Skip to content
AROUSA NOTICIAS 09 07 26 episode artwork

Jul 9, 2026 18 min

AROUSA NOTICIAS 09 07 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A Xunta de Galicia activa a prealerta por escaseza moderada de auga na captación do río Lérez, que afecta directamente ao abastecemento de Sanxenxo e que se estende tamén a Meis e Meaño. A unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía xa patrulla polos camiños e montes da provincia de Pontevedra co fin de previr os incendios forestais e ofrecer protección ás mulleres que transitan polo Camiño de Santiago. As 30 persoas traballadoras do MacDonalds de Vilagarcía denuncian unha situación de sobrecarga de traballo despóis de que a empresa ampliara, sen previo aviso, os cuadrantes de horarios na quenda de noite ata as 4.30 da madrugada. Vilagarcía concede a licencia para que a Asociación Bata realice as obras de adecuación da antiga unitaria de Guillán como centro de día. A perigosa curva de Fontecarmoa ten os días contados. A Deputación Pontevedra aprobará este venres a achega de preto de 400.000 euros coa que o Concello poderá licitar a súa ampliación. O BNG de Vilagarcía critica a decisión do goberno municipal de habilitar un itinerario peonil sobre a calzada na Avenida da Mariña por considerar a medida incomprensible nunha avenida de beirarrúas amplas. Ribadumia amplía a súa aposta pola xestión dos biorresíduos e iniciará, en breve, un proxecto de recollida porta a porta no lugar de Couto de Arriba, que beneficiará a unhas cen vivendas. Cambados organiza para este mes de xullo dous programas de actividades para a celebración do 25 de Xullo e para poñer en valor as ruinas de Santa Mariña. Sanxenxo habilitará un plan de tráfico para facilitar o acceso ao concerto de Juan Luis Guerra e buses lanzadeira gratuitos dende o polígono de Nantes. Unha persoa resultó ferida de gravidade tras ser atropelada en Sanxenxo, na avenida de León, unha das vías de acceso á localidade dende Pontevedra.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 09 07 26

0:00 18:42

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 18 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on July 9, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.