Skip to content
AROUSA NOTICIA 02 06 26 episode artwork

Jun 2, 2026 14 min

AROUSA NOTICIA 02 06 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A plantilla da fábrica de Nestlé en Pontecesures afronta a segunda xornada de folga indefinida contra o ERE plantexado pola multinacional que, se as cousas non cambian durante as negociacións, suporá o despedimento de 27 traballadores da central arousá. O alcalde de Vilagarcía aborda con responsables de Renfe as melloras que o Plan Galicia introducirá no Eixo Atlántico co aumento das frecuencias e do número de prazas, que se incrementan un 24%. Veciñanza da rúa Faxilde reclama ao Concello unha intervención urxente para a reparación dos afundimentos do vial provocados polo mal estado das canalizacións. Concello de Vilagarcía e Urbaser promoven unha nova campaña para informar e concienciar á poboación sobre o correcto uso da recollida de voluminosos. Cambados inicia a redacción do informe que permita o borrado da pintada que apareceu esta fin de semana nunha das fachadas da igrexa de San Bieito, un acto vandálico que, lonxe de ser unha gamberrada, o goberno local considera un atentado contra un Ben de Interese Cultural con séculos de historia. O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro 26 de xuño unha reunión de coordinación entre os traballadores e traballadoras sociais dos departamentos de Servizos Sociais dos concellos do Salnés con menos de 20.000 habitantes. Xa está todo listo para a celebración o sábado 13 de xuño, a partir das 11 horas, da I Foliada do Piñieiriño, unha xornada de convivencia con música e baile tradicional e xantar popular organizada pola asociación as Gharbosas.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIA 02 06 26

0:00 14:41

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 14 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on June 2, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.