Skip to content
AROUSA NOTICIAS 15 07 26 episode artwork

Jul 15, 2026 17 min

AROUSA NOTICIAS 15 07 26

from Podcast AROUSA SI RADIO

O Conselleiro de Sanidade afirma que a decisión de trasladar a unidade medicalizada a Sanxenxo durante o verán está adoptada en base a criterios científicos e técnicos e asegura que a asistencia está totalmente garantida co resto dos recursos existentes. Alberto Varela non da a batalla por perdida e anima á cidadanía a seguir reivindicando unha ambulancia medicalizada permanente para o Hospital do Salnés con mobilizacións como a convocada para mañá. A hostelería de Vilagarcía ten ata o día 30 deste mes para presentar a súa solicitude de instalación de barras exteriores durante as festas de San Roque. Poderán funcionar entre as 22:00 horas do sábado 15 ás 18:00 do domingo 16 de agosto Cambados acondicionará o local da antiga Cámara Agraria para destinalo á actividades da mocidade. A actuación financiarase a través dos fondos que lle corresponden a Cambados dentro do Plan +Provincia por importe de 60.000 euros. Sanxenxo acometerá a recuperación ambiental do regato de Carabuxeira e mellorará o acceso ao areal cun investimento de 48.000 euros financiado en parte polo Fondo de Compensación Ambiental. Ribadumia completa a reparación e mantemento de beirarrúas en varios puntos das parroquias de Ribadumia e Barrantes, entre eles a Rúa Espadeiro, a Rúa do Freixo e a Rúa Cruceiro Vello.

Episode details come from the podcast's RSS feed.

Embed this episode

Ready to play

AROUSA NOTICIAS 15 07 26

0:00 17:53

No transcript yet.

Requests help us decide what to transcribe next.

Frequently asked questions

How long is this episode of Podcast AROUSA SI RADIO?

This episode is 17 minutes long.

When was this Podcast AROUSA SI RADIO episode published?

This episode was published on July 15, 2026.

Can I download this Podcast AROUSA SI RADIO episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.