AROUSA NOTICIAS 08 05 26
A circulación ferroviaria volveu á normalidade trala interrupción do servizo esta pasada noite debido a unha incidencia rexistrada en Vilagarcía cando un home encaramouse á catenaria ameazando con tirarse. Portos de Galicia comeza a renovación da balaustrada do Paseo do Preguntoiro, en Vilaxoán, cun investimento de 50.000 euros que contempla o arranxo da beirarrúa e a sustitución do mobiliario urbano. Na Illa de Arousa, Inícianse os traballos de humanización das rúas Marqués de Bradomín, Naval e Alcalde Manuel de Graña, cunha inversión total de 499.000 euros financiados integramente con fondos provinciais. Un estudio pioneiro da Universidade de Vigo que analizará o perfil físico e sociocognitivo das persoas maiores de Sanxenxo para mellorar a súa calidade de vida. O Bloque Nacionalista Galego ratifica por unanimidade a candidatura de Miguel Anxo Fernández Lores para revalidar a Alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais de 2027. Chega a Vilagarcía o "Ronqueo de atún bermello" unha novidosa actividade impulsada pola Tapería Baldosa e a empresa Novomar Arousa, en colaboración co Concello, que terá lugar este domingo na Praza de Abastos. O Atlantic Fest incorpora a Los Planetas e Joe Crepúsculo ao cartel do seu décimo aniversario que se celebrará do 17 ao 19 de xullo na Praia da Concha. O Curtas Festival do Imaxinario estará presente no Festival de Cannes, que se celebra do 12 ao 23 de maio.
Embed this episode
No transcript yet.