AROUSA NOTICIAS 19 01 26
A actualidade ven empañada hoxe pola traxedia ferroviaira de Adamuz, na que xa se contabilizan 39 persoas falecidas e máis de 150 feridas. Concellos e institucións das nosas comarcas sumáronse este mediodía ao minuto de silencio en solidaridade coas victimas convocado pola Federacións Española e Galega de Municipios e Provincias. A flota arousá realiza hoxe un paro de forma conxunta en protesta polo novo regulamento europeo de control da pesca. Unha boa parte do sector trasladouse a Madrid para participar de preto na protesta e outra parte mobilizarase ante a sede da Federación Provincial de Confrarías en Arcade. Paralelamente, o sector arousá está a recibir numerosas mostras de apoio por parte de diferentes partidos políticos en Vilagarcía, Cambados ou O Grove. O Plan Integrado de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma dende hoxe a unha nova promoción de profesionais para supermercados. Acordo en Meis para salvar a celebración da Semana Santa de Paradela. Un grupo de persoas da un paso ao fronte e os ensaior comezarán o vindeiro sábado. Meaño será escenario o sábado 7 de febrero da "I Carreira e Andaina Solidaria Polilla Ana Vicente”, unha cita organizada pola Asociación de Antigos Alumnos dos Colexios da Garda Civil en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Carlos Blanco regresa ao Auditorio de Vilagarcía o 28 de marzo ás 20:30 horas para estrear na súa cidade o seu novo espectáculo titulado "A penúltima". En Sanxenxo, o programa "Coidándote para coidar" aborda a adaptación ao fogar da persoa dependente.
Embed this episode
No transcript yet.