Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou episode artwork

EPISODE · Apr 16, 2011 · 1H 57M

Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou

from Ar de Coruña (completo)

O noveno Ar de Coruña achegouse ó histórico barrio de Labañou. A emisión foi conducida por Mariano Fernández e Mónica Alonso. Manuel Castiñeira ocupouse do control técnico coa colaboración de Ángela Triana. Este programa, realizado polo Equipo de Redacción de CUAC FM, incluíu os seguintes contidos: A habitual radiografía do barrio. Entrevista cos convidados Enrique Fernández Maceiras (presidente da Asociación de Veciños de Labañou), Chefa Pérez (presidenta de ASCODI – Asociación Comunitaria do Distrito Quinto), Rosalindo Villoria (voceiro e fundador de ASCODI) e Carlos Martín (presidente da Asociación de Veciños de San Pedro de Visma). O usual mosaico sonoro realizado por Antón Dubra a partir das voces da veciñanza recollidas por Ozzy de Castro e Jorge Catoira. Marta Chil visitou a Libraría de Barrio, optando por desprazarse á Praza do Conservatorio 8 para darnos a coñecer a libraría Ciudad Escolar. Na segunda hora puidemos escoitar o que segue: A Axenda Infantil na voz dos conductores e de Jorge Catoira. A sección de Cultura recibíu ó grupo madrileño Havalina, de concerto na cidade o día de emisión do programa, e que interpretaron dous temas en vivo e en directo desde o Estudio Alexandre Bóveda. Na parte de Sociedade os nosos conductores falaron con Jorge Sampedro, educador social e vinculado ó Albergue de Transeúntes da Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, unha das asociacións máis destacadas do barrio de Labañou. A firma deste día levou o nome de Intermón Oxfam e a voz de Mayka Beltrán, que falou acerca da carta que varios economistas enviaron ós Ministros de Economía do G20 en relación co respaldo a unha taxa ás transaccións financeiras. Rematamos con Actualidade, dando lectura ó comunicado emitido poucos días atrás polo Centro Social Ocupado Casa das Atochas ante o forzado desaloxo realizado. Audio emitido en Cuac FM el 16-04-2011.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 16, 2011

Embed this episode

NOW PLAYING

Ar de Coruña. Capítulo 9: Labañou

0:00 1:57:00

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

No similar podcasts found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Ar de Coruña (completo)?

This episode is 1 hour and 57 minutes long.

When was this Ar de Coruña (completo) episode published?

This episode was published on April 16, 2011.

Can I download this Ar de Coruña (completo) episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!