EPISODE · Jan 26, 2022 · 32 MIN
AAES 4 - Botas campeiras, atención primaria e un ave rapaz
from A actualidade está sobrevalorada · host Luzes
Nos últimos días producíronse dúas manifestacións contra as respectivas crises sectoriais: A sanidade pública (na Coruña) e o abandono do campo (en Madrid). A demanda de solucións para a saúde pública xa estaba tardando porque os gobernos -polo menos o de Galicia- ainda non recuperaron as porcentaxes de investimento no sector que se rexistraban en 2006, e iso despois dunha pandemia que deixou ben claro que, cando veñen mal dadas en asuntos sanitarios, o mellor refuxio –ou o único- é o sector público. Tamén o campo está abandonado á súa sorte, pero os que máis figuraban na protesta parecían formar parte máis dos problemas que das solucións: traxes de montería, botas campeiras e a imaxe inolvidable de Rocío Monasterio (VOX) cunha ave de presa (un paxaro real) como animal de compañía
Embed this episode
NOW PLAYING
AAES 4 - Botas campeiras, atención primaria e un ave rapaz
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.