AROUSA NOTICIAS 06 07 26
O chiringuito da praia da Lapa, en Sanxenxo, queda totalmente calcinado tras un incendio declarado de madrugada. Unha embarcación vaise a pique no porto de Ribeira debido ao seu estado deteriorado e provoca un verquido de aceite e combustible. Comezan os traballos de acondicionamento da balaustrada de Carril, contratados polo Concello de Vilagarcía por importe de 8.300 euros e un prazo de execución de quince días. O BNG reclama no Parlamento que a Xunta revoque a decisión de suprimir unha das aulas de cuarto de Infantil do Colexio A Lomba para o vindeiro curso. Meis asume a organización do Festival de Jazz que ata agora viña desempeñando a asociación Terras Altas do Salnés e reduce o evento a unha única xornada cun concerto o 18 de xullo. Sanxenxo destina oito axentes da Policía Local ao control do ocio nocturno nos locais da zona portuaria.
Embed this episode
No transcript yet.