Skip to content
AROUSA NOTICIAS 10 06 26 episode artwork

Jun 10, 2026 17 min

AROUSA NOTICIAS 10 06 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

A aparición de diversas pertenzas masculinas sobre unhas rochas da praia da Lavaxeira no Grove a pasada tarde mantén aberto un dispositivo de busca para dar co paradoiro do seu dono. As Plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non fan un novo chamamento á manifestación convocada para este domingo 14 de xuño na Illa de Arousa ante a situación agónica na que, aseguran, se encontra a ría de Arousa. Vilagarcía amplía a súa colaboración coa Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar do Salnés e cédelle en uso outras tres salas do Centro Social do Ramal. Ravella aproba axudas por valor de 81.000 euros destinadas ás comunidades de montes do municipio para a prevención contra os incendios e protección dos montes. A Garda Civil investiga a segunda pintada aparecida na fachada central da igrexa de San Bieito de Fefiñáns, en Cambados. PP de Cambados considera que a intención do goberno local de contratar de xeito urxente a tres funcionarios fóra da negociación da Relación de Postos de Traballo (RPT) supón a confirmación de que existe un mal funcionamento dos departamentos de Urbanismo, Servizos Sociais e Contratacións. As catro praias máis concorridas do Concello de Sanxenxo - Areas, Silgar, Canelas e Montalvo- disporán de socorristas desde este venres 12 de xuño ata o 15 de setembro ininterrumpidamente. AMancomunidade de O Salnés presentará o vindeiro luns 15 de xuño o seu novo proxecto de Destino Turístico Intelixente (DTI). Catoira celebrará este sábado unha ‘Mini-romaría Vikinga’ organizada expresamente para a gravación do programa de televisión ‘Volando Voy’ que será emitido nas semanas previas á Festa Vikinga deste ano. O CPI Mosteiro, do Concello de Meis, ten xa todo listo para a celebración da octava edición do Festival Solifesti que terá lugar este venres 12 de xuño na contorna da Praza de España. O Hospital do Salnés acolle unha innovadora actividade interactiva dirixida a pacientes e aos seus acompañantes o libro titulado “Carapuchiña Vermella, unha aventura do corazón” para a prevención das enfermidades cardiovasculares.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 10 06 26

0:00 17:45

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 17 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on June 10, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.