AROUSA NOTICIAS 13 07 26
O último golpe contra o narcotráfico, no que faleceu un veciño de Cambados durante o rexistro do seu domicilio en Corvillón, vincula ao clan dos Charlíns co denominado "Clan dos Balcáns". O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria da recollida de lixo para a Mancomunidade do Salnés, inicia en Meis as mobilizacións en defensa de melloras nas súas condicións salariais e que de non haber acordo rematarían en folga. Besteiro anuncia na Illa de Arousa que o PSdeG levará ao Parlamento as dúas actuacións que o goberno municipal ven demandando dende hai tempo: acondicionamento do Paseo do Cantiño e a reforma do colexio Torre Illa. Os deputados populares no Congreso acusan ao Goberno de España de camuflarse tras os "segredos oficiais" para ocultar "a falta de gardas civís no Salnés". As persoas continuarán circulando pola cara interna da beirarrúa da Avenida da Mariña que se ampliará para desplazar as terrazas á parte externa da mesma. O futuro centro de talasoterapia de Vilanova vai collendo forma. Tras quedar lista a estructura do vaso da piscina principal, as obras comezan a segunda fase. Ribadumia impulsa o programa "Aprendéndonos", dirixido a mulleres en situación de vulnerabilidade para acompañalas na recuperación dos seus proxectos vitais.
Embed this episode
No transcript yet.