Ar de Coruña. Capítulo 1: Montealto episode artwork

EPISODE · Feb 19, 2011 · 1H 57M

Ar de Coruña. Capítulo 1: Montealto

from Ar de Coruña (completo)

Ás 12 do mediodía deu comezo o magacín comunitario Ar de Coruña, un programa feito por e para a cidade. É un programa colaborativo feito por un grande número de persoas involucradas. É un ilusionante proxecto que facía falla nesta emisora comunitaria (e na radio coruñesa en xeral): dúas horas adicadas a falar da xente da rúa, das asociacións, dos barrios, da cultura. Con Iverson de técnico de son, Mariano Fernández e Mónica Alonso deron comezo ao programa nunha presentación na que explicaron a grandes rasgos de que vai ir este programa. A primeira hora trata dun barrio en concreto, neste caso, Montealto, un dos máis emblemáticos barrios da cidade. Bea Ulalume realizou unha contextualización do barrio, e despóis se emitiu o mosaico sonoro, locutado e producido por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa que realizaron Ozzy de Castro e Vera Pidal. Inmediatamente despois, os conductores entrevistaron a un dos persoeiros máis emblemáticos do barrio: Xurxo Souto, cantante de Os Diplomáticos de Montealto e, por que non dicilo, un dos padriños de Cuac FM, que nos contou que significa para el o barrio desta semana de Ar de Coruña. Tras unha peza sonora de Manolo Rivas, Marta Chil foi á librería Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9) (situada no barrio de Montealto), onde nos recomendaron o libro Todo menos o cuiñar, de John Barlow. En canto á parte máis social do barrio, Vera Pidal e Ozzy de Castro entrevistaron a Roci, do Centro Social Atreu (Travesía San Xosé, 2, baixo), que dan espazo a diversos colectivos sociais; e a un dos colectivos que participan en Atreu: Nomepisesofreghao (colectivo feminista). A seguinte entrevista foi a Virxilio Teixeiro, que nos falou do Centro Social Okupado Casa das Atochas. A segunda hora consta de tres partes ben diferenciadas: Cultura, Actualidade e Sociedade. En Cultura, que Tomás Legido realizou unha entrevista a Felipe Criado sobre a inauguración da Normal, e con Luis Diaz, un dos fotógrafos que participan na exposición que inaugura este espazo da UDC; e posteriormente, Mónica Alonso, Mariano Fernández, Jorge Catoira e Roberto Catoira repasaron a axenda cultural da semana, onde se recordou a entrevista que o grupo A Rolos de Salitre concedeu ao noso programa Folk in Trío (e que nos cedeu amablemente Antonio Prado), xa que hoxe o citado grupo tocaba na FNAC. En Actualidade, conectamos en directo con Manuel Castiñeira e Fernando Losada, quen entraron en directo dende o Palexco, onde se estaba a celebrar o Espazo Solidario, unha feira de máis de 50 asociacións con presenza nesta cidade. En directo, entrevistouse a representantes de ADEGA, ACSUR-Galiza e Viraventos. No caso de ACSUR cortouse a comunicación en directo, pero gravamos un audio a maiores que colgaremos en breve no noso podcast. En Sociedade, Mariano Fernández entrevistou no Estudio José Couso a un integrante do Centro Social Gomes Gaioso, que ao igual que Atreu e a Casa das Atochas, tamén se atopa no Barrio de Montealto, e ao igual que as anteriores, falounos das diversas actividades que están a realizar. Ademáis, no Espazo Solidario, os nosos reporteiros estiveron entrevistando a outras asociacións asociacións amais das que saíron do programa; eses audios emitiránse nos vindeiros programas de Áfrika Páprika.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 19, 2011

NOW PLAYING

Ar de Coruña. Capítulo 1: Montealto

0:00 1:57:03

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Ar de Coruña (completo)?

This episode is 1 hour and 57 minutes long.

When was this Ar de Coruña (completo) episode published?

This episode was published on February 19, 2011.

What is this episode about?

Ás 12 do mediodía deu comezo o magacín comunitario Ar de Coruña, un programa feito por e para a cidade. É un programa colaborativo feito por un grande número de persoas involucradas. É un ilusionante proxecto que facía falla nesta emisora...

Can I download this Ar de Coruña (completo) episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!