Episodes
-
ACNDN 37 - Concursos no cine
Hoxe toca falar de Concursos! De todo tipo e forma sempre e cando aparezan en películas, claro. Desde concursos musicais coma os de "Canta" ou "Baila Comigo" (Sí, a peli de Chayanne) até concursos post apocalípticos onde o premio é non morrer, coma en Perseguido ou A Longa Marcha. 0:00:00 - Intro...
-
ACNDN 36 - Como se traducen as pelis? (con Josinho Rodríguez, tradutor audiovisual)
Neste episodio, a nave Nostromo ten un novo tripulante: José Rodríguez, profesional da tradución audiovisual ao galego que ven esmigallar os segredos da profesión. Ademáis, facemos un repaso de contido novo dispoñible en galego e máis das MÍTICAS dobraxes históricas da TVG. *Ligazóns mencionadas…
more -
ACNDN 35 - Caciques no cine
"Celebramos" a obtención da Alcaldía de Lugo por Elena Candia a través dun movemento "transfuguista" con este episodio sobre caciques no cine. Falaremos de películas coma Yojimbo, La escopeta nacional e ese gran mito de este podcast que é "Prisoners of the Ghostland". Tamén falaramos da serie de...
-
ACNDN 34 - A Radio no cine (Con Dani Maverick)
Neste episodio homenaxeamos ao medio que podemos considerar pai do podcast: A Radio. Para iso convidamos a Dani Maverick, ex locutor de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e podcaster en diversos proxectos coma os que vos deixamos aquí: En Clave de Soundtrack:...
-
ACNDN 33 - A maxia no cine (Desde o Museo da Maxia de Galicia)
Neste episodio desprazámonos ao Museo da Maxia de Galicia, en Santiago de Compostela (https://museodamaxia.gal) onde Eloy Fernández nos da unha auténtica clase maxistral sobre a maxia escénica. Non esperedes que falemos aquí de Merlín, Gandalf ou Harry Potter, senón Houdini, David Copperfield ou…
more -
ACNDN 32 - Sirāt e outras Road Movies
Volve A Caixa Negra en 2026 falando de Road Movies. E isto que é? Ben, pois esas películas nas que os protagonistas fan unha viaxe por terra na que historia se atopa no camiño e nos lugares polos que paran. Películas de viaxes en coche pola autoestrada, a pé en peregrinación, collendo diversos...
-
ACNDN 31 - O Fin de Ano no cine (Feliz 2026!)
Remata un novo ano na travesía da nosa nave Nostromo e celebrámolo ao grande, vestíndonos como idiotas e bebendo Champín. E xa que estamos, pois falamos de películas nas que o cambio de ano é relevante como por exemplo Mi gran noche, Cuando Harry encontró a Sally ou El Apartamento. E ademáis…
more -
ACNDN 30 - Cine sobre o descubrimento de América
Hoxe contamos coa axuda de Adrancinho, o noso historiador de cabeceira, para falarmos de cine sobre o descubrimento de América, sobre os pobos precolombinos e, finalmente, do imperio español en xeral. Que non é que haxa tanto, pero si hai pelis interesantes, algunhas para ben coma "Batman…
more -
ACNDN EXTRA - ESPECIAL CINEUROPA 2025 + FESTIVAL DO PODCAST
Este ano a nosa edición do maratón de Cineeuropa viuse interrumpida por acudirmos ao Primeiro festival de Podcast que se realizou en Neda da man de EMUGA (Asociación de Emisoras Municipais Galegas). Así que aqui vos queda un especial con mistura de guión ao máis estilo Nolan. #emuga #podcast...
-
ACNDN EXTRA - Vampiros
Por mor da estrea de "Drácula", de Luc Besson, decidimos facer un pequeno extra sobre pelis de Vampiros. Que vale, que o mellor era ter visto a peli e falarmos dela, pero non fixemos os deberes. Que se lle vai facer? Falamos dos vampiros máis clásicos coma "Nosferatu" ou "El Vampiro", de…
more -
ACNDN 29 - Casas ruinosas
Anda a cousa fodid... eh... fastidiada para isto da vivenda. Como "mal de moitos, consolo de parvos" e nos formamos parte deste colectivo, traemos unha escolma de películas nas que podemos ver xente que vive en condicións ainda peores cas nosas. Así, neste episodio atoparedes referencias a "Esta...
-
ACNDN 3x11 - Películas sobre as vacacións
Pois xa está ben entrado o verán, pero nunca é tarde para celebrar o período vacacional. Pero ollo, que as vacacións ao final non deixa de ser sair da zona de confort (digo eu, ho) e poden pasar moitos accidentes e aventuras. E asi nolo di o cine. Vacación terroríficas coma as de Tiburón ou Us,...
-
ACNDN 3x10 - Sagas que foron a pique
Hai pelis que parecía que prometían unha saga... e ao final deixaron as cousas inacabadas. Ou mal acabadas, como mínimo. Ou o que sexa que fixeron en Alatriste, que mimadriña. Hoxe falaremos delas, sagas mal, cousas coma "Las Crónicas de Narnia", "El corredor del Laberinto" ou "Eragón". Poucas...
-
ACNDN 3x09 - A comida e o corpo no cine (coa Dietista Realista)
Gustanos o que ven ser a papatoria. Como non nos saquen o prato de diante danos a noite. Por iso hoxe contamos coa axuda de Sandra (@dietistarealist ) , a nosa dietista de cabeceira. Con ela falaremos de películas onde a comida teña un papel destacado, que son varias: Como el Agua Para…
more -
ACNDN 3x08 - ESPECIAL O Papa no cine (E outras pelis de cregos e monxas)
Con motivo do recente pasamento do Papa Francisco I, decidimos darlle un repaso aos exemplos nos que esta figura apareceu no cine: Las Sandalias del Pescador, 2 Papas, Amén... e tamén Euro Trip ou Sister Act (Una monja de cuidado) que a súa santidade da para comedias. Amén diso (haha) tamén…
more -
ACNDN 3X07 - Cinema de Arte e Ensaio
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo toca pórse intelectual. Limpamos as nosas gafas de pasta e quitámoslle o po ás nosas vellas revistas físicas de cine. Consultamos a escrita correcta dos nomes dos directores franceses e finximos que temos abono en Cineuropa. As nosas redes: Youtube:...
-
ACNDN 3x06 - A Mafia no cine (Con KinocubeCinema)
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo tocan sombreiros, traxes de raia diplomática, ametralladoras Thomson e negocios moi turbios. Falamos de cine sobre a Mafia. Por suposto, falamos dos dramas criminais clásicos coma "El Padrino" ou "Uno de los Nuestros" pero tamén de películas máis de acción coma…
more -
ACNDN 3x05 - Bandas Sonoras (Con Belénfagot)
As bandas sonoras son unha parte tan intrínseca das películas coma a fotografía ou as interpretacións. Hoxe na Caixa Negra sa Nostromo, rendimos homenaxe aos compositores da música que acompañou ás nosas obras favoritas. Desde os clásicos coma John Williams (Indiana Jones, Star Wars...) ou Ennio...
-
ACNDN EXTRA - Maratón Cineuropa 2024
Non, o ano non está mal. Este video teria que ter saido en novembro do ano pasado, que foi cando se celebrou a Maratón de cine fantástico e de terror de Cineuropa, o festival de cine de Santiago de Compostela. O problema foi tratar de recuperar o audio dalguns dos vídeos que gravamos, e...
-
ACNDN 3x04 - ESPECIAL NADAL: Xoguetes no cine
Chega o Nadal e con él chegan os 3 Reis Magos da Nostromo, cargadiños de xoguetes e de cine. Neste especial falaremos de películas nas que os xoguetes son os protagonistas: Pequeños Guerreros, Toy Story, Childs play... e tamén de películas que se fixeron a partir de franquías xogueteiras, coma La...
-
ACNDN 3x03 - Cine carcelario: Directo desde O Vello Cárcere de Lugo
Era cuestión de tempo que acabásemos na cadea. Este especial desde O Vello Cárcere de Lugo trata dese mesmo tema: Películas que transcorren na prisión. As veces de xeito dramático coma La Milla Verde ou O Lapis do Carpinteiro, outras máis lixeiro como "El clan de los Rompehuesos" ou "La Roca" e...
-
ACNDN 3x02 - Películas sobre a morte (Con Luz de Tea )
Morrer évos o máis democrático e igualitario que hai, sacando honrosos casos coma o da neveira de Walt Disney. Hoxe tiramos da nosa tanatopractora de confianza @LuzdeTea (Non é carallada, é tanatopractora en serio) para que nos ilustre un pouco sobre o tema. Películas onde a morte é un personaxe...
-
ACNDN 3x01 - Películas que lle gustarían a Íñigo Errejón
Este ano a actualidade deunos o pulo final para iniciar tempada. Falando entre nós a cerca das infames novas sobor de Iñigo Errejón, comezamos a referenciar pelis nas que toca o tema dos abusos sexuais e decidimos transformar a conversa no primeiro episodio do podcast. Películas onde o tema se…
more -
ACNDN 2x11 - ESPECIAL OLIMPIADAS: Cine deportivo
Antes de escoitar este podcast seria boa cousa que quentásedes e estirásedes, porque os Xogos Olímpicos París 2024 empezan e chegan tamén á nave Nostromo. Falaremos de cine sobre as olimpiadas, con películas coma Carros de Fuego ou a tan clásica coma polémica Olympia. E tamén de cine deportivo en...
-
ACNDN 2x10 - Botamos un Trivial de terror
O Paco mercou un Trivial de cine e series de terror e non parou ata que o estreamos. Neste episodio botamos unha partidiña e aproveitamos as preguntas para facer o noso: Falar de películas. Neste caso, pois da temática: Saw, Train to Busan, La Cosa. Pero tamén cousas máis caralleiras coma…
more -
ACNDN 2x09 - Espadas no cine (Con Aldán "Cabaleiro Errante")
Para o programa de hoxe necesitabamos dun cabaleiro versado na nobre arte da esgrima. É por iso que o Cabaleiro Errante Aldán se suma á tripulación da Nostromo para botar luz sobre as nosas películas favoritas nas que se pelexa con espadas. Faremos un percorrido histórico desde as espadas do...
-
ACNDN 2x08 - Películas de submarinos (Con "A Lobeira Today")
Hoxe recibimos a Fran de "A Lobeira Today" , técnico de sónar da Armada (en serio) para falar de películas de submarinos. Esta é unha das poucas veces neste programa que alguén sabe do que fala, así que ademáis das propias pelis, poderemos saber canto realismo e fantasía hai nelas. Aprendemos a...
-
ACNDN 2x07 - Os videoxogos no cine (Con Recuncho Gamer )
Nós eramos destes rapaces aos que os seus pais lles rifaban por botar tempo de máis coa "maquinita", así que hoxe rendimos homenaxe aos videoxogos falando des películas nas que, ou ben xogan un papel principal (Free Guy, Rompe Ralph...) ou ben, directamente, adaptan títulos (Tomb Rider, Sonic,...
-
ACNDN 2x06 - Cine con máscaras
Hai unha pila de razóns para poñer unha boa máscara: Disfraces, identidades segredas, dificultar a identificación ao cometer crimes ou simplemente agochar o feo que se é. Disto todo hai pelis. Si, do último tamén, e máis das que poderías pensar. Avisamos de que non imos de falar de Superheroes ao...
-
ACNDN EXTRA - Dune: Parte 2
Xa vimos a parte 2 de Dune de Denis Villeneuve e facemos unha reseña. Sen spoilers ata o primeiro descanso. Tamén comparamos coa novela de Frank Herbert. Continúan as aventuras de Paul Atreides (Timothée Chalamet), Chani (Zendaya) e compañía no planeta Arrakis. *As nosas redes:* Youtube:...
-
ACNDN 2x05 - Películas de Amor ❤️ ESPECIAL SAN VALENTÍN
Ai hoxe! Hoxe chegou á tenrura, os bicos e mais os corazonciños á nave Nostromo. Hoxe celebramos San Valentín, o día dos namorados, repasando as nosas películas de amor favoritas, menos favoritas e máis "WTF?" Desde pelis de amor bonito coma Antes del Amanecer ou Brokeback Mountain, ata pelis de...
-
ACNDN 2x04 - Defendendo o indefendible: Películas menosprezadas que a nós SI nos gustan.
O de este episodio vai de "Unpopular opinions": Salvamos da queima películas xeralmente consideradas malas cando non directamente ridículas. Defenderemos películas tan indefendibles coma: Street Fighter (1994), Rebel Moon (Xa lle deu tempo a ser un clasico trash), Waterworld e ate unha peli de…
more -
ACNDN 2x03 - Os Xogos de Rol no Cine (Con RoleiradasbyPenta)
Hoxe recibimos na nosa canle a Xosé M. Marcote Gil A.K.A. "Penta", da canle https://www.youtube.com/@RoleiradasbyPenta para falarmos daquelas películas que dun xeito ou outro referencien os Xogos de Rol. Xa sexa daquelas que adapten o argumento dos xogos (Crónicas Mutantes, Dungeons & Dragons...)...
-
ACNDN EXTRA - Maratón de pelis de terror no #Cineuropa37
Neste episodio imos de expedición en plan reporteiros. O venres 24 de novembro do 2023 celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a Maratón de pelis de terror do festival #Cineuropa37 . Aló enviamos a Fuco e máis a Fer (A Corte do Director non puido asistir por mor do choio,...
-
ACNDN 2x02 - Pelis de tebeos
Entendemos que os "tebeos" son eses cómics europeos de corte infantil cun estilo de liña clara. Non esperedes neste capítulo que falemos das pelis de Marvel, aínda que sexan de cómics, senón de cousas como: Mortadelo, Astérix, Zipy y Zape, Tintín... Non volo imos negar, alí onde eses tebeos nos...
-
ACNDN 2x01 - Frikadas Asiáticas | Galician Freaky Film Fest 2023
O temido día chegou: Presentamos segunda tempada! Cun programa moi especial en directo desde o Galician Freaky Film Fest de Vigo (https://galicianfreakyfestival.com) Ainda que soamente de xeito parcial, que quedou a gravación algo reguler. E xa que o GFFF este ano se centraba no cinema do lonxano...
-
Estreamos a 2ª tempada no Galician Freaky Film Fest!
Esta sábado 30 de setembro estreamos a nosa segunda tempada no Galician Freaky Film Fest (#GFFF) , as 12:30 do mediodía no Centro Comercial Plaza Elíptica, en Vigo (Sala Apo´strophe Arte) Alí falaremos das nosas pelis frikis asiáticas favoritas en vivo e en directo! Estades todos convidados. Máis...
-
ACNDN 1x06 - A Urna Negra da Nostromo | Especial cinema electoral
Neste derradeiro episodio da tempada, chegan os comicios á nave Nostromo, polo que hoxe cambiamos a caixa pola urna para elexir quen é o novo capitán, novo navegante, novo ordenador de abordo, novo alien e novo "último en morrer". E si, isto é unha referencia a unha das pelis das que falamos…
more -
ACNDN EXTRA - Indiana Jones e o Dial do Destino
Como non ía un trío de "vellenials" coma nós adicarlle un episodio EXTRA a Indiana Jones? Reunímonos unha vez máis na sala de cine con motivo da estrea da quinta e (supostamente) derradeira película do noso arqueólogo favorito. Desta vez, Indy vai na procura do "Dial do destino": Un aparello…
more -
ACNDN 1x05 - Gloria e Noxo na Sala | Experiencias estrañas no cine
Xa avisamos que a pesar da referencia evidente a "Medo e Noxo en Las Vegas", non imos falar dela neste episodio de A Caixa Negra da Nostromo. Con Gloria e Noxo na Sala de cine, referímonos a aquelas experiencias extraordinarias que nos aconteceron vendo pelis. Cines con instalacións en mal…
more -
ACNDN 1x04 - Gordos do cine
Hoxe na Caixa Negra da Nostromo combinamos as nosas dúas paixóns: A papatoria e mais o cine. Falamos dos Gordos e Gordas máis ilustres da gran pantalla, xa sexan actores que o sexan de seu ou personaxes que presenten esta característica. Falaremos do "Gordo Cab**n" de Austin Powers, do…
more -
ACNDN 1x03 - Malos que tiñan razón
Non vos pasa que hai veces que vedes unha peli e ides co malo? Que vos parece que ten razón ou, polo menos, que fai as cousas por un motivo tan bo que xustifica os seus medios? Pois disto vai o episodio de hoxe de A Caixa Negra da Nostromo. Pelis coma Matrix, Black Panther, Whatchmen... estades...
-
ACNDN EXTRA - Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns (Sen Spoilers!)
Estreamos este novo formato de programa especial por mor da nosa quedada para ver "Dungeons & Dragons: Honor entre ladróns", porque a actualidade manda. Importante, esta reseña é SEN SPOILERS, así que tranquilos todos. Non imos mentir, iamos ao cine un pouco acojonados, pois ainda temos…
more -
ACNDN 1x02 - BLOCKBOSTAS: Bos actores, malas pelis.
Un "blockbosta" é unha peli de merda que se fai pasar (ou intenta) por un blockbuster. Para isto utilizará varios métodos: Adaptar unha franquicia coñecida de anteman, contratar un grupo cool para facer a banda sonora... mais o noso favorito é o de contratar actores de renome para que figuren no...
-
ACNDN 1x01 - O trece, mal número se non crece
Nós non somos supersticiosos porque é ben sabido que selo DÁ MALA SORTE. Boa mostra disto é o noso primeiro episodio, de películas nas que o número 13 ten un papel primordial: 13 Badaladas, 13 Pantasmas, O Guerreiro número 13, 13 Monos... ou eran 12? Mira, non sei, mellor vede o vídeo e a ver se…
more -
ACNDN - Sintonía tempada 1
Sintonía da primeira tempada do podcast. Música: Sunset Rider, by FASSounds.