ACNDN 1x04 - Gordos do cine
from A Caixa Negra Da Nostromo
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo combinamos as nosas dúas paixóns: A papatoria e mais o cine. Falamos dos Gordos e Gordas máis ilustres da gran pantalla, xa sexan actores que o sexan de seu ou personaxes que presenten esta característica. Falaremos do "Gordo Cab**n" de Austin Powers, do informático de Jurassic Park, das pelis de Bud Spencer... Dramas con gordos, comedias con gordos, pelis que condenan a gordura, pelis que a celebran... as posibilidades son tan grandes coma os seus cinturóns. *Cómo conseguir o premio* O día 25 de xullo de 2023 estaremos no stand de ACODG (Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, https://obradoirodixitalgalego.gal) no FestiGal, no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela. Para levar o noso merchandising, soamente tes que dicirnos a frase clave que desvelamos neste episodio . Sintonías: Away, by Patrick Patrikios. Sunset Rider, by FASSounds. Retrograde, by Spence.
Embed this episode
No transcript yet.