EPISODE · Mar 9, 2023 · 39 MIN
A escala Ritcher da corrupción en España
from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes
Que corrupción é peor? A dos políticos? ¿A dos xuíces? A das institucións? A das administracións? A dos medios? A dos empresarios que sustentan todas elas, ou a da cidadanía que as consente mal que ben? No episodio 18, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro convértense en corruptómetros e analizan os diversos casos: o Tito Berni e o xeneral da Garda Civil mangón do caso Mediador, o do maxistrado que coleguea co xefe da «policía patriótica» no caso Kitchen... Non contentos con iso, tamén debullan se a duplicidade ou triplicidade (?) das convocatorias do 8M é un cisma do feminismo, ou é un fenómeno froito da natural diversidade? Xa saben, A actualidade está sobrevalorada, o podcast que non deixa pregunta sen resposta, e viceversa.
Embed this episode
NOW PLAYING
A escala Ritcher da corrupción en España
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.