AROUSA NOTICIAS 04 06 26
O persoal da fábrica de Nestlé en Pontecesures pon fin á folga indefinida que viña mantendo dende hai seis días tralo preacordo de madrugada nas negociacións en Barcelona. SOS Sanidade Pública do Salnés denuncia o incremento das listas de espera e reclama á Xunta máis investimentos, persoal e recursos. Valga disporá dunha residencia de maiores que ofrecerá un total de 150 prazas entre públicas e privadas. A Conselleira de Política Social, Fabiola García, e o alcalde José María Bello Maneiro, presentaron o proxecto que se materializará a través dun convenio de colaboración entre o concello, a Xunta e unha empresa privada. Vilagarcía estuda a actuación e o investimento a realizar para solucionar por longo tempo os problemas que arrastra a rúa Faxilde, en Sobrán. O PP de Vilagarcía denuncia o "alarmante deterioro do areal do Campanario" co muro de contención literalmente suspendido no aire. A Xunta aproba o cambio de uso das catro vivendas de mestres do CEIP Torre-Illa para ser incorporadas ao complexo educativo. Sanxenxo licita a segunda e última fase do mercado de abastos de Sanxenxo por 5,4 millóns de euros, financiado con fondos propios e da Xunta. O BNG de Sanxenxo advirte da perigosidade e falta de seguridade viaria en boa parte da estrada PO-504, que une o núcleo de Sanxenxo coa parroquia de Vilalonga. A primeira edición do Simposio Galego en Materiais para Almacenamento e Conversión de Enerxía Galicia4Energy aborda en Vilagarcía novas investigacións novas investigacións no sistema enerxético galego. A VI edición da Copa Ribadumia reunirá este mes de xuño na Senra a 90 equipos das categorías infantil e xuvenil procedentes de dez comunidades autónomas, así como de Portugal, Dubai e México.
Embed this episode
No transcript yet.