AROUSA NOTICIAS 14 04 26
Investígase o falecemento dun home de entre 30 e 40 anos que apareceu esta mañá sen vida no porto de Ribeira encadeado a unha escaleira. Vilagarcía acolle entre hoxe e mañá a segunda edición do Congreso Nacional de Relevo Xeneracional impulsado dende a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos e o sindicato UXT. A comunidade educativa de Meaño concentrarase mañá mércores ás 14 horas na Praza do Concello ante a “alarma xurdida entre familias e pediatras polo impacto das pantallas dixitais”. A veciñanza de Catoira poderá beneficiarse de que Seaga realice a limpeza das fincas situadas dentro das franxas de seguridade ubicadas na parroquia de Oeste. Unha boa nova para Valga.. O Ministerio de Transportes llevará o tren do eixe atlántico ata o municipio cun apeadeiro que dará resposta a unha demanda histórica. Recta final das obras de dinamización da Carballeira de Caldas que contempla a restauración integral do BIC tras un investimento de 1,4 millóns de euros do Ministerio de Industria. O rei emérito regresa a Sanxenxo, un día antes do previsto, coa intención de participar nas regatas que se disputan esta fin de semana na ría de Pontevedra. Cambados volverá a ser punto de referencia do voleibol galego feminino. O pavillón municipal acollerá este domingo a fase final do Campionato Galego de Primeira División Sénior Feminina, con presencia do club voleibol Xav Cambados por cuarto ano consecutivo.
Embed this episode
No transcript yet.