EPISODE · Feb 10, 2025 · 30 MIN
Adeus a Xosé Vizoso
from Todos os podcast | A crónica deportiva
“Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso. O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC, e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva. O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica. Seus son tamén, entroutros, o cartel do Centenario do Celta de Vigo, os das festas das San Lucas ou o bonito de Burela. Ceramista e cartelista prolífico, era retranqueiro e xeneroso. “Case tódalas casas teñen obra del sen sabelo”. Alberto Guitián, comisario da exposición ‘O neno que debuxou un cabalo’ na Cidade da Cultura, co gallo do Día da Ilustración, este ano dedicado a Vizoso.
Embed this episode
NOW PLAYING
Adeus a Xosé Vizoso
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.