AROUSA NOTICIAS 16 01 26
O sector turístico do Grove non acolle de bo grado a proposta do goberno local sobre a aplicación dunha taxa turística ás persoas visitantes que pernocten nos establecementos da localidade. A intención do Concello é cobrar entre un euro e 2,5 por persoa e día, dependiendo da hospedaxe elexida. O alcalde José Antonio Cacabelos xustificaba a necesidade de alternativas como a taxa turística para financiar as infraestructuras turísticas municipais. Vilagarcía inclúe a humanización da rúa Esperanza en Carril no Plan +Provincia co obxectivo de rematala este ano. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía urxe ao goberno local que solucione canto antes a situación de deterioro do parking de Fexdega. Meaño inaugura oficialmente a renovada rúa Herminia Fariña, un dos viais máis transitados do municipio que conecta o centro de saúde, o colexio As Covas, o centro polivalente de maiores e o pavillón municipal. Confrarías de Arousa ultiman a súa viaxe en tren a Madrid o vindeiro luns como presión para que se flexibilice o novo regulamento europeo de control da actividade pesqueira. O Club Tríatlon de Vilagarcía, en colaboración co Concello, organizan o primeiro trail e andaina solidarios en beneficio do Equipo Nómada de acción humanitaria en Africa.
Embed this episode
No transcript yet.