Ar de Coruña. Capítulo 2: Agra do Orzán episode artwork

EPISODE · Feb 26, 2011 · 1H 57M

Ar de Coruña. Capítulo 2: Agra do Orzán

from Ar de Coruña (completo)

Unha semana despois da súa estrea, Ar de Coruña, o novo programa comunitario de CUAC FM, colle máis folgos e chega á súa segunda entrega. Nesta ocasión a primeira hora do programa estivo adicada a outro destacado barrio da cidade: Agra do Orzán. Mariano Fernández ocupouse do control técnico, sendo conducido o magazine por Mónica Alonso e Jorge Catoira. Bea Ulalume encargouse de mostrarnos unha contextualización do barrio como punto de partida para achegarse a esta parte da cidade. A continuación, os presentadores pasaron a entrevistar a tres representantes da Asociación Veciñal Agra do Orzán. Chegou despois o mosaico sonoro realizado por Víctor Grande a partir das entrevistas na rúa feitas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira. Outras voces do barrio tiveron cabida e conversaron cos nosos conductores no estudio 1 de CUAC FM: trátase de Nicanor Acosta, de Forum Propolis; Rubén Sánchez, director de La Voz del Barrio, e Guillermo Zurita en representación da Asociación de Sin Papeles da Coruña. A primeira hora do programa rematou coa visita que Marta Chil realizou á libraría da semana: Couceiro, situada na Ronda de Outeiro 248, da cal saíu con varias recomendacións de lectura. A parte centrada na Cultura comezou cunha entrevista ó grupo coruñés Proyecto Kournikova, da man de Ángela Triana. A presencia desta banda completouse con dúas das súas cancións interpretadas en directo e en acústico desde o Estudio Alexandre Bóveda da emisora. Intermón Oxfam deixounos unha sinatura repleta de sensibilidade social. Para rematar este tempo do programa, Bea Ulalume, Fernando Losada e Manuel Castiñeira encargáronse da Axenda Infantil da semana. A Actualidade achegouse à Praza de España, onde Antonio Prado entrevistou a algúns veciños acerca da remodelación e inauguración dos novos espazos do Campo da Leña. Tamén tivo a oportunidade de conversar co arquitecto Felipe Peña, responsable desta reforma. A continuación emitíuse unha reportaxe de Mariano Fernández e Fernando Losada na que se recolleu un acto reivindicativo respecto do pequeno comercio dentro do proxecto Pequenas Superficies. Finalmente, na parte dedicada a Sociedade, Mónica Alonso e Jorge Catoira achegáronse a Masa Crítica, un colectivo ciclista ó que pertencen os convidados Fran García Campos e Luis Domínguez Muñoz.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Feb 26, 2011

NOW PLAYING

Ar de Coruña. Capítulo 2: Agra do Orzán

0:00 1:57:52

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Ar de Coruña (completo)?

This episode is 1 hour and 57 minutes long.

When was this Ar de Coruña (completo) episode published?

This episode was published on February 26, 2011.

What is this episode about?

Unha semana despois da súa estrea, Ar de Coruña, o novo programa comunitario de CUAC FM, colle máis folgos e chega á súa segunda entrega. Nesta ocasión a primeira hora do programa estivo adicada a outro destacado barrio da cidade: Agra do Orzán....

Can I download this Ar de Coruña (completo) episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!