Skip to content
AROUSA NOTICIAS 03 02 26 episode artwork

Feb 3, 2026 19 min

AROUSA NOTICIAS 03 02 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A dragaxe do río Lérez, que afectará á ría de Arousa como punto de verquido dos sedimentos, comeza a súa tramitación. A actuación será licitada ao longo deste ano e a dragaxe propiamente dita comezará "como moi tarde" a principios de 2027. O paro subiu en xaneiero en case todas as nosas comarcas, ainda que de xeito desigual por concellos. O Salnés iniciou o 2026 con 151 persoas máis sen traballo para un total de 4.519 e no Barbanza hai 18 desempregados máis cun total de 2.279 persoas sen contrato laboral. As 5.000 persoas que na comarca do Salnés viven do sector da conserva teñen xa un novo convenio colectivo aceptado polos sindicatos CCOO e UXT e de cuxa negociación se desmarcou a CIG. En Vilagarcía, a avenida Agustín Romero recupera a normalidade trala reparación do burato aberto no firme o pasado venres como consecuencia dun curso de auga subterráneo. O plan de compostaxe que xestiona directamente o Concello de Vilagarcía evitou que 151 toneladas de residuos orgánicos de orixe domiciliario fosen parar á bolsa convencional do lixo o ano pasado. A Deputación inicia as obras para a mellora da mobilidade peonil na estrada de Baión nas que investirá preto de 900.000 euros. Sanxenxo sumou máis de 17.127 pernoctacións no municipio o pasado ano, un 10% máis que o mesmo mes do ano anterior. Ribadumia celebrou o pasado ano un total de 28 matrimonios civís, a cifra máis alta rexistrada no municipio na última década. O Festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro, anuncia as súas primeiras confirmacións: Evaristo, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Ilan Amores, Arrhythmia, Sune e Nadie González. Vilagarcía estrea este domingo a novena edición do ciclo musical "Achégate ao Salón!" co concerto do dúo madrileño Merino.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 03 02 26

0:00 19:00

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 19 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on February 3, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.