AROUSA NOTICIAS 03 06 26
O proxecto para a instalación dunha terminal de almacenamento de betume asfáltico no porto de Vilagarcía acaba de recibir a aprobación ambiental da Xunta de Galicia. O Grupo Municipal Socialista de Ribadumia e Somos Ribadumia solicitan a a celebración dun Pleno extraordinario para abordar cuestións sobre a piscina e o departamento de Servizos Sociais A Escola de Navegación Tradicional da Asociación Cultural e Deportiva Dorna dispón xa dun elevador propio que lle permite subir as dornas ás estanterías de almacenamento do Edificio de Usos Náuticos. Catoira realizará un novo investimento de 77.000 euros para mellorar o paseo fluvial, unha actuación que dá continuidade á rehabilitación e posta en valor do itinerario ao longo dos seus 1.600 metros de lonxitude. Máis de 400 deportistas, 60 deles do club Natación de Vilagarcía, participarán esta fin de semana na praia da Concha na terceira xornada da Liga de Salvamento e Socorrismo. A Praza dos Barcos de Sanxenxo acolle este sábado a II Feira do Medioambiente, organizada polo Concello, para abordar os efectos globais fronte ao cambio climático, a mitigación dos seus efectos e a aceleración da acción climática real. Cambados organiza unha segunda excursión á Illa de San Simón para atender ás numerosas solicitudes presentadas. O Multiusos de Catoira acolle desde esta semana a exposición itinerante sobre a maqueta do Santa Isabel, o coñecido como ‘Titanic galego’.
Embed this episode
No transcript yet.