EPISODE · May 29, 2025 · 1H 52M
A Galería 290525
from A Galería 2.0
#Destacadas: 7´ Última actividade da #EscolaNaiEPais do IES Plurilingüe Antón Losada Dieguez, hoxe ás 19:30hrs. sobre "como axudar á rapazada a tomar decisións académicas". A relatora será a orientadora do propio centro Ana Parada Gañete. 28´ Broken Peach tamén estará o domingo no festival #OsArrieiriños. Falamos con Lara Rodriguez Perez e díxonos que están preparadas para voltar a Estrada. O festival comezará ás 18hrs. da tarde e ten entrada libre e gratuita.@Concello A Estrada A Estrada Cultura 43´ Chamamos a Marcos de Couso para felicitar ós Os John Deeres xa que onte gañaron nos Premios Martín Códax da Música. De feito falamos con el a poucos minutos de comezar concerto no Correlingua en Pontevedra. Parabéns tamén a LOITA AMADA e a Banda de Música Municipal da Estrada polas súas nominacións. 48´ Lugardelvino A Estrada Tivemos recomendación de #godello, o D.O. Ribeiro #MaríaMeréns e ademais, falamos con David Jové sobre "canto estamos dispostos a pagar por un viño". Lembrade que a tenda de Lugardelvino A Estrada na rúa Ulla ten horario de tarde de luns a venres e os sábados pola mañán. #ConservatorioProfesionalMúsicaAEstrada Concello A Estrada Pechamos por este curso as visitas do #conservatorio estradense ós nosos estudios. Neste tempo coñecemos un pouco máis o funcionamento interno, as aulas e especialidades... ós profes e ó alumnado. Para despedir viñeron hoxe por aquí... 63´ ... en primeiro lugar o profe de música e movemento Ángel Vidal Cortizo con 6 alumnos que ademais tocaron en directo: Xián, Martín, Mateo, Pablo, Mariña e Mateo. 86´ ... e logo coñecemos ós profes de vento metal, (tombón, tuba, bombardino, trompeta... ), Pablo Emilio Santaclara Ríos, Nicolás Leiro Álvarez e Victor Manuel Vilariño que viñeron acompañados tamén de 3 alumnos que tamén tocaron en directo: Lía, Xiana e Mateo. Moitas grazas a todas e todos! Fran Campos, Gerundina... Información, música, entrevistas de actualidade, axenda cultural, participación e moito humor... colaboracións semanais nas que falamos de saúde, cine e tv, fina nzas, música, viño... Magazine que conta con un menú rico, saudable e variado! ;)
NOW PLAYING
A Galería 290525
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Oct 3, 2025 ·28m
Sep 16, 2025 ·29m
Sep 16, 2025 ·47m
Sep 12, 2025 ·37m
Sep 11, 2025 ·40m
Sep 10, 2025 ·40m