Skip to content
AROUSA NOTICIAS 03 07 26 episode artwork

Jul 3, 2026 19 min

AROUSA NOTICIAS 03 07 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

Toda a comarca do Salnés, ademáis do Ulla-Umia e Pontevedra, están hoxe en alerta bermella por episodio de calor, con máximas que poden chegar ata os 37 graos. No que atinxe a Barbanza mantense en alerta laranxa. A Consellería do Medio Rural da por extinguido o incendio forestal que se orixinou a pasada tarde no límite entre Vilanova e Cambados, calcinando dúas hectáreas de superficie arborada. O incendio rexistrado no Grove no lugar de Punta Moreiras, en San Vicente, está controlado afectando a tres hectáreas de superficie. En Cuntis mantense estabilizado o incendio declarado a pasada tarde no lugar de Gontade, na parroquia de San Mamede, calcinando ata o momento entre tres e catro hectáreas de superficie. Vilagarcía convoca á xunta de voceiros municipais para consensuar unha acción institucional en defensa da aula de infantil do colexio da Lomba que a Xunta pretende eliminar. Cambados prepara o dispositivo de seguridade da Festa do Albariño durante a Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe e mantense como un concello "extremadamente seguro" máis aló de casos delictivos puntuais cunha taxa de esclarecemento do 63%. O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria da recollida de lixo da Mancomunidade do Salnés, anuncia o inicio de mobilizacións en demanda de melloras na negociación do convenio colectivo. Cambados inaugura a IV edición da Feira Productoras en Feminino que se celebra esta fin de semana coa presencia dunha trintena de expositoras de toda Galicia.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 03 07 26

0:00 19:52

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 19 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on July 3, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.