AROUSA NOTICIAS 11 02 26
Nova xornada de temporal, desta volta provocado pola borrasca Nils con alerta laranxa por ventos que poden superar os 80 kms hora e chuvias de máis de 40 litros metro cadrado en doce horas. A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean o afundimento do bateeiro Nueva Santa Irene fronte ao porto de Meloxo, no Grove. A Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixiancia Aduaneira manteñen un amplo desplegue operativo na Ría de Arousa en busca dun novo narcosubmarino. A finalización das obras de humanización da fachada marítima do Ramal, en Vilagarcía, retrásanse ata o 30 de abril. O Concello aprobou a solicitude de Marconsa para ampliar o prazo de execución da obra. Vilagarcía desenvolverá en 2026 un novo plan de calmado do tráfico consistente na instalación de medidas redutoras da velocidade nun total de dez rúas urbanas e rurais do municipio. Sanxenxo adxudicará a Construcciones Castro Figueiro a rehabilitación do edificio Multiusos de Portonovo. A situación do Grupo de Emerxencias Supramuniciais de Sanxenxo chega ao Parlamento galego a través de varias iniciativas presentadas polo BNG Cambados traslada a celebración da programación de Entroido en exteriores para as últimas fins de semana de febreiro debido ao mal tempo.
Embed this episode
No transcript yet.