Episodes
-
O Plan Integrado de Emprego inicia a súa XV edición con cen prazas para formarse en trinta especialidades
A Mancomunidade do Salnés inicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Xa é a XV edición dunha iniciativa financiada a través da Conselleria de Emprego da Xunta de Galicia que ao longo dos anos estase confirmando como un importante modo de inserción laboral, situada en máis do 80%.…
more -
AROUSA NOTICIAS 27 07 26
A Policía Nacional investiga as causas da morte dunha muller cuxo corpo sen vida apareceu esta madrugada no río Lérez, en Pontevedra. Un veciño de Vilaxoán de 78 anos falece na praia do Preguntoiro cando se encontraba nadando. Ravella impulsa a reforma urbana iniciada nos Duráns con dúas...
-
AROUSA NOTICIAS 23 07 26
Dez menores de entre 14 e 16 anos, algúns deles veciños de Cambados,investigados como presuntos autores de varios actos vandálicos rexistrados nas instalacións do Obradoiro de Emprego de Cambados. O concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, rompe o silencio dende o seu cese como membro do...
-
AROUSA NOTICIAS 22 07 26
As obras de saneamento que está a executar Augas de Galicia para reducir os verquidos ao río do Con entran na fase final e estarán rematadas na súa totalidade entre setembro e outubro. O Grove lanza unha mensaxe de preocupación pola prestació sanitaria no municipio na época estival con cinco...
-
AROUSA NOTICIAS 21 07 26
O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria do servicio comarcal da recollida de resíduos en Cambados, Meis e Vilanova, traslada hoxe as súas mobilizacións a Cambados e a sede da Mancomunidade do Salnés. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribadumia, David Castro, califica de “totalmente...
-
AROUSA NOTICIAS 20 07 26
Novo ataque incendiario contra unha propiedade do alcalde Gonzalo Durán, desta volta sobre a casa da súa nai, falecida o pasado ano. O persoal da empresa da recollida do lixo en Cambados, Meis e Vilanova continúa coas mobilizacións cunha concentración en Ribadumia tras non aceptar a última…
more -
AROUSA NOTICIAS 16 07 26
A praza Rafael Pazos luce dende esta mañá o novo antigo escudo constitucional do desaparecido Concello de Vilaxoán que sustitúe ao anterior blasón de teselas. Vilaxoán Canta celebrará este vindeiro luns 20 de xullo unha nova edición como broche das Festas do Carme da localidade vilagarciá.…
more -
AROUSA NOTICIAS 15 07 26
O Conselleiro de Sanidade afirma que a decisión de trasladar a unidade medicalizada a Sanxenxo durante o verán está adoptada en base a criterios científicos e técnicos e asegura que a asistencia está totalmente garantida co resto dos recursos existentes. Alberto Varela non da a batalla por…
more -
AROUSA NOTICIAS 14 07 26
Concello de Vilagarcía e Zona Aberta chaman á participación na mobilización deste xoves para reclamar unha ambulancia medicalizada con base en Vilagarcía todo o ano. A mobilización recibe o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que impulsará unha iniciativa no Parlamento....
-
AROUSA NOTICIAS 13 07 26
O último golpe contra o narcotráfico, no que faleceu un veciño de Cambados durante o rexistro do seu domicilio en Corvillón, vincula ao clan dos Charlíns co denominado "Clan dos Balcáns". O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés, inicia en...
-
AROUSA NOTICIAS 09 07 26
A Xunta de Galicia activa a prealerta por escaseza moderada de auga na captación do río Lérez, que afecta directamente ao abastecemento de Sanxenxo e que se estende tamén a Meis e Meaño. A unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía xa patrulla polos camiños e montes da provincia de...
-
AROUSA NOTICIAS 07 07 26
Evoluciona favorablemente o pequeno de cinco anos ferido tras quedar atrapado semiinconsciente nunha valla da escola infantil de Carril, situada no patio de xogo. O suceso súmase a outros dous casos con paradas cardiorespiratorias con fatal desenlace e esperta novas críticas sobre o traslado da…
more -
AROUSA NOTICIAS 06 07 26
O chiringuito da praia da Lapa, en Sanxenxo, queda totalmente calcinado tras un incendio declarado de madrugada. Unha embarcación vaise a pique no porto de Ribeira debido ao seu estado deteriorado e provoca un verquido de aceite e combustible. Comezan os traballos de acondicionamento da…
more -
AROUSA NOTICIAS 03 07 26
Toda a comarca do Salnés, ademáis do Ulla-Umia e Pontevedra, están hoxe en alerta bermella por episodio de calor, con máximas que poden chegar ata os 37 graos. No que atinxe a Barbanza mantense en alerta laranxa. A Consellería do Medio Rural da por extinguido o incendio forestal que se orixinou a...
-
AROUSA NOTICIAS 02 07 26
Entraremos na fin de semana con termómetros á alza, agardándose máximas de 35 graos o domingo e risco extremo de incendios forestais en toda Arousa e gran parte da provincia. O incendio forestal declarado a últimas horas da pasada tarde en Tragove, en Cambados, arrasou finalmente 8.400 metros...
-
AROUSA NOTICIAS 01 07 26
O Salnés e gran parte da provincia entran dende hoxe en risco extremo de incendios forestais, segundo os parámetros que establece a Xunta de Galicia en relación a temperatura, a seca, a humidade do aire ou a forza do vento. O comité provincial de coordinación policial contra os incendios…
more -
AROUSA NOTICIAS 30 06 26
O Salnés consolida unha ampla rede de alianzas co mercado turístico chinés durante a viaxe institucional realizada pola delegación comarcal á provincia china de Zhejiang. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas califica oficialmente a añada 2025 como "moi boa" nunha colleita que…
more -
AROUSA NOTICIAS 29 06 29
Sigue o seu curso, trala reconstrucción dos feitos, a investigación do atropelo mortal rexistrado o pasado mes de abril na zona do Vao, en Pontevedra, no que morreu un home de 48 anos. A plantilla da oficina de Correos en Vilagarcía inicia mobilizacións, convocadas por CCOO, para denunciar a…
more -
AROUSA NOTICIAS 22 06 26
Nada máis entrar o verán, xa chega o San Xoan que, ademáis este ano é festivo autonómico o mércores. Concellos e colectivos ultiman os preparativos para a celebración da noite máis longa do ano con chamamentos á prevención e amplos dispositivos de vixiancia. En Vilagarcía prenderanse 345…
more -
AROUSA NOTICIAS 19 06 26
Os dous irmáns Charlíns detidos na última operación antidroga no Salnés quedan en liberdade provisional acusados de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. Outros cinco arrestados xa están no cárcere da Lama. O persoal docente da Escola de Música e Conservatorio de Cambados denuncia...
-
AROUSA NOTICIAS 18 06 26
Pasan a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía as doce persoas detidas na operación contra o narcotráfico desplegada esta semana en varias localidades do Salnés na que se incautou un alixo de 50 kilos de cocaína. A Garda Civil dá os primeiros pasos para clarexar as circunstancias do...
-
AROUSA NOTICIAS 17 06 26
As doce persoas detidas no operativo contra o narcotráfico desplegado este martes en diversas localidades do Salnés, que rematou de forma tráxica co falecemento dun veciño de Cambados, pasarán a disposición xudicial, previsiblemente, ao longo da xornada de mañá. As rúas de Vilagarcía convértense...
-
AROUSA NOTICIAS 16 06 26
Falece un veciño de Cambados, de 31 anos, a causa dun disparo recibido no rexistro da súa vivenda en Corvillón durante un operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional. Segundo a familia do falecido e o seu avogado, o mozo non estaba vinculado co narcotráfico, non tiña...
-
AROUSA NOTICIAS 11 06 26
Continúa o operativo de busca do veciño do Grove cuxas pertenzas foron atopadas hai dous días nunha rocha da praia de Lavandeira. De momento ninguén denunciou a súa desaparición nin se puido contactar con familiares ou amizades. Xa hai indicios da autoría das pintadas realizadas esta semana na...
-
AROUSA NOTICIAS 10 06 26
A aparición de diversas pertenzas masculinas sobre unhas rochas da praia da Lavaxeira no Grove a pasada tarde mantén aberto un dispositivo de busca para dar co paradoiro do seu dono. As Plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non fan un novo chamamento á...
-
AROUSA NOTICIAS 04 06 26
O persoal da fábrica de Nestlé en Pontecesures pon fin á folga indefinida que viña mantendo dende hai seis días tralo preacordo de madrugada nas negociacións en Barcelona. SOS Sanidade Pública do Salnés denuncia o incremento das listas de espera e reclama á Xunta máis investimentos, persoal e...
-
AROUSA NOTICIAS 03 06 26
O proxecto para a instalación dunha terminal de almacenamento de betume asfáltico no porto de Vilagarcía acaba de recibir a aprobación ambiental da Xunta de Galicia. O Grupo Municipal Socialista de Ribadumia e Somos Ribadumia solicitan a a celebración dun Pleno extraordinario para abordar…
more -
AROUSA NOTICIA 02 06 26
A plantilla da fábrica de Nestlé en Pontecesures afronta a segunda xornada de folga indefinida contra o ERE plantexado pola multinacional que, se as cousas non cambian durante as negociacións, suporá o despedimento de 27 traballadores da central arousá. O alcalde de Vilagarcía aborda con...
-
AROUSA NOTICIAS 22 05 26
Vilagarcía celebra hoxe o día grande de Santa Rita. Centos de persoas ateigan xa dende primeiras horas da mañá a contorna de Vista Alegre, entre misas, postos de velas e rosquillas e carpas de ‘pulpeiras’ e churrasco. A avenida Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, recupera definitivamente os dous...
-
AROUSA NOTICIAS 21 05 26
A veciñanza da rúa Ameal, no lugar da Lagoa, en Sobrán, dispón a partir de hoxe dos servizos básicos de saneamento de residuais e abastecemento de auga potable tralas obras realizadas polo concello cun investimento de 86.000 euros. A Illa de Arousa e O Grove recibirán 250.000 euros de fondos...
-
AROUSA NOTICIAS 20 05 26
O grupo de goberno de Vilagarcía contará co apoio do BNG para aprobar no pleno deste mes de maio os orzamentos municipais para este ano de 41,6 millóns de euros cunha partida de 1,6 millóns para a compra dunha parcela destinada a residencia de maiores pública. A Xunta de Galicia saca a licitación...
-
AROUSA NOTICIAS 19 05 26
Unha muller resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado na estrada PO-548, que une Vilagarcía con Pontecesures, á altura de Bamio, ao carón da gasolineira. Unha colisión entre dous vehículos rexistrada a primeira hora desta mañá na autovía AG-41, ao seu paso polo municipio de...
-
AROUSA NOTICIAS 18 05 26
O acceso á illa das Goritas, en Cambados, permanece cortado dende primeira hora desta mañá debido ás obras de rehabilitación e reforzo da estructura que comezou a executar Portos de Galicia. O BNG de Sanxenxo propón ao goberno local que poña en marcha un servizo de transporte a demanda en...
-
AROUSA NOTICIAS 15 05 26
O plantel de Nestlé en PonteceSures volve concentrarse ante as portas da única fábrica que a multinacional ten en Galicia, coincidindo co inicio das negociacións en Barcelona entre dirección e comité de empresa. O grupo de goberno de Vilagarcía está disposto a incluir nos orzamentos unha partida...
-
AROUSA NOTICIAS 12 05 26
Vilagarcía mira xa cara as Festas de Santa Rita, que comezarán o vindeiro xoves 21 de maio. Serán catro días nos que as verbenas volverán a marcar a parte musical, con Kubo e Capitol”, ademáis dun concerto tributo a Alejandro Sanz. EU de Vilagarcía pon unha única condición para apoiar os...
-
AROUSA NOTICIAS 11 05 26
O BNG condiciona o acordo de orzamentos co goberno de Vilagarcía a un calendario de aplicación dos proxectos, á compra dunha parcela para unha residencia de maiores pública e avances na recuperación do Balneario para uso público. Vilagarcía adxudica o sistema de xestión que permitirá aplicar as...
-
AROUSA NOTICIAS 08 05 26
A circulación ferroviaria volveu á normalidade trala interrupción do servizo esta pasada noite debido a unha incidencia rexistrada en Vilagarcía cando un home encaramouse á catenaria ameazando con tirarse. Portos de Galicia comeza a renovación da balaustrada do Paseo do Preguntoiro, en Vilaxoán,...
-
AROUSA NOTICIAS 07 05 26
Xornada marcada pola folga do metal que está a ser seguinda por unha ampla maioría dos 30.000 traballadores afectados da provincia en demanda dun novo convenio que mellore as condicións salariais. O servizo de emerxencias municipal de Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo vehículo autoescada que...
-
AROUSA NOTICIAS 06 05 26
O proxecto de humanización da rúa Esperanza e a travesía Lucena en Carril, a piques de sair a licitación: A Deputación aprobará este venres a inclusión do investimento nos fondos que lle corresponden a Vilagarcía a través do plan +Provincia. A lonxa de Cambados, escenario da sinatura do convenio...
-
AROUSA NOTICIAS 05 05 26
O paro baixa no mes de en todas as nosas comarcas e practicamente en todos os concellos: no Salnés rexistráronse 80 parados menos e no Barbanza 82. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa concéntrase ante o Parlamento de Galicia en protesta pola ausencia dun plan integral da Xunta que aborde os...
-
AROUSA NOTICIAS 04 05 26
A Fundación Galega Contra o Narcotráfico fixo públicos esta mañá os nomes das persoas que este ano recibirán os premios Nécora de Ouro: Jaime Gayá Moreno, Xefe de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia, Jesús Cartelle Fernández, director da Unidade de Conductas Adictivas de Ribeira e Carmen…
more -
AROUSA NOTICIAS 29 04 26
Investigase sen desbotar ningunha hipótese o falecemento do xoven de 18 anos de idade atopado ferido grave a pasada tarde no río Gafos. Último trámite para que se inicien as obras do novo cuartel da Garda Civil en Cambados: Siepse formalizou o contrato para a execución da obra, adxudicada á...
-
AROUSA NOTICIAS 28 04 26
Investígase o falecemento dunha veciña de Portonovo que apareceu ferida e semiinsconsciente na rúa Areal da vila. Sanxenxo e a Xunta de Galicia impulsan en Vilalonga a terceira promoción de vivenda pública destinada á veciñanza empadroada no municipio menor de 36 anos. Caldas de Reis recibe do...
-
AROUSA NOTICIAS 24 04 26
Prisión provisional comunicada e sen fianza para o camioneiro de Vilagarcía detido pola súa presunta implicación no atropelo mortal do polígono do Vao, en Pontevedra. Pasan a disposición xudicial as persoas detidas esta semana no último operativo contra o narcotráfico desplegado na comarca do...
-
AROUSA NOTICIAS 23 04 25
As forzas de seguridade todavía manteñen aberta a operación antidroga desplegada este mércores no Salnés que desartellou unha rede que distribuía dende Arousa ata 50 kilos de cocaína e 10 de heroína ao mes. Vilagarcía pon en marcha unha edición extraordinaria dos Bonos Son da Casa respondendo á...
-
AROUSA NOTICIAS 22 04 26
Novo operativo antidroga con epicentro no Salnés que de momento se salda con dez persoas detidas e outros tantos rexistros na Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía. Accidente mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos de idade, veciño de Vigo, faleceu tras ser atropelado na estrada PO-531, o vial…
more -
AROUSA NOTICIAS 21 04 26
Concluída a segunda fase da Operación Zaguans, desenvolvida no Barbanza e centrada nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, con sete detencións e importantes cantidades de droga incautada. Fraude no aluguer vacacional: Investígase a un home acusado de estafar un turista ao que lle alugou unha...
-
AROUSA NOTICIAS 20 04 26
Comezan as obras do Centro de Talasoterapia do Terrón, un proxecto plantexado por primeira vez hai case 20 anos e que por fin comezará a ser realidade a finais de 2027 nun edificio de tres plantas, con dúas piscinas de auga do mar, un circuito termal e un espazo multiusos. Vilagarcía dispón dende...
-
AROUSA NOTICIAS 17 04 26
Xornada de folga do persoal das grandes empresas do textil e o calzado de Vilagarcía e Pontevedra convocada por UXT e CIG contra o convenio estatal asinado por ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. Vilagarcía promove unha nova edición do programa de formación especializada para quince persoas...
-
AROUSA NOTICIAS 16 04 26
Todo listo en Vilagarcía para a celebración este domingo do Solifest do Piñeiriño e e Amencer Aspace, que destinará o recadado a financiar programas de actividades para as persoas usuarias do Princesa Letizia. Vilagarcía adxudica á empresa Trébol, por 13.600 euros, os traballos para poñer fin ás...
About this show
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Hosted by
Pury González
Categories