A resposta, o negocio e Ferrovial están no vento episode artwork

EPISODE · Mar 3, 2023 · 39 MIN

A resposta, o negocio e Ferrovial están no vento

from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes

Caso Ferrovial: co caso Ferrovial, a metade dos medios e da clase política española descubren de pronto que as grandes empresas van onde queren a pagar (ou a non pagar) os impostos, independentemente de onde traballen. Non se estrañarían tanto se reparasen en que iso foi o que fan as empresas que teñen sede social en Madrid e fan os cartos en Galicia. A outra metade da clase política e mediática parécelle moi ben que unha multinacional que lle meteu un pufo á facenda pública de 200 e pico de millóns e está pendente doutras sentencias se vaia aos Países Baixos. E falando de facer os cartos nun sitio e levalos cara outro, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro comentan tamén o plan que a ministerio de Teresa Ribera se sacou dun caixón, poñendo muiños eólicos no mar onde lle presta. Máis da metade fronte das costas galegas. O presidente Rueda quéixase de que non contan con el, e que non é plan, pero si que o é (polo menos administrativamente. E para rematar, a alegría de que a ditadura iraní liberase á coruñesa Ana Baneira do cárcere onde levaba catro meses por participar nas manifestacións de mulleres, e a sorpresa de que a diplomacia española non consiga un éxito similar co Pablo González, o xornalista español que leva un ano en prisión preventiva, illado, nunha prisión dunha democracia integrada na UE como Polonia. Neste caso, a resposta si que non está no vento. Nin en lado ningún.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Mar 3, 2023

Embed this episode

NOW PLAYING

A resposta, o negocio e Ferrovial están no vento

0:00 39:27

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of A actualidade está sobrevalorada?

This episode is 39 minutes long.

When was this A actualidade está sobrevalorada episode published?

This episode was published on March 3, 2023.

Can I download this A actualidade está sobrevalorada episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!