A cova do Rei Cintolo. Ivana
from Mitoloxía e lendas
Nesta cova, situada entre os barrios de Orxal e Supena na parroquia de Argomoso, reúnense dous factores de interese, o natural e o cultural ou histórico, polo que falaremos dela, ademáis de aquí, no seguinte capítulo adicado á riqueza natural de Mondoñedo. No tocante ao patrimonio histórico e cultural hai que indicar que este é un lugar catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio como xacemento de tipo Paleolítico e, polo tanto, vencellado ás primeiras etapas do home na terra. Así, xa dende antigo, a cova estivo moi ligada aos estudos arqueolóxicos e así, por un pioneiro destes estudos foi descuberta para o mundo científico por José Villaamil y Castro. Será el quen no 1873 en Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia publique o primeiro plano de Rei Cintolo. Da zona superior da cova que se denomina Sector Central e que abrangue uns 300 metros de percorrido. Un pouco máis tarde, no ano 1946, José Trapero Pardo dará noticia da aparición dun puñal que el calificará de Celtibérico, pero que estudos posteriores farán que hoxe se encadre, nos fins do medievo. Pouco tempo máis tarde aparecerá unha punta de frecha tallada en sílex. A comezos da década de 1970 atópanse unha serie de restos humanos pertencentes, todos eles, a un mesmo individuo. Estes, tras un estudio antropolóxico, foron situados nos fins do Paleolítico Superior.
Embed this episode
No transcript yet.