AROUSA NOTICIAS 05 02 26
A borrasca Leonardo provoca a suspensión do servizo ferroviario co orixe e destino Vigo de forma indefinida mentres persistan as condicións meteorolóxicas. Centos de persoas das nosas comarcas víronse afectadas por esta medida adoptada por Renfe ante a imposibilidade de garantir a seguridade nas vías nas zonas inundables existentes ao longo do trazado. O PP denuncia "o caos ferroviario" coa provincia de Pontevedra "como unha das máis afectadas pola limitación da velocidade". As farmacias de Arousa poderán ser Puntos Violeta tralo acordo impulsado pola Subdelegación do Goberno e o Colexio de Farmacias. En Sanxenxo, Concello e Deputación asinan o convenio por importe de 920.00 euros para facer máis segura a Rúa do Río e un tramo da estrada provincial Portonovo-A Vichona. Meaño inicia as obras de ampliación e mellora do vial municipal que vertebra a conexión da estrada EP 9302 co núcleo de viviendas do lugar de Carballoso en Xil. A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés pecha 2025 con 11 persoas doantes de órganos que permitiron realizar transplantes de 34 órganos a 28 persoas receptoras. O clásico de Castelao "Os dous de sempre" chega o 7 de febreiro a Vilagarcía en versión teatral dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval.
Embed this episode
No transcript yet.