Local investiga danos no parque infantil e no campo de fútbol de Laro. Restos óseos na praza da Igrexa — A aparición de restos do antigo cemiterio paraliza temporalmente as obras do parque infantil. Cargadores eléctricos en Cuntis — O PP denuncia que levan todo o verán fóra de servizo. En deportes Iziar Barcala no Mundial Júnior — Representará a España no Mundial de Exipto, onde competirá contra as mellores promesas da categoría. Campus Deportivo — Pecha hoxe a última quincena, poñendo fin á edición deste verán. Triangular do Sporting — Rematou coa vitoria do CD Estradense. Triangular do Berres — O Flavia proclamouse campión. Nico Lorenzo — Cuarto no Campionato Galego de Trail Running sub‑18.
-
990
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste Martes chega marcada pola limpeza de 547 parcelas que o Concello da Estrada require para previr o risco de incendios. Tamén arrincan en Codeseda as obras para mellorar e poñer en valor a contorna da Carballeira da Sagrada, e coñecemos que Taboada Ramos e Instalacións Eléctricas Terca asumirán a reforma do Novo Municipal. A Estrada suma cinco asociacións aos primeiros cursos do programa +Xuntas da Deputación, mentres o BNG critica ao PP por estudar o alugueiro da Carballeira de Melania e denuncia falta de planificación. Ademais, a Feira do Moble de Galicia reunirá medio cento de expositores na Estrada entre o 17 e o 20 de setembro. No ámbito educativo, a ANPA do Pérez Viondi convoca para hoxe unha reunión sobre o comedor escolar. E na cultura, Orazo prepara tres días de teatro con seis grupos na XVIII Mostra de Teatro Afeccionado. En comarcas A Xunta e a Deputación suman máis de 600.000 euros para impulsar a reforma do pavillón de Tenorio. En Cuntis, ábrese a matrícula da Escola Municipal de Música para o curso 2026‑2027 e prevese restablecer nas vindeiras semanas os puntos de recarga eléctrica. En Caldas de Reis, o Concello limpará en setembro o tramo urbano do río Umia. E os gandeiros galegos reclaman estar nas mesas de control da Lei da Cadea Alimentaria. En deportes O Concello da Estrada abre a matrícula para as 14 escolas deportivas municipais do curso 2026‑2027. O A Estrada Basket prepara As 5 de AEB, un partido de seis horas con todas as categorías. E o Club Bádminton A Estrada dá a coñecer os horarios da tempada 2026‑2027.
-
989
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada pola nova senda peonil e ciclista que conectará A Estrada co polígono de Toedo, unha actuación adxudicada pola Xunta por máis dun millón de euros e que suporá unha mellora destacada na mobilidade e na seguridade da zona. Tamén coñecemos os detalles da nova aula para nenos con TEA, que Aspanaes porá en marcha nun local municipal cedido polo Concello, despois de descartarse a súa instalación no colexio de Vea. A xornada de mañá estará marcada pola tradición: a corporación municipal iniciará oficialmente o novo curso político coa peregrinación aos Milagres de Requián, onde xa está todo preparado para celebrar o Día Grande. No ámbito da vivenda, analizamos o interese crecente da Estrada como alternativa residencial próxima a Santiago, nun momento no que a demanda de alugueiro continúa superando a oferta. E pechamos o bloque local cunha noticia vinculada ao mundo cinexético: a Sociedade Deportiva Río Ulla recibirá 2.542 euros da Deputación para melloras no Tecor. En comarcas En Cerdedo‑Cotobade, este sábado Feijóo e Rueda escollerán o municipio para abrir o curso político do Partido Popular, nun acto que reunirá a destacados representantes da formación. En Moraña, veciñanza e colectivos traballan na creación dunha Plataforma pola Sanidade Pública para reclamar máis recursos e melloras no centro de saúde. En Cuntis, esta noite celebrarase unha visita nocturna aos petróglifos de A Ran, guiada por Fran Ameixeiras, cun percorrido de cinco quilómetros desde a Praza das Árbores. En Padrón, o Concello quere recuperar a sala de espera da estación da Matanza, actualmente pechada. E en Silleda, este domingo os clubs de fútbol do municipio participarán nunha xornada de convivencia para fortalecer vínculos fóra dos terreos de xogo. En deportes O CD Estradense sumou unha nova vitoria por 2–0 fronte ao Arzúa no derradeiro partido de pretempada disputado no Novo Municipal. Mañá volverá a Arzúa para enfrontarse ao Compostela, ás sete da tarde. A Estrada acolle desde hoxe un curso de adestrador de nivel 1 en bádminton, mentres o Club Bádminton A Estrada mantén abertas as inscricións para a nova tempada. A fin de semana chega cargada de propostas: dous triangulares de fútbol organizados polo Sporting Estrada e o Bérres, a andaina “Goza do Ulla”, e a última parada do Circuíto 3x3 de baloncesto. Fóra da casa, boas actuacións dos deportistas estradenses: Adrián Picallo foi quinto no Triatlón Concello de Allariz, e Nico Lorenzo, do Atletismo A Estrada, competirá este domingo no Campionato de Galicia de Montaña.
-
988
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores abre cun suceso acontecido esta noite, despois de que un varón resultase ferido ao precipitarse desde un segundo andar, tendo que ser trasladado ao hospital, segundo informan desde Emerxencias A Estrada. Tamén estaremos pendentes do aviso amarelo previsto para hoxe en Galicia, con chuvias intensas, treboadas e fortes refachos de vento, e do rescate dun gato que se refuxiara no motor dun vehículo e que foi liberado polos servizos de emerxencias. No apartado municipal, coñecemos como A Estrada pechou o ano 2025, cunhas contas marcadas polo pagamento de 2,8 millóns de euros pola RPT e cunha redución da débeda. En educación, modifícanse as unidades e o cadro docente en tres colexios da Estrada. E pechamos cunha oportunidade laboral: Ullama busca arredor dunha vintena de persoas para participar na recollida da mazá de sidra no municipio. En comarcas En Boqueixón, o Concello investirá case 450.000 euros en 22 obras destinadas a mellorar estradas e infraestruturas municipais. En Cerdedo‑Cotobade, continúa a aposta pola vivenda pública, coa previsión de incorporar dous novos inmobles en San Pedro de Parada. E en Lalín, xa está todo preparado para unha nova edición do Stock Outlet, que reunirá 30 comercios con descontos de, como mínimo, o 60%. En deportes O xinete estradense Pedro Barros proclámase campión galego de salto, logrando o ouro xunto ao seu cabalo Famous dos Fidalgos. No fútbol, o CD Estradense afronta esta tarde, ás 20:30 horas, o seu último partido de pretempada na casa, fronte ao Arzúa, no Novo Municipal. E mirando cara á fin de semana, a actividade deportiva será intensa: o sábado celebrarase a andaina “Goza do Ulla”, xunto a dous torneos triangulares de fútbol, o do Sporting Estrada e o do Berres.
-
987
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega marcada por un accidente no Castroloureiro, que provocou importantes retencións durante unhas catro horas, aínda que afortunadamente non houbo feridos. Tamén repasamos os investimentos municipais anunciados hoxe: dúas mesas de contratación que mobilizan máis de 1,2 millóns de euros para asfaltados e a adxudicación dun camión 100% eléctrico destinado á recollida de biorresiduos. As chuvias deixaron un pequeno respiro na situación de seca, mentres que 57 veciños da Estrada poderán beneficiarse do programa provincial de termalismo +Benestar. No ámbito social, ACOE prepara unha minifeira da Volta ao Cole, e en San Miguel de Castro xa colgaron o cartel de completo para a excursión a Asturias prevista para o 26 e 27 de setembro. En comarcas A seca continúa condicionando a actualidade. Ames mantén todas as restricións de auga ante a falta de recursos. En Teo, a mirada ponse na celebración da XXV edición do Concurso Morfolóxico Cabalar de Ribas, que reunirá de novo aos amantes do mundo ecuestre. En Valga, unha trintena de espazos compiten por ser os mellor coidados pola veciñanza, nunha iniciativa que recoñece o compromiso coa mellora dos lugares. E a Deputación de Pontevedra esgotou en menos dun día todas as prazas do programa +Bosques para setembro, mostrando o interese polas actividades de natureza. En deportes A estradense Iziar Barcala pecha a súa participación no Campionato Europeo Júnior de Bádminton, caendo nos dobres nun axustado terceiro set por 21–19. O CNS A Estrada destaca tanto na tecnificación de praia como no Circuíto Galego de Augas Abertas.
-
986
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns chega con movemento nas infraestruturas e servizos municipais da Estrada, e tamén con proxectos que quedan definitivamente atrás. O proxecto eólico Pico Touriñán queda arquivado, mentres avanzan novas actuacións para mellorar camiños e espazos municipais en Callobre e se anuncian obras de conservación nas estradas provinciais. Tamén lembramos que hoxe remata o prazo para optar á poxa de cinco terreos rústicos no municipio. No ámbito político, o BNG pide explicacións á Xunta pola situación do IMELGA e reclama garantías para que A Estrada non perda servizos esenciais. A xornada deixa tamén espazo para a cultura e a memoria local: presentáronse no Concello a andaina teatralizada “Os Camiños da Memoria”, promovida por Agadea, e os Premios Simbad, dúas iniciativas que poñen en valor a historia, a participación e o talento da contorna. En comarcas O BNG alerta dunha posible crise forraxeira no Deza, Tabeirós e Terra de Montes debido á seca, e reclama medidas de apoio ao sector gandeiro. En Cerdedo, a cultura será protagonista coa chegada de “Retrincos de Castelao”, o espectáculo de Artefeito que achega, desde o humor, a visión do autor sobre Galicia. E en Dozón, a Bonoloto deixa máis de 58.000 euros grazas a un boleto selado no bar Cantón. En deportes A estradense Iziar Barcala pecha o cadro individual do Europeo e céntrase agora nos dobre. O CD Estradense continúa a pretempada e repasamos o triangular disputado o sábado en Cambados. Ademais, o Campus Deportivo de Verán trasladouse ó Parque Acuático de Cerceda.
-
985
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada pola avaría da compañía R, que deixou sen conexión a Internet a centos de usuarios da Estrada e Cuntis, e polo corte de auga provocado por un camión que rompeu unha tubaxe na rúa Antón Losada Diéguez. No apartado social, contamos a saída dos participantes do Campamento do Mar, que esta mañá puxeron rumbo á illa de Ons. Tamén repasamos as demandas políticas locais: o PSOE pide ao Concello medidas para obrigar á limpeza dos solares urbanos abandonados, mentres que o BNG reclama solucións aos microcortes eléctricos e alerta das consecuencias que están a ter no centro de saúde de Oca. E pechamos cunha chamada á solidariedade: esta tarde e mañá pola mañá poderán achegarse á unidade móbil de doazón de sangue para colaborar con esta importante campaña. En comarcas A auga volve ser protagonista. En Lalín, o Concello recupera progresivamente o subministro tras os cortes dos últimos días e reclama explicacións á empresa concesionaria. En O Campo Lameiro, a escaseza obrigou a pechar temporalmente a piscina municipal, mentres que en Rodeiro se pide á veciñanza que reduza o consumo ante a baixada do caudal do río Arnego. En Teo, a plataforma Stop Planta de Residuos de Cacheiras reclama maior implicación municipal para frear o proxecto da planta de residuos. E este domingo, a Deputación de Pontevedra acollerá 140 nenos e nenas nos campamentos da Lanzada, entre eles seis de Cuntis e un de Cerdedo‑Cotobade. En deportes A estradense Iziar Barcala remata o Europeo Júnior por Equipos cun quinto posto e comeza agora a competición individual e en dobre. O CD Estradense perde por 2‑1 no campo do Vilalonga, e A Estrada convértese desde hoxe nun dos puntos de referencia do tenis galego.
-
984
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada pola poxa de dúas parcelas rústicas no municipio e polo irmandamento aprobado por unanimidade entre A Estrada e Rianxo, cuxa sinatura oficial terá lugar o 19 de outubro. Tamén coñecemos as novidades da Escola Municipal de Artes Escénicas, que abriu xa a matrícula para o novo curso e contará cun texto de Paula Carballeira sobre Virxinia Pereira. Ademais, regresan os Xoves de Verán á Praza do Concello con música e actividades, continúa a novena dos Milagres de Requián e lembramos que a unidade móbil de doazón de sangue estará mañá e o sábado na Estrada. En comarcas En Cuntis, o PP denuncia novos episodios de contaminación no río Gallo e cuestiona a xestión da depuradora de Meira. En Silleda, asistimos á inauguración do mural “Lección da empanada”, realizado polo artista Yoseba MP, e coñecemos a denuncia do BNG polas perdas de auga potable na parroquia de Ponte, nun momento marcado pola alerta por seca. Ademais, Lara Meneses visitou esta mañá o Campamento Xuvenil de Pontemaril, en Forcarei, e Boqueixón anuncia un investimento de 70.000 euros para ampliar a rede de saneamento e avanzar cara á cobertura total do municipio. En deportes O Estradense visita este xoves ao Vilalonga no campo de O Revel. A estradense Iziar Barcala segue destacando co combinado español no Europeo Júnior de Bádminton, sumando unha nova vitoria fronte a Hungría. Tamén comeza hoxe o torneo Xacobeo de pádel, que se desenvolverá ata o día 29, e lembramos que A Estrada acollerá o 29 de agosto unha nova ruta do programa “Goza do Ulla”.
-
983
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores chega marcada pola reparación da avaría no subministro de auga que afectou esta mañá á zona comprendida entre as rúas Justo Martínez e Castelao. Tamén analizamos a situación de seca na conca do Lérez, nun contexto no que A Estrada mantén, polo momento, unhas reservas de auga en condicións favorables. Miramos ao verán estradense para coñecer como está a evolucionar a chegada de visitantes e turistas ao municipio. E estaremos pendentes da proposta de irmandamento entre A Estrada e Rianxo, que será estudada hoxe. En comarcas En Silleda, o Concello reforza o abastecemento e a depuración de auga cun investimento que supera os 40.000 euros. En Cerdedo‑Cotobade, dúas familias recibiron xa as chaves das novas vivendas municipais de Carballedo destinadas ao alugueiro social. Analizamos tamén as dificultades dos pequenos concellos da comarca Ulla‑Umia pola falta de funcionarios, que está a complicar a xestión municipal. E coñecemos o dispositivo da Garda Civil na provincia de Pontevedra para controlar os espectáculos pirotécnicos e garantir que se desenvolvan con todas as medidas de seguridade. En deportes A estradense Iziar Barcala debuta con España no Europeo Júnior de Bádminton cunha vitoria ante Islandia. Ademais, A Estrada reúne 119 parellas que participarán no torneo Xacobeo de pádel, cuxos sorteos e horarios quedaron fixados hoxe para unha competición que se desenvolverá desde mañá ata o sábado 29.
-
982
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste Martes chega marcada por un atropelo na N‑640, que deixou unha persoa ferida. Tamén lles contamos a visita do conselleiro de Educación ao centro loxístico de Toedo, así como os microcortes eléctricos que están afectando a varias parroquias do concello. Repasamos os detalles da rehabilitación da N‑640, novas actuacións urbanísticas e de mantemento, e o proxecto do futuro helipuerto de emerxencia en Oca. Ademais, falamos da restauración da Inmaculada da Praza da Igrexa, dunha nova poxa de parcelas rústicas e do regreso de Alcampo á Estrada, que suporá a creación de 15 novos postos de traballo. En comarcas O deporte será protagonista en Cerdedo‑Cotobade, que acolle o primeiro Triangular de Veteranos, reunindo ao Huracán, Tenorio e Caroi. En Ames, motores, música e rock únense na terceira edición do BikeShow Bertamiráns, unha proposta de ocio destacada para esta fin de semana. En deportes Dúas deportistas do CNS A Estrada representarán a Galicia no Campionato de España. Ademáis, o Manuel Regueiro acollerá o 29 de agosto o VI Triangular Concello da Estrada, unha das citas deportivas sinaladas do verán.
-
981
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada pola decisión da Xunta de declarar a emerxencia cinexética en toda Galicia para controlar a poboación de xabarís. Tamén repasamos as actuacións que se están a desenvolver nas rotondas da PO‑841 ao seu paso polo casco urbano da Estrada para reforzar a seguridade viaria, así como o avance das obras do novo tramo da AG‑59 entre Pontevea e O Rollo. Contamos as novas medidas da Xunta para facilitar o acceso á vivenda ás familias numerosas. Achegámonos á campaña de doazón de sangue “Un alento de vida”, que fai parada hoxe na Estrada, e informamos da repartición de gafas especiais para seguir con seguridade o eclipse solar do vindeiro 12 de agosto. Falamos tamén da Lotería de Nadal 2026, coa comisión de festas do San Paio 2027 xogando integramente o número 34.870. Tentamos contactar coa agrupación Tequexetéldere, que xa se atopa en Lorient para participar durante toda a semana no festival intercéltico. Na axenda cultural, a Banda Municipal da Estrada actuará mañá no Festival de Bandas Centenarias de Ponteareas. Ademais, repasamos o programa da 48ª Festa do Escalo de Couso, que reúne gastronomía, música e o tradicional concurso de pesca, e pechamos contando que catro nenos e nenas da Estrada participarán desde este domingo nos campamentos da Lanzada. En comarcas Informamos da investigación a un veciño de Caldas de Reis, sorprendido conducindo en Sanxenxo co carné suspendido por orde xudicial. Tamén falamos da decisión do Goberno de declarar Padrón como zona afectada gravemente polo incendio forestal do pasado mes de xuño. En Vila de Cruces, este domingo organizarase unha observación solar con telescopio, aberta ao público. E en Valga, está en marcha o concurso para escoller o cartel da XXXVI Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. En deportes O Estradense abre este sábado a tempada oficial co derbi da Copa Federación fronte ao Lalín, cun prezo único de 10 euros para as entradas. Tamén repasamos a XXX Subida A Estrada, que reunirá esta fin de semana a 78 pilotos. Ademais, tres atletas do Atletismo A Estrada competirán no Campionato Galego de 10 km en ruta este sábado. E pechamos coa clausura dunha nova quenda do campus deportivo, que volve reunir numerosos rapaces arredor da práctica deportiva durante o verán.
-
980
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves, 30 de xullo, chega marcada polas investigacións en Codeseda para determinar o destino dunha parte importante da auga que se consume na zona. Lembramos tamén que este xoves remata o prazo para solicitar as axudas ao saneamento no rural, con fondos aínda dispoñibles. Ademais, comezan os traballos previos ás obras do parque de Figueiroa, unha actuación que permitirá avanzar na mellora deste espazo público. A Comisión de Organización abordará este xoves a proposta de fixar os festivos locais de 2027. Repasamos tamén as novidades na fonte da Praza de Galicia, lembramos que esta tarde haberá unidade móbil de doazón de sangue e falamos da campaña da Garda Civil para previr agresións e casos de submisión química durante as festas de verán. Miramos cara a Portugal coa presentación da nova guía do Camiño da Geira e dos Arrieiros, seguimos a viaxe de Tequexetéldere cara ao Festival de Lorient, avanzamos detalles da festa anual da Banda Municipal e pechamos cun chamamento solidario da Hermandade de Venezolanos da Estrada para colaborar no envío de medicamentos ao seu país. En comarcas A Banda de Música de Caldas representará a Galicia esta fin de semana nun dos certames máis prestixiosos do mundo para formacións de vento, considerados os “Xogos Olímpicos” das bandas. Ademais, a Festa do Pemento de Herbón suma un novo recoñecemento: a ONCE dedicará por primeira vez un dos seus cupóns a esta celebración, levándoa a millóns de fogares de toda España. En deportes Ultímanse os flecos da 30ª edición da Subida á Estrada, e falamos co presidente estradense para coñecer os detalles finais desta cita deportiva.
-
979
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores chega marcada por un incendio nunha vivenda de Guimarei, que quedou controlado sen provocar danos de consideración. Tamén repasamos o avance das obras de mellora na PO‑841, que están a ocasionar retencións puntuais mentres se completa o pintado da vía. O Concello da Estrada vén de adxudicar a ampliación do parque infantil de Figueiroa, unha actuación que permitirá gañar espazo de xogo nunha das zonas con maior poboación nova da vila. Pasamos tamén pola Praza de Galicia, onde esta mañá se realizou a limpeza da fonte tras as celebracións das últimas semanas. Falamos de solidariedade: A Estrada volveu superar as 1.260 doazóns de sangue nun ano e participa na campaña especial de verán para reforzar as reservas dos hospitais galegos. No tramo final, achegámonos á parroquia de Frades para coñecer as novidades da Romaría dos Milagres de Requián, que se celebrará os días 28 e 29 de agosto. E pechamos coa cultura e a música tradicional, porque Tequexetéldere emprende hoxe viaxe cara a Lorient para representar a Galicia nun dos festivais intercélticos máis importantes do mundo. En comarcas En Teo, o Pleno debate cambios no Plan Xeral para flexibilizar a construción e a aprobación da primeira ordenanza municipal de residuos. En Bertamiráns, a Xunta anuncia o impulso dun novo parque empresarial de preto de medio millón de metros cadrados. E en Ponte Ledesma, xa se ultiman os preparativos para recrear o vindeiro 9 de agosto as emboscadas contra o exército de Napoleón, unha cita que combina historia, cultura e centos de visitantes. En deportes Facemos balance da tempada de taekwondo da Escola PHI, onde Roi Fraga conquistou o ouro sénior no Portugal Open, no seu debut internacional absoluto.
-
978
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega cun recordatorio importante do Concello: este xoves remata o prazo para solicitar as axudas ao saneamento no rural, con fondos aínda dispoñibles. Tamén lles contamos como quedou a Fervenza de Callobre tras a rehabilitación realizada polo Obradoiro de Emprego, que converte este espazo nun lugar máis seguro para as visitas. A comisión informativa abordará este xoves a proposta de fixar os festivos locais de 2027 nos días 24 e 25 de xuño. Falamos tamén do Campamento do Mar, que recibiu preto dun cento de solicitudes para só 52 prazas e que publica hoxe a listaxe de admitidos. E miramos cara a Francia, porque Tequexetéldere parte mañá rumbo ao Festival Intercéltico de Lorient, onde tamén estará presente a ilustradora estradense Rosa de Cabanas cunha mostra de quince das súas obras. En comarcas En Silleda, adxudícanse as obras do saneamento de Maceira Boa, cun investimento superior aos 142.000 euros. En Forcarei, o Concello saca a licitación a mellora de viarios rurais nas parroquias de Alende e Muras, cun orzamento de preto de 107.000 euros. E en Valga, o Concello recorrerá a sentenza do TSXG que lle nega o cobro do IBI da AP‑9, acusando a Audasa de beneficiarse dun trato fiscal inxusto. En deportes O Estradense abrirá a liga na casa fronte á Sarriana o 6 de setembro e pechará tamén no Novo Municipal o 9 de maio, fronte ao Antela.
-
977
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns chega marcada pola volta da calor, coa Axencia Estatal de Meteoroloxía activando o aviso laranxa por altas temperaturas no interior da provincia de Pontevedra, polo que será necesario extremar as precaucións nas horas centrais do día. Repasamos tamén os asuntos que aborda hoxe a Xunta de Goberno Local da Estrada, entre eles a compra dun novo vehículo para a recollida de biorresiduos e o expediente para licitar un plan de asfaltado no rural cun investimento de dous millóns de euros. Ademais, coñecemos a mellora no control da auga en Codeseda, onde a sectorización da traída xa permite reducir consumo e detectar fugas con maior rapidez. Noutra orde de cousas, o Concello publicará mañá a lista de admitidos no Campamento do Mar da Illa de Ons. A lingua galega tamén é protagonista: a Deputación concede ao Concello 6.350 euros para dinamización lingüística, e hoxe comeza un curso de lingua e cultura galega dirixido a persoas procedentes de fóra de Galicia. Pechamos o bloque local coa valoración do BNG da Estrada sobre o novo aparcadoiro para camións, unha infraestrutura que, segundo os nacionalistas, levaban catro anos reclamando. En comarcas A Deputación de Pontevedra mobiliza máis de 6,4 millóns de euros nunha nova convocatoria de axudas para entidades, clubs deportivos e proxectos de enerxías renovables. En Touro, o colectivo Gandeiras e Gandeiros Galegos reclama á Xunta que retire a Bandeira Verde pola situación das augas e os problemas de contaminación que denuncian. E en Caldas de Reis, o Concello busca garantir a continuidade do asilo, despois de que as Hermanitas dos Anciáns Desamparados anunciasen que abandonarán o centro o 30 de setembro. En deportes O día chega marcado pola ilusión: o CD Estradense inicia os adestramentos de pretempada e coñecemos as primeiras impresións do adestrador Manuti de cara ao novo curso. Ademais, o club saberá hoxe o calendario da Terceira Federación. Tamén repasamos o excelente peche de campaña do Club Natación Salvamento A Estrada no Campionato de España Cadete de Praia, disputado en Laredo, onde o equipo conquistou varios títulos nacionais e acadou un brillante terceiro posto na clasificación xeral por equipos.
-
976
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada polas actuacións que o Concello está a desenvolver na contorna da Igrexa, onde xa rematou o traslado dos colectores e onde a vindeira semana comezarán as obras de acondicionamento da Praza da Igrexa. Achegámonos tamén ao Novo Mercado, que podería incorporar nas próximas semanas un novo posto de peixe nos días de feira, e repasamos os datos da convocatoria para cubrir a praza de conserxe do CEIP de Oca, á que se presentaron 53 aspirantes. A comunidade educativa confía en pechar cun acordo a negociación do persoal docente para o vindeiro curso, pendente dun encontro coa Consellería de Educación. No ámbito político, o BNG da Estrada reclama medidas urxentes ante os continuos cortes de subministración eléctrica que afectan a distintos puntos do concello. Na axenda cultural e social, destacamos o Concertfluvial de Musikenos na praia de Liñares; a participación da Coral Polifónica Estradense nos actos do Día de Galicia en Santiago; a presenza de Codeseda Viva na presentación da nova guía do Camiño da Geira e dos Arrieiros; o concerto da Banda Municipal da Estrada no Festival de Bandas Centenarias de Ponteareas; e a reapertura da actividade da Asociación de Mulleres Rurais de Lagartóns. En comarcas En Catoira, este domingo celébrase unha cita destacada que converterá o municipio na capital do xadrez galego, con 120 participantes. En Valga, o mes de agosto estará dedicado á promoción da anguía e da caña do país, cun amplo programa gastronómico. En deportes O CD Estradense coñecerá o luns 27 de xullo o calendario da Terceira Federación, coa vista posta na nova tempada.
-
975
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada por un accidente en Lamas, onde un mozo de 19 anos resultou ferido de consideración tras sufrir unha saída de vía co quad que conducía. Tamén repasamos as obras na contorna da Praza da Igrexa, destinadas a trasladar os colectores do lixo á parte traseira do templo. Os veciños da PO‑213 anuncian que retomarán despois do verán as mobilizacións para reclamar á Xunta unha mellora integral da estrada. A xornada inclúe ademais unha sesión gratuíta para persoas autónomas no Teatro Principal. No ámbito político, o BNG da Estrada celebra un acto aberto polo Día da Patria Galega. En educación, o Concello abrirá o vindeiro luns a matrícula dun curso de lingua e cultura galegas para persoas chegadas de fóra de Galicia. E na cultura, a Galería Diáspora presenta este venres un foto‑libro dedicado a MAN de Camelle, obra da que o seu autor falou esta mañá en Radio Estrada. En comarcas En Rodeiro, comezan as obras da concentración parcelaria de Val de Camba, cun investimento de 1,7 millóns de euros. En Forcarei, o Concello reforzará en agosto o servizo de recollida de papel e cartón en Forcarei e Soutelo de Montes ante o incremento da actividade estival. En Cuntis, o Partido Popular responsabiliza ao goberno local de que quedasen desertas as licitacións para construír a nova piscina municipal. E en Padrón, AMIPA pon en marcha unha nova edición de “Camiño á Inclusión”, dirixida a peregrinos ao seu paso pola Escravitude. En deportes O Club Deportivo Estradense afrontará a nova tempada cun orzamento de 239.000 euros, tras pechar o último exercicio con superávit e co obxectivo de manter a competitividade na Terceira Federación. Ademais, Estrada Pádel abre as inscricións para a terceira proba do V Xacobeo Pádel Tour, que se disputará entre o 19 e o 29 de agosto.
-
974
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores chega marcada por un suceso na Estrada, coa detención dun home de 55 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero. No ámbito da administración de xustiza, o partido xudicial da Estrada deixa de depender do Imelga de Santiago e pasa oficialmente á subdirección de Pontevedra. En infraestruturas, xa está aberto ao tráfico o tramo entre A Ramallosa e Pontevea da autovía que conectará Santiago coa Estrada. Tamén recollermos as queixas polos reiterados cortes de subministro eléctrico en varias parroquias do rural, ante os que o Concello recomenda comunicar cada incidencia directamente ao servizo de avarías de Naturgy. Achegámonos ao inicio das prácticas do alumnado do Obradoiro de Emprego “A Estrada Emprega Foresta”, que xa traballa sobre o terreo estes días. No apartado educativo, repasamos as reivindicacións da comunidade escolar tras confirmarse os cupos de profesorado para o próximo curso, e o apoio expresado polo BNG a través dunha iniciativa parlamentaria. Pechamos coa cultura: este venres a Galería Diáspora presenta un foto‑libro dedicado a MAN de Camelle, obra da que o seu autor falou esta mañá en Radio Estrada. En comarcas A información comarcal lévanos a Rodeiro, onde a Xunta destina 150.000 euros para completar o futuro edificio polivalente que albergará un centro de día e o PAI. En Lalín, o conselleiro Diego Calvo participou na clausura dun curso de verán da UNED dedicado aos servizos públicos supramunicipais. E pechamos en Valga, onde Adif executa traballos de mellora na infraestrutura ferroviaria ao paso do tren polo municipio, mentres continúa pendente o proxecto do novo apeadoiro.
-
973
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega marcada por infraestruturas, prevención e cooperación internacional. A comarca vive un día histórico coa inauguración do tramo da autovía entre A Ramallosa e Pontevea, unha mellora que reducirá os tempos de desprazamento cara a Santiago e achega un pouco máis unha infraestrutura longamente agardada polos estradenses. Na Estrada, a campaña de prevención de incendios deixa datos positivos: descende de forma notable o número de notificacións a propietarios por fincas sen limpar, un indicador da maior implicación da veciñanza. Ademais, a base do GES da Estrada recibe hoxe a visita dunha vintena de bombeiros de Bulgaria, que coñecerán de primeira man o funcionamento do servizo durante a súa estancia en Galicia. No ámbito político, o BNG reclama un plan integral para protexer e conservar o patrimonio municipal, coincidindo coa restauración da imaxe da Inmaculada de Asorey. E pechamos en Lagartóns, onde a Asociación de Mulleres Rurais retoma a súa actividade cun acto de reapertura que marca o inicio dunha nova etapa para o colectivo. En comarcas A información da contorna lévanos a investimentos no rural: a Consellería do Medio Rural destina case 470.000 euros á creación de novos pasteiros na Lama e en Cerdedo‑Cotobade, unha medida orientada á prevención de incendios e ao aproveitamento sostible do monte. En Forcarei, a conselleira do Mar visita un dos campamentos do programa Movemento Azul, que achega aos máis novos ao mar e aos seus recursos. En Lalín, a cultura é protagonista coa conmemoración do 30 aniversario do pasamento de Laxeiro, figura esencial da pintura galega do século XX. En Silleda, o Concello reforza a atención social no rural cun convenio con Solidaridad Intergeneracional, e en Teo instálanse cámaras nos accesos ao municipio para mellorar a seguridade viaria e o control do tráfico. En deportes Nos deportes, lembramos que mañá remata o prazo de inscrición para as quendas de agosto do Campus Deportivo de Verán, unha das actividades máis demandadas polas familias estradenses. Celebramos tamén a medalla de bronce de Roi Loureiro no Campionato de España de Salvamento de Verán, e coñecemos o traballo do Atletismo A Estrada, que este verán achega actividade física e hábitos saudables a preto de 300 nenos e nenas a través do Campus Municipal.
-
972
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste Luns chega marcada pola celebración, os investimentos públicos e a actividade cultural. A Praza de Galicia viviu unha noite histórica coa vitoria de España na final do Mundial, nun ambiente multitudinario que converteu o centro da vila nun auténtico punto de encontro festivo. No capítulo de infraestruturas, a Deputación anuncia unha nova inversión para mellorar cinco vías en Callobre, mentres avanza tamén o inicio da restauración da Inmaculada de Francisco Asorey, unha das obras máis emblemáticas do patrimonio estradense. O Concello está pendente da adxudicación das obras de ampliación do parque infantil de Figueroa, ao tempo que a comunidade educativa expresa a súa preocupación pola falta de profesorado de cara ao vindeiro curso. A xornada deixa tamén constancia dos reiterados cortes de subministración eléctrica en Codeseda, rexistrados entre o venres pola noite e o sábado pola mañá. En comarcas A información da contorna lévanos a Vedra, onde o Concello licita a reforma integral do centro de saúde, cun investimento superior aos 672.000 euros. En Forcarei, o municipio estrea un ximnasio municipal renovado tras unha actuación próxima aos 100.000 euros. E a Deputación de Pontevedra abre este luns as inscricións para os baños de bosque de agosto, unha proposta de educación ambiental con percorridos en Silleda e Valga. En deportes Presentouse a 30ª Subida á Estrada, que se disputará os días 1 e 2 de agosto, mentres o piloto Adrián Picaño continúa coa súa recuperación tras o accidente sufrido na Subida á Pontenova.
-
971
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada por sancións e proxectos municipais. O Concello terá que asumir as multas derivadas de varios vertidos realizados por particulares, ao tempo que avanza nas actuacións previstas na Praza da Igrexa, incluíndo a súa remodelación e a restauración da Escultura da Virxe da Inmaculada. Tamén se producirán cambios na ubicación de contedores para mellorar a recollida do lixo e reforzar a seguridade viaria. Achegarémonos ademais ao proxecto de ampliación do parque infantil de Figueroa, e pecharemos cun plan para esta fin de semana: a Praza de Galicia volverá ser o punto de encontro para seguir en directo a final do Mundial, nun ambiente festivo e participativo. En comarcas A Garda Civil identificou dous veciños de Silleda por crear e difundir imaxes sexuais falsas mediante intelixencia artificial, nun caso que xa está en mans da autoridade xudicial. En Rois, foi localizado o presunto autor dun incendio e tres conatos, mentres que o BNG denuncia atrasos na parcelaria do Val de Camba e alerta das consecuencias que, aseguran, está a sufrir a veciñanza de Rodeiro. Ademais, Silleda promove os Castros de Toiriz como un dos mellores lugares para seguir o eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto. En deportes O Tenis Recreo Cultural xa coñece as datas dos Campionatos de España por equipos absolutos, e mañá preséntase a 30ª edición da Subida á Estrada, que se disputará os días 1 e 2 de agosto.
-
970
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada por incidencias, servizos públicos e cultura. Abrimos co conato de incendio en Aguións, que afectou unha superficie agrícola e foi controlado con rapidez polos servizos de emerxencia. Tamén queda resolta a incidencia provocada pola caída do alumeado festivo na Estrada, que xa está completamente restablecido. No ámbito municipal, o Concello publicará nas próximas horas os pregos para contratar un novo camión eléctrico de recollida do lixo, un investimento que reforza a modernización do servizo. Ademais, o abastecemento de auga en Codeseda está xa operativo tras os traballos de sectorización realizados esta mañá. A xornada deixa tamén titulares culturais: a Coral Polifónica Estradense participará nos actos do Día de Galicia en Santiago, e o Conservatorio Profesional de Música prepara un concerto especial para celebrar 30 anos de historia. Lembramos, ademais, que mañá remata o prazo de matrícula para o vindeiro curso no Conservatorio. E pechamos cunha historia de emprendemento: o estradense Gonzalo Pose leva as hamburguesas de Flaco ata O Grove, cun novo establecemento que funcionará durante toda a tempada de verán. En comarcas En Silleda, o Concello reforza o Punto de Información Catastral cun servizo técnico que busca axilizar trámites e mellorar a atención á veciñanza. O programa +Bosques da Deputación fará parada esta fin de semana en Valga e Campo Lameiro, chegando ademais coas prazas completas. E en Campo Lameiro, xa se prepara a quinta Andaina Solidaria a beneficio da Fundación Andrea, con tres percorridos e 800 prazas dispoñibles para setembro. En deportes Este sábado preséntase a 30ª edición da Subida á Estrada, que se disputará os días 1 e 2 de agosto, unha das citas automobilísticas máis emblemáticas do calendario deportivo.
-
969
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste mércores chega marcada por incidencias, preparativos festivos e novos investimentos municipais. Comezamos co desprendemento dunha parte do alumeado das festas de San Paio, ocorrido hai escasos minutos na intersección das rúas Castelao e Irida, onde permanece suspendido mentres se avalía a situación. Tamén falaremos dos preparativos para a gran final do Mundial de fútbol, que converterá de novo a Praza de Galicia no epicentro da celebración este domingo, cunha pantalla xigante e actuacións de DJ’s locais. O Concello decidiu valar a fonte da praza para protexela ante as posibles celebracións. No capítulo de investimentos, saen hoxe a licitación as obras de renovación do céspede e da iluminación do campo Novo Municipal, mentres que en Codeseda haberá un corte de auga durante a mañá deste xoves por traballos na rede. No ámbito político, o BNG da Estrada denuncia deficiencias no punto limpo e asegura que a imaxe que ofrece o goberno local non se corresponde coa realidade. A xornada deixa tamén espazo para a cultura: a Estrada acollerá unha nova sesión do Ciclo Mestre Mateo Galicia Calidade, coa proxección dos mellores curtametraxes galegos do ano. E antes de pechar, un aviso para os usuarios da Biblioteca Municipal, que desde hoxe e ata o 15 de agosto abrirá só en quenda de mañá. En comarcas En Forcarei, o Concello recuperou e sinalizou o sendeiro da Fervenza da Graña, para poñer en valor un dos espazos naturais máis singulares da Serra do Candán. En Cerdedo‑Cotobade, preséntase unha programación estival con 60 actividades repartidas por todas as parroquias, con concertos, teatro, cine ao aire libre e festas populares. E en Silleda, xa comezou a conta atrás para a XII Romaría da Fervenza de Escuadro, que se celebrará o 2 de agosto e reunirá sete agrupacións de música tradicional galega nunha xornada de gastronomía e convivencia. En deportes O Concello da Estrada abre hoxe o prazo para inscribirse nas quendas de agosto do Campus Deportivo de Verán, mentres o Estradense apraza a súa Asemblea Xeral para o vindeiro día 21 por causas alleas ao club.
-
968
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega marcada por incidencias na rede de abastecemento, novidades municipais e citas culturais. O Concello confirma que xa está resolta a avaría na contorna da rúa do Muíño, que deixou sen auga durante unhas horas a varias rúas da vila. A sectorización da rede permitiu, ademais, localizar e reparar outra pequena incidencia na zona deportiva, estabilizando o servizo. Tamén lles contamos que o Concello proporá trasladar os festivos locais de San Paio de 2027 aos días 24 e 25 de xuño, xa que as datas habituais coinciden en fin de semana. A proposta analizarase coa Mesa Local do Comercio antes de remitirse á Xunta. E viaxamos ata Couso, que volverá converterse no epicentro da música tradicional os días 13 e 14 de agosto coa vixésimo novena edición de As Nosas Músicas, un dos festivais máis emblemáticos do verán estradense. A xornada tamén nos deixa unha cita moi agardada: esta noite, a Praza de Galicia acollerá a retransmisión da semifinal do Mundial entre España e Francia nunha pantalla xigante. E antes de pechar o bloque local, lembramos ás familias que mañá remata o prazo de reserva de matrícula na Escola de Música da Banda Municipal para o vindeiro curso. En comarcas A información da contorna lévanos a Cerdedo‑Cotobade, onde permanece ingresada na UCI unha muller de 41 anos tras unha presunta agresión machista; a súa parella está investigada por un delito de lesións e en liberdade con cargos. En Catoira, Adif investirá máis de dous millóns de euros para suprimir os pasos a nivel, despois de que o Concello recibise o proxecto definitivo. E en Vila de Cruces, máis de 500 persoas participarán mañá na trixésimo terceira Xuntanza das Persoas Maiores nas Insuas de Gres, unha das citas de convivencia máis tradicionais do municipio. En deportes A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou o inicio do proceso de contratación das obras de remodelación do campo de fútbol Novo Municipal, un proxecto que marcará a evolución das instalacións deportivas nos próximos meses.
-
967
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns chega marcada por sucesos, encontros institucionais e avances en infraestruturas. Abrimos co accidente de tráfico rexistrado en Riobó, que mantivo en alerta os servizos de emerxencia durante a mañá. No Concello, os nenos e nenas saharauís do programa Vacacións en Paz foron recibidos pola corporación nun acto cargado de simbolismo e afecto, que pon en valor a solidariedade da veciñanza estradense. No capítulo de obras e proxectos, coñecemos os progresos da senda peonil cara a Toedo e os pasos que se están a dar para habilitar o futuro aparcadoiro municipal para camións, dúas actuacións chamadas a mellorar a mobilidade e a seguridade viaria. Tamén está xa aberto o prazo de inscrición para o Campamento do Mar, e o Concello anuncia a instalación dunha pantalla xigante para seguir a semifinal do Mundial. Ademais, o BNG presenta unha moción sobre o Portal de Transparencia municipal, reclamando melloras no acceso á información pública. En comarcas A información da contorna lévanos a Teo, onde un traballador tivo que ser evacuado en helicóptero tras sufrir un corte cunha desbrozadora. En Forcarei, os servizos de extinción actuaron nun incendio forestal que afectou a unha zona de monte. A Plataforma Ulloa Viva reacciona ao arquivo do proxecto de Altri, mentres en Valga se acomete a repoboación da lagoa da Mina Mercedes con 15.000 troitas, ao tempo que continúan as melloras en Porto Piñeiro. A xornada deixa tamén dúas perdas salientables: o falecemento de Juan Carlos Blanco, expresidente do Motoclube Kilómetro 0 de Lalín, e o de Rafael Lago Novás, exalcalde do Campo Lameiro e mestre moi querido no municipio. En deportes O Estradense pecha unha etapa tras o remate do patrocinio de Noribérica, que acompañou o club durante oito tempadas. O xoves coñeceremos o novo patrocinador, que marcará o inicio dunha nova fase para o equipo.
-
966
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste venres chega marcada por servizos públicos, infraestruturas e as citas que protagonizarán a fin de semana na Estrada. O día comeza pendente do rescate dun condutor accidentado en Teo, unha intervención na que participou Emerxencias A Estrada. No ámbito ambiental, o municipio entra en prealerta por seca, coa Xunta insistindo na necesidade dun uso responsable da auga, mentres na praia fluvial de Liñares chegan boas novas: os traballos de instalación das novas comportas xa están rematados. O Concello abre o prazo para solicitar as axudas para fosas sépticas no rural, avanza na contratación do novo aparcadoiro para camións e prepara a apertura, este luns, das inscricións para o Campamento do Mar con destino á Illa de Ons. E, como cada mes de xullo, a fin de semana estará marcada pola celebración de San Cristovo, coa tradicional caravana automobilística e a bendición dos vehículos, unha das citas máis queridas polos profesionais do volante e pola veciñanza. En comarcas A información comarcal lévanos primeiro a Boqueixón, que subministrará auga ao municipio de Touro para garantir o abastecemento de máis de 600 veciños mentres se executa unha nova traída. En Cerdedo, a Plataforma pola Sanidade Pública volve reclamar unha ambulancia operativa as 24 horas para o PAC. En Forcarei, continúan as melloras na sinalización e no estado dos Camiños Miñoto Ribeiro e da Geira ao seu paso polo municipio. E pechamos en Padrón e Teo, coa visita da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, para coñecer as actuacións realizadas tras o incendio de xuño e participar na sinatura de convenios coas entidades de pesca. En deportes O Concello da Estrada abre do 15 ao 22 de xullo un novo prazo de inscrición para o Campus Deportivo de Verán de agosto.
-
965
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada por investimentos clave, melloras en servizos públicos e novidades culturais. A Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello unha achega de case 240.000 euros destinada a reforzar a recollida de residuos, renovar o punto limpo e impulsar novas actuacións ambientais no municipio. A nivel de infraestruturas, a piscina grande reabre ás dúas da tarde, unha vez solucionada a avaría que obrigara a pechala hai dous días. Tamén hoxe quedarán instaladas as comportas da praia fluvial de Liñares, aínda que o baño non se autorizará ata que o río recupere o caudal necesario. No ámbito social, a Asociación de Venezolanos da Estrada poderá optar ás axudas que prepara a Deputación para apoiar ás persoas afectadas polos recentes terremotos en Venezuela. E na axenda cultural, preséntase a cuarta edición do Berries and Sider Fest, que regresará en agosto a Ancorados con música, gastronomía, mercadiño e unha carreira solidaria. Ademais, o Concello abre o proceso de contratación de persoal temporal para a próxima Feira do Moble da Estrada. En comarcas A xornada complétase cunha noticia destacada no eido cultural: falaremos co secretario xeral de Política Lingüística sobre o nomeamento de Xosé Neira Vilas como autor ao que se dedicará o Día das Letras Galegas de 2027, unha homenaxe que recupera unha das figuras máis relevantes da literatura galega contemporánea.
-
964
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega cunha mestura de temas que van das infraestruturas ao medio ambiente, pasando pola solidariedade e a actividade cultural. O Concello da Estrada iniciou xa o enchido da piscina grande despois de reparar a fuga detectada onte, e aproveita para lembrar á veciñanza a importancia de facer un uso responsable da auga nun momento de especial sensibilidade. Tamén lles contamos que este venres se celebrará unha xornada informativa sobre as axudas municipais destinadas a renovar ou instalar fosas sépticas no rural, unha medida pensada para mellorar a calidade ambiental das parroquias. Ademais, facemos balance da última campaña solidaria de Cáritas da Estrada, que conseguiu recadar máis de 900 euros para apoiar ás persoas afectadas polos terremotos de Venezuela. E antes de pechar o bloque local, lembramos que continúan abertos os prazos de matrícula tanto da Escola de Música da Banda Municipal como do Conservatorio Profesional, de cara ao próximo curso. A comarca tamén deixa titulares destacados: en Cerdedo‑Cotobade, o Concello ultima a posta en marcha da súa planta de biomasa, que permitirá abandonar o uso de gasóleo nos edificios públicos. En Boqueixón, este sábado arrinca unha nova edición de Un mes e Pico, a iniciativa que reivindica o valor cultural e paisaxístico do Pico Sacro. En Portas, todo está listo para o comezo dunha nova edición do festival PortAmérica, que prevé reunir arredor de 20.000 persoas cada día. Ademais, o Partido Popular reclama no Congreso melloras na cobertura móbil e de internet en Agolada e Rodeiro, e en Caldas de Reis o Concello prepara un plan intensivo de limpeza para todo o municipio. En deportes A nivel autonómico, o CD Lugo anuncia que suprimirá o seu equipo filial por motivos económicos, e que buscará un convenio con outro club para garantir a formación dos seus canteiráns.
-
963
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste martes chega marcada por varios asuntos de impacto local. Coñecemos as consecuencias do novo roubo rexistrado no local social de Matalobos, repasamos a participación do alcalde Gonzalo Louzao no Foro da Vivenda celebrado en Ames e ofrecemos a última hora sobre a fuga de auga nas piscinas municipais, que mantén pechado o vaso grande. Facemos tamén balance da Rapa das Bestas de Sabucedo, que encara as súas últimas horas antes da volta dos animais ao monte. Ademais, explicamos o novo plan de humanización do rural aprobado polo Concello, repasamos as axudas da Deputación para fomentar o uso da lingua galega entre entidades estradenses e recollermos as críticas do PSOE polo atraso na apertura da praia fluvial de Liñares. A xornada péchase cun dato moi positivo para o sector turístico: xullo comezou cun 100% de ocupación nas casas de turismo rural da Estrada. ️ En comarcas Falamos da visita do presidente da Xunta a Silleda con motivo do centenario de Autocares Rías Baixas, coñecemos todos os detalles da nova edición de Equina Galicia —que volverá reunir concursos nacionais de doma clásica e equitación de traballo— e achegámonos a Vila de Cruces, onde este mércores reabre a piscina municipal tras a renovación das súas instalacións. En deportes A estradense Iziar Barcala proclámase subcampioa galega sub‑19 de bádminton e suma tamén un bronce no Campionato Galego disputado en Baiona, consolidando unha fin de semana de grandes resultados para o deporte local.
-
962
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste luns chega marcada por unha traxedia: un home perdeu a vida tras ser rescatado do río Ulla ao seu paso por Couso. A fin de semana deixou tamén varios accidentes nas estradas da comarca, con catro persoas feridas nun sinistro en Loimil**** e dous ciclistas atropelados en Tabeirós. No ámbito xudicial, este xoves celebrarase o xuízo por un presunto caso de tráfico de cocaína con orixe no noso concello, mentres que en Sabucedo seguimos pendentes da Rapa das Bestas, que hoxe celebrou o Curro Solidario, o derradeiro desta edición. Na información municipal, a Xunta de Goberno prevé aprobar hoxe o plan de humanización do rural, dotado con 6,5 millóns de euros. Ademais, lembrarémoslles que a próxima semana abrirase o prazo para anotarse no Campamento do Mar e que desde hoxe xa se poden solicitar as axudas da Xunta para o comedor escolar, con achegas de ata 150 euros para as familias que cumpran os requisitos. Pecharemos este bloque coa petición do BNG para mellorar a seguridade na N‑640 e reclamar, unha vez máis, a variante da Estrada. EN COMARCAS A xornada deixa outra triste nova: un integrante da agrupación Cantigas e Agarimos faleceu mentres participaba nunha actuación no Corazón da Artesanía de Agolada. Tamén estaremos pendentes do **pleno extraordinario do Consorcio Contraincendios****, que se celebra esta tarde en Silleda, e das Catas de Galicia, que hoxe fan parada en Boqueixón. En Cuntis, o Concello terá que repetir a licitación das novas piscinas municipais ao quedar deserto o concurso. E completamos a información comarcal con dous acordos da Deputación de Pontevedra: a adxudicación do novo servizo de teleasistencia, cun investimento de 500.000 euros, e a contratación das actividades infantís e xuvenís do programa +Convivir, dotadas con 225.000 euros. EN DEPORTES O Estrada Basket organiza este mércores un curso gratuíto de formación para adestradores no Manuel Coto Ferreiro.
-
961
Informativos Radio Estrada
Comeza unha fin de semana marcada polas altas temperaturas e polos días grandes dunha das citas máis emblemáticas do verán na comarca: a Rapa das Bestas de Sabucedo. As greas xa se xuntan no monte, mentres o comité de urxencia da Festa se constituirá mañá. Na Gala dos Aloitadores, celebrada onte, rendeuse homenaxe póstumo a Adolfo Cabada e recoñeceuse tamén a Kike Vázquez. A actualidade vén marcada tamén por un incendio forestal en Gontade (Cuntis), que obrigou a mobilizar un amplo operativo de extinción. Na Estrada, o Concello abre un novo proceso para completar a segunda brigada forestal, e o Sindicato Labrego lembra as restricións no uso de maquinaria durante os días de máximo risco. O pleno municipal gardou un minuto de silencio polos terremotos de Venezuela e pola morte dunha veciña atropelada. Ademais, coñecemos os detalles do proceso para cubrir a praza de asesor xurídico do Concello e achegámonos á Praza de Galicia, onde tres peixes converteron a fonte na súa nova casa, coincidindo co anuncio de próximos traballos de mellora na instalación. ️ Nas comarcas Agolada inaugura unha nova edición do Corazón da Artesanía. En Cerdedo-Cotobade avanza o proxecto da futura área de autocaravanas de Fontán. En Caldas de Reis xa está aberto ao público o novo recinto termal das Pozas da Tafona. ♂️ Deportes Dous atletas estradenses competirán co Ourense Atletismo no Galego sub-16 por clubs, unha cita clave para o deporte base da comarca.
-
960
Informativos Radio Estrada
A actualidade deste xoves chega marcada por un tráxico atropelo mortal rexistrado esta mañá na N‑640 ao seu paso pola Estrada. Ademais, repasamos a alerta vermella por calor activada no interior da provincia e as consecuencias que está a ter nas actividades previstas para estes días, especialmente na Rapa das Bestas, que adapta horarios e reforza o dispositivo de seguridade na gala e no inicio da festa. Tamén coñecemos o novo plan do Concello da Estrada para humanizar máis de 250 núcleos do rural, a renuncia ao premio do Gran Escaparate do San Paio por parte do establecemento gañador e a apertura da matrícula na Escola de Música da Banda Municipal para o vindeiro curso. En Comarcas Investigación en Vila de Cruces: un veciño é investigado por roubar un coche e cinco motocicletas. Vivenda social en Forcarei: o municipio rehabilitará dez vivendas municipais para destinalas a alugueiro social. ⚽ En Deportes O Sporting Estrada completa o seu corpo técnico con Borja Rey e Nacho Vázquez.
-
959
Informativos Radio Estrada
Arrincamos o informativo pendentes de Sabucedo, onde unha reunión clave decidirá se se modifican os horarios dos curros da Rapa das Bestas ante a vaga de calor prevista para esta fin de semana. A festa, que contará con medios de comunicación de nove países, celebrará mañá a súa tradicional gala, na que serán homenaxeados Adolfo Cabada e Kike Vázquez. Na Estrada, o Concello abre o novo punto de información turística no Pazo de Oca, buscando aproveitar a chegada dos máis de vinte mil visitantes anuais deste emblemático xardín. Tamén lles contamos que sae a poxa unha nave industrial en Lagartóns, cun prezo de saída de 195.000 euros, dentro dun procedemento xudicial para saldar unha débeda superior aos 693.000 euros. En Comarcas, Cuntis converterase este sábado no punto de encontro de palilleiras de toda Galicia coa primeira Xuntanza de Labores, unha cita que reivindica a artesanía e a tradición. En Caldas de Reis, o municipio será o primeiro en estrear Local Node, unha nova plataforma dixital que conectará veciñanza, comercio e oferta turística. No eido deportivo, o Estradense impulsará nas súas redes sociais contidos sobre a historia e as figuras destacadas da cultura local. E, noutro ámbito, a Xustiza declara en concurso de acredores á Federación Galega de Ciclismo.
-
958
Informativos Radio Estrada
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca, marcada pola continuidade da busca do gañador do escaparate de 15.000 euros das Festas de San Paio. O presidente da comisión, Iván Lorenzo, fai balance dunha edición que deixa cifras e sensacións moi positivas. Tamén falamos da retirada das atraccións do Campo da Feira, que se prepara para recuperar o tradicional mercado dos mércores, e da Xunta, que asegura que o servizo de emerxencias da Estrada afronta o verán con todos os medios operativos. A nivel social, destacamos a elección do estradense Iago Cribeiro como vicepresidente de Novas Xeracións de Pontevedra, os preparativos da Rapa das Bestas, o inicio dos programas de conciliación con 939 nenos e nenas inscritos, e a celebración de San Cristovo o 11 de xullo. Ademais, a Estrada rende homenaxe a seis docentes que se xubilan no Día do Mestre. Na comarca, repasamos o incendio controlado en Refoxos (Silleda), a nova edición de Galiforest en Sergude, a aposta de Boqueixón polo Pico Sacro como espazo de encontro, e os contacontos dedicados a Begoña Caamaño en Forcarei, Lalín e Silleda. En deportes, o Atletismo A Estrada brilla no Galego sub-23 con seis medallas e un Martín Ruibal espectacular, e coñecemos a elección de Pablo Prieto como presidente provisional da Federación Galega de Fútbol.
-
957
Informativos Radio Estrada
As luces do San Paio xa se apagaron, pero na Estrada a festa nunca descansa. A vila despedíu unha edición multitudinaria, chea de música, tradición e emoción, que mesmo levou ao alcalde Gonzalo Louzao a pedir que se repita o formato o vindeiro ano. E sen tempo para coller folgos, o pulso da comarca muda de escenario: Sabucedo prepárase para unha nova Rapa das Bestas, a celebración máis internacional do noso concello, lista para conquistar o mundo unha vez máis. Neste informativo repasamos os asuntos máis destacados da xornada: O número 3.221 leva o escaparate das festas de San Paio, pero o gañador aínda non apareceu. A Estrada homenaxea a Virxinia Pereira cunha escultura da familia Castelao-Pereira na Praza de Galicia. A organización da Rapa das Bestas estuda modificar os horarios pola previsión de altas temperaturas. O concello rende homenaxe a seis docentes que se xubilan no Día do Mestre. A comunidade venezolana recolle axuda para as vítimas do terremoto. Alfonso Cusidó volve á Estrada para expoñer na antiga fábrica téxtil onde medrou. Visita institucional do novo delegado territorial da Xunta, Pablo Fernández López. Na comarca: A Garda Civil desartella unha organización criminal con base en Teo e Padrón dedicada ao roubo en aeroportos. Corazón da Artesanía reunirá 70 expositores en Agolada do 3 ao 5 de xullo. En deportes: A estradense Iziar Barcala representará a España no Campionato de Europa Sub-19 por cuarta vez.
-
956
Informativos Radio Estrada
Arrinca oficialmente a Semana das Festas do San Paio, días e noites de celebración con concertos, orquestras, deporte, atraccións e tamén cambios importantes na mobilidade: rúas cortadas, traslado da feira dos mércores e os tradicionais lumeiros de San Xoán, que xa superan as 200 solicitudes e requiren máxima precaución. Ademais, esta semana trae dous festivos: o mércores, festivo autonómico polo San Xoán, e o venres, festivo local na Estrada. Con todo isto, tamén nós preparamos programación especial. No informativo de hoxe repasamos: Un vehículo queda totalmente calcinado na N‑640 e catro persoas resultan feridas nun accidente en Cuntis. As negociacións para evitar a folga do lixo retómanse esta tarde tras rematar sen acordo o venres. A Deputación investirá 430.000 euros na mellora da estrada entre o Alto da Cruz e Santeles. O goberno local leva hoxe á Xunta de Goberno o convenio co Sergas para reformar o centro de saúde de Oca. Último día para solicitar permiso para os lumeiros de San Xoán. O Concello da Estrada e a Asociación Rapa das Bestas asinan a cesión do albergue de Sabucedo por 10 anos. A Estrada recuperará o paso peonil da Ponte de Leira cun investimento de máis de 8.600 euros. Comeza o Operativo Especial do San Paio da Policía Local. O Imserso abre o prazo para solicitar as viaxes 2026‑2027. Os futuros policías locais de Galicia realizan o Camiño de Santiago como parte da súa formación. Inaugúranse dúas exposicións: a de Virxinia Pereira na Alameda Municipal e a primeira mostra individual de Uxía Rosende na Casa das Letras. En comarcas: Extinguido o incendio forestal de Padrón tras nove días de loita. Inaugurado en Moraña o II Obradoiro Dual Ulla‑Umia. O BNG de Vila de Cruces inicia unha recollida de sinaturas para reclamar melloras no centro de saúde. O Lamela celebra o ascenso a Primeira Autonómica doce anos despois. En deportes: O Estrada Xuvenil descende a 1ª Futgal Xuvenil tras caer fronte ao Victoria CF B. Dúas atletas do CA Estrada compiten no Galego Absoluto. Un corredor da Nocturna Estradense pasa a noite no hospital por un golpe de calor. Miguel Fins e Antonio Duro completan a travesía da Batalla de Rande, 27 km entre as Cíes e San Simón.
-
955
Informativos Radio Estrada
O informativo de hoxe chega cunha triste noticia que conmociona ao deporte galego: o falecemento de Noelia Gestoso Uzal, de 26 anos, xogadora destacada do Club Bádminton A Estrada e do Ravachol de Pontevedra, e médica en exercicio en Cantabria. Tras meses de loita contra un cancro agresivo, a súa perda deixa unha fonda pegada en compañeiros, adestradores e afeccionados. A súa despedida terá lugar este venres ás 17:00 h na igrexa de Tabeirós. Desde Radio Estrada enviamos o noso máis sentido pésame á súa familia e amizades. Ademais, repasamos a actualidade local e comarcal: Aprazado ata outubro o xuízo por un presunto delito de tráfico de drogas en A Estrada. Pendentes da reunión entre Geseco e sindicatos ante a posible folga de lixo nas Festas do San Paio. O presidente da Deputación, Luis López, presenta en Sabucedo a nova edición da Rapa das Bestas. Entrega do Premio de Novela Manuel García Barros no Teatro Principal. A Nocturna Estradense prevé reunir 600 participantes e activa un operativo especial de seguridade. Continúan os traballos de repintado de vados e prazas de mobilidade reducida. O BNG critica a falta de información e as molestias das Festas do San Paio. O Imserso abre o prazo para solicitar viaxes da tempada 2026-2027. A Asociación de Fillos e Amigos da Estrada celebra a súa tradicional Xuntanza con cinco homenaxeados. Os futuros policías locais de Galicia farán o Camiño de Santiago como parte da súa formación. San Xurxo de Vea organiza unha foliada solidaria a beneficio da infancia con cancro. Na comarca: O Concello de Padrón suspende de emprego e soldo un traballador condenado por acoso sexual. Teo sancionará á empresa do Servizo de Axuda no Fogar por incidencias durante as protestas. A Xunta abre axudas de ata 75.000 € para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores no rural. En deportes: Máis de 1.200 deportistas participarán no Torneo de Verán da UD Estrada. Tres atletas do Club Atletismo Estrada competirán no Campionato de Galicia Absoluto.
-
954
Informativos Radio Estrada
O San Paio comeza a sentirse nas rúas da Estrada coa instalación das primeiras atraccións da feira, mentres a axenda local e comarcal segue marcada por negociacións, obras pendentes e movemento político. No informativo de hoxe repasamos a convocatoria dunha nova reunión para evitar a folga do lixo en plenas festas, a chegada dos permisos para reparar as comportas da praia fluvial de Liñares e os avances na reincorporación da Estrada á Mancomunidade Terras de Deza‑Tabeirós. Tamén abordamos a aprobación dun préstamo clave para o plan EDIL, a chegada de material ao Obradoiro de Emprego, as demandas do PSdeG para unha residencia pública de maiores e as críticas do BNG pola recollida do lixo en varios núcleos rurais. A mocidade poderá solicitar xa os descontos do programa Verán Xove 2026, e clausúrase o programa “Adestra a túa saúde” cun acto na AGASP. Ademais, o Concello inicia unha campaña para garantir unha observación segura do eclipse solar do 12 de agosto. No ámbito autonómico, Galicia reforza a loita contra o acoso escolar no rural e amplíase ata os 45 anos a idade para acceder aos avais na compra dunha vivenda. Na axenda cultural e social, máis de 120 alumnos preparan o concerto de fin de curso do Conservatorio, San Xurxo de Vea organiza unha foliada solidaria e a Alameda acolle unha exposición dedicada a Virxinia Pereira. En comarcas, tres mozas resultan feridas nun atropelo en Silleda, autorízase unha nova planta solar en Lalín e contrólanse en pouco máis dunha hora as lapas dun incendio forestal en Valga.
-
953
Informativos Radio Estrada
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca cunha ampla variedade de temas xudiciais, municipais, sociais e culturais. Abrimos coa decisión do TSXG, que confirma a absolución dun veciño da Estrada acusado de malos tratos e desestima o recurso presentado pola denunciante. Tamén informamos dun accidente de tráfico rexistrado na PO‑841 ao seu paso por Santa Cristina de Vea. No ámbito municipal, a Comisión de Facenda aborda hoxe a aprobación dun préstamo para financiar o plan EDIL e unha proposta ligada a fondos da Deputación por 1,2 millóns de euros. Ademais, as rúas da vila comezan a encherse co alumeado de San Paio, mentres a Policía Local pide precaución durante os traballos de instalación. Tamén lembramos as restricións de estacionamento na contorna do Campo da Feira pola chegada das atraccións, que comezarán a funcionar este sábado, e o traslado da feira do mércores ao parking da rúa Irida. Adiantamos que mañá ás 18:00 h terá lugar a presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo. No eido educativo e social, o CIM leva aos colexios un Cluedo da Igualdade para previr violencias machistas, e a mocidade do IES Manuel García Barros presenta ao Concello propostas de mellora no marco do programa Actuación Xove. O CEIP Figueroa estrea un novo mural de estética cómic e grafiti en homenaxe ao profesorado. Ademais, a piscina municipal e a praia fluvial de Liñares abrirán a tempada de baño o 23 de xuño. Na comarca, destacamos a condena a dous anos de cárcere por agresión sexual continuada a unha compañeira dun obradoiro de emprego en Valga, así como o avance decisivo para crear o polígono industrial da Medela. Cerdedo‑Cotobade acollerá a final da Copa de Veteranos este sábado, e a Deputación leva o programa +Bosques a Silleda e Campo Lameiro con todas as prazas cubertas.
-
952
Informativos Radio Estrada
Neste informativo abrimos cun tema que volve estar tristemente de actualidade: os incendios forestais. A chegada do verán lembra a importancia da prevención e da rapidez á hora de avisar dun posible lume. Por iso falamos de Alume, a aplicación impulsada pola Xunta de Galicia que permite comunicar de inmediato a detección dun incendio, enviar a localización exacta e achegar fotografías para facilitar o traballo dos servizos de emerxencias. Unha ferramenta gratuíta que conecta directamente co 085 e que pode marcar a diferenza entre un pequeno foco e un gran incendio. Ademais, repasamos os titulares máis destacados da xornada, entre eles: A Fiscalía pide máis de 18 anos de cárcere para un veciño da Estrada por tráfico continuado de cocaína. A Estrada contará cunha alfombra floral de 300 metros nas festas de San Paio. Ábrese o prazo para solicitar o Campamento do Mar na Illa de Ons. O PSOE apoiará a adxudicación do préstamo municipal para garantir pagos e fondos europeos. Iria Collazo López recibe o Premio García Barros no Teatro Principal. Máis de 120 alumnos participan no concerto de fin de curso do Conservatorio. En comarcas, falamos dos investimentos da Deputación e do Concello de Lalín, da xuntanza das persoas maiores en Vila de Cruces, dun novo embaixador para o Belén Artesanal en Movemento de Valga e das peticións do BNG sobre o IBI ás comunidades de montes. En deportes, o Sporting Estrada reforza a portería coa incorporación de Luis López Bueno para a tempada 2026/27.
-
951
Informativos Radio Estrada
O incendio de Herbón e Carcacía marcou a actualidade dos últimos días, converténdose nun dos asuntos que máis preocupación xerou na comarca. A súa evolución favorable permitiu rebaixar o nivel de emerxencia, pero tamén puxo de manifesto a importancia da información local e da comunicación de proximidade. A enorme resposta da audiencia nas nosas canles —con máis de 120.000 visualizacións en Instagram— reforza o noso compromiso de seguir informando con rigor e responsabilidade. Neste informativo repasamos os asuntos máis destacados da xornada: O incendio de Herbón baixa a nivel 0 ao desaparecer o risco para a poboación. A Deputación destina 1,2 millóns de euros á Estrada para melloras viarias, un párking de camións e a reforma do Novo Municipal. O Concello reforza o control da rede de abastecemento con novos contadores en puntos estratéxicos. Intensificación das rozas no casco urbano e no rural, con previsión de actuar nos 2.000 km de pistas asfaltadas. Augas de Galicia intervirá en máis de 800 metros do río Vieites ao seu paso por Arnois. Última semana para solicitar permisos municipais para os Lumeiros de San Xoán. O estradense Juan Ruibal, á fronte da primeira Federación Española de Acordeonistas. Galicia abre o prazo para solicitar unha das máis de 50.000 prazas de FP do curso 2026-2027. En Comarcas: Un incendio calcina case seis hectáreas en Campo Lameiro. Condenado un traballador do Concello de Padrón por acoso sexual a unha compañeira. En Deportes: A Escola Estrada Fútbol Base xogará a permanencia na última xornada tras empatar co Victoria B. O Tenis Recreo Cultural cae na final do Campionato Galego fronte ao CD Sanxenxo e ao Club Tenis Coruña.
We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos.En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí.O que pasa na Estrada, pasa por aquí.
HOSTED BY
RadioEstrada
CATEGORIES
Loading similar podcasts...