AROUSA NOTICIAS 02 02 26
Minutos de silencio por un novo asasinato machista volve a tinguir de loito a provincia. A Illa de Arousa avalía a reparación dos numerosos danos na vía e servizos públicos causados polo lóstrego caído na tarde do pasado venres. Vilagarcía realizará esta semana a reparación da focha que se abriu o pasado venres na avenida Agustín Romero e Sanxenxo inicia a reparación dos desprendementos no Paseo de Silgar provocados polos temporais da semana pasada. O vento dos últimos temporais empeora a situación do tellado do pavillón municipal de Catoira. O Concello solicita á Deputación que acelere a aprobación do proxecto para a súa renovación través do Plan de Infraestruturas Deportivas. Meaño amplía o vial municipal interior que vértebra a conexión do lugar de Viliquín, o polígono industrial de Nantes e a autovia do Salnés. Falece un home 80 anos tras ser atropelado na N-541 ao seu paso por Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade. Un pai e seu fillo resultan ilesos tras sufrir un accidente de tráfico en Vilanova de Arousa, na contorna do campo de fútbol de Pontearnelas. Alertan por estafa no nome da organización do festival benéfico Solifest, que se celebrará o 19 de abril en Vilagarcía en beneficio da asociación Amencer-Aspace. A festa infantil de Entroido de Vilagarcía ten como obxectivo este ano fomentar a comunicación emocional da cativada. O Entroido de Cambados queimará o regulamento europeo de control da pesca tras un desfile con 20 carrozas e distribuir 10.000 euros en premios. Tamén máis de 10.000 euros repartirá o Concello de Sanxenxo entre as persoas participantes no Desfile Infantil e Adulto que se celebrará o domingo 22 de febreiro ás 16 horas.
Embed this episode
No transcript yet.