Skip to content
AROUSA NOTICIAS 11 06 26 episode artwork

Jun 11, 2026 20 min

AROUSA NOTICIAS 11 06 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

Continúa o operativo de busca do veciño do Grove cuxas pertenzas foron atopadas hai dous días nunha rocha da praia de Lavandeira. De momento ninguén denunciou a súa desaparición nin se puido contactar con familiares ou amizades. Xa hai indicios da autoría das pintadas realizadas esta semana na Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, en Cambados. A Garda Civil investiga o incendio rexistrado a pasada tarde na Rúa dos Olmos que calcinou tres contedores e un vehículo estacionado na calzada. En Sanxenxo, a Garda Civil e a Policía Local volverán a intensificar a súa colaboración este verán para que a localidade siga sendo un concello seguro durante os meses estivais nos que se cuadruplica a súa poboación. Vilagarcía saca a licitación a creación do novo depósito de vehículos da Policía Local que se ubicará na finca municipal do Pousadoiro que permitirá liberar o parking soterrado da Concha para estacionamentos bonificados. Vilagarcía recibe en Madrid a "Escoba de Oro 2026", galardón internacional en recoñecemento aos avances en materia de limpeza urbana, xestión de residuos e innovación. O PP de Vilagarcía denuncia o abandono do rural e exixe un plan de desbroce ante a falta de limpieza nas parroquias. Bodegas Martín Códax celebrará unha nova edición do ciclo musical Os Xoves de Códax os días 16, 23 e 30 de xullo e 6 e 13 de agosto con Natalia Lacunza, Antía Muiño, Xabier Díaz, Pasión Vega ou Ana Moura. Vilanova volverá a ser punto de partida da Ruta Quetzal, que nesta edición seguirá as pegadas da raiña Urraca a Temeraria e o antigo Reino de Galicia. Cambados organiza para este sábado 13 de xuño unha Ruta de Sendeirismo polas Fragas do Eume con motivo do Día do Medio Ambiente. O Colexio San Tomé de Cambados acollerá o 19 de xuño "un baño de gong" organizado pola Asociación Se Chove Que Chova.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 11 06 26

0:00 20:38

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 20 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on June 11, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.