AROUSA NOTICIAS 07 07 26
Evoluciona favorablemente o pequeno de cinco anos ferido tras quedar atrapado semiinconsciente nunha valla da escola infantil de Carril, situada no patio de xogo. O suceso súmase a outros dous casos con paradas cardiorespiratorias con fatal desenlace e esperta novas críticas sobre o traslado da UVI móvil a Sanxenxo durante o verán. Un axente da Policía Nacional fóra de servizo salva a vida dunha muller que se atragantara cun anaco de polbo nun establecemento hostaleiro. A contorna da Azucareira de Portas xa está preparada para a celebración do 9 ao 11 de xullo do Festival PortAmérica no que se agarda a asistencia dunhas 20.000 persoas cada xornada. Vilagarcía proxecta a contratación de dous técnicos superiores, a xornada completa e durante nove meses mediante unha subvención para a empregabilidade da mocidade. Cambados acollerá esta fin de semana a segunda edición de NaturCambados, unha feira que fomenta o consumo responsable con productos de proximidade ademáis dun estilo de vida máis sá e sostible. En Vilanova comeza a funcionar dende hoxe o novo Punto Limpo municipal situado no Polígono de Tremoedo para uso exclusivo da veciñanza. Instalada na praia Compostela a campaña de sensibilización ambiental "Goza da praia sen deixar pegada", impulsada pola Obra Social de ABANCA coa colaboración municipal.
Embed this episode
No transcript yet.