AROUSA NOTICIAS 21 07 26
O persoal da empresa Valoriza, adxudicataria do servicio comarcal da recollida de resíduos en Cambados, Meis e Vilanova, traslada hoxe as súas mobilizacións a Cambados e a sede da Mancomunidade do Salnés. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Ribadumia, David Castro, califica de “totalmente fora de lugar” a protesta realizada no Salón de Plenos do seu concello pero anuncia reunións con alcaldes e empresa para colaborar nunha solución viable. Vilagarcía fai un novo chamamento á cidadanía e a hostalería para que colaboren na salubridade dos case 1.100 contedores que conforman o sistema de recollida de lixo no municipio. Vilagarcía seleccionará este venres o persoal da brigada contraincendios que operará no municipio ata finais de outubro. O Salnés impulsa a primeira auditoría de seguridade urbana con perspectiva de xénero: unha enquisa para poder deseñar un urbanismo seguro, especialmente para as mulleres, nos cinco concellos do CIM comarcal: Meis, Cambados, Vilanova, Ribadumia e Meaño. A vendima deste ano comezará antes da última semana de agosto e , previsiblemente, estenderase ata a primeira semana de setembro, segundo as estimacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Portos de Galicia retirará esta tarde o camión abandonado na explanada do porto de Ribeira que resultou calcinado nun incendio o pasado 21 de maio. O Grove convoca a III Edición do Premio de Investigación e Cultura Marítima Luís Rei, dotado con 1.500 euros.
Embed this episode
No transcript yet.